QUEDEI ABRAIADA

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor galiciaprasempre » sexta, 04 jul 2008, 16:25

Ala!! A ver se quedades tan abraiados coma min despois de ler esta nova. Eu quedei coa boca aberta, os ollos coma pratos, e despois inda por riba se me conxelou a voz, agora mesmo non poido falar. Mirade:

""""Pereiro e Verino préstanse a unha campaña contra a normalización
Os asinantes do manifesto queren reformas legais para que o castelán sexa o único idioma esixíbel a calquera cidadán do Estado.

Redacción - 14:10 01/07/2008
Tags: castelán galego manifesto Normalización
O ciclista Óscar Pereiro e o deseñador Roberto Verino, entre outros, veñen de prestar a súa imaxe para a campaña ?Manifiesto por la Lengua Común?, que impulsa o xornal madrileño 'El Mundo' e que xurdiu logo da iniciativa dunha serie de personaxes próximos a UPyD. O medio que dirixe Pedro J. Ramírez está a levar a cabo unha iniciativa a prol do castelán, por que, segundo opinan no manifesto, se está a vulnerar os dereitos dos falantes de castelán en comunidades como Euskadi, Cataluña e Galiza. Á ofensiva mediática sumáronse nos últimos días outras empresas de comunicación, como é o caso de Tele 5.

O manifesto, para o que se piden adhesións en internet, asegura que, aínda que todas as linguas son oficiais ?só unha delas é universalmente oficial no Estado democrático?. No documento, que esixe que os país poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que ?son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas?.

Os asinantes piden que os parlamentarios españois creen unha nova normativa legal (reformando a Constitución, se é preciso) para que quede claro que a lingua castelá é ?a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois?. Tamén demandan que o galego, o catalán e o euskera non poidan ser idiomas vehiculares no ensino.

Por se fose pouco, os promotores da inicitiva pretenden que os representantes políticos, tamén os que teñen lingua propia, empreguen habitualmente o castelán nos actos institucionais que se desenvolvan fóra dos seus territorios: ?o mesmo dentro de España ca no estranxeiro?.


A Mesa di que só un 35% dos mozos fala habitualmente na lingua do país·""""""


e nós que podemos facer??

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor bershky » sexta, 04 jul 2008, 16:44

Galiciaprasempre Escribeu:Ala!! A ver se quedades tan abraiados coma min despois de ler esta nova. Eu quedei coa boca aberta, os ollos coma pratos, e despois inda por riba se me conxelou a voz, agora mesmo non poido falar. Mirade:

""""Pereiro e Verino préstanse a unha campaña contra a normalización
Os asinantes do manifesto queren reformas legais para que o castelán sexa o único idioma esixíbel a calquera cidadán do Estado.


Bótalle un traguiño de viño, ou de mate, que che é moi bo prestes atrancos.

Fora retranca! e logho, quen son estes homes?

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor cachafeiro » sexta, 04 jul 2008, 17:08

Cuando yo fui la escuela no sabía aun hablar en castellano; porque yo tengo que deciros que soy hijo de una familia humildísima. Fui a la escuela muchas veces descalzo, con un pedazo de pan de maíz en el bolsillo. Por eso tiene para mí el gallego esa nostalgia deliciosa que me recuerda el tiempo feliz de la infancia, ese tiempo que es el más feliz de todos los hombres; pero que yo creo que en mí lo es aún más, porque soy aldeano y por serlo y por haber probado la miel de otros idiomas, es por lo que quiero dignificar el habla de mi pueblo, la lengua del único rey español que se llamó Sabio, el viejo idioma que supieron guardar como oro nuestro trabajadores del mar y de la tierra, de estos trabajadores gallegos que son de mi sangre y son de mi carne.

Señores Diputados, si aprobáis nuestra enmienda, u otra cualquiera que signifique respeto por nuestra Lengua, Galicia entera os lo agradecerá. (Moitos aplausos)."

18-02-1931, Discurso parlamentario en las Cortes de la II República Española
CASTELAO

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor casdeiro » sexta, 04 jul 2008, 17:48

Galiciaprasempre Escribeu:No documento, que esixe que os país poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que ?son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas?.

Carallo, que ben! Coido que vou asinar o documento agora mesmo (onde hai un bolígrafo cando un o precisa?): se son os cidadáns os que teñen dereitos con independencia do territorio onde vivan, vou ir a Madrid e esixir que respecten o meu dereito lingüístico a ser atendido na miña lingua, en galego, no concello de Madrid, na comunidade autónoma de Madrid e no Congreso dos Deputados! }:-)

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor anavilat » sexta, 04 jul 2008, 19:26

Eu tamén firmo!!!!!!! Onde deixastes o bolígrafo!!! ;)

No documento, que esixe que os país poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que ?son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas?.

Entón eu digo;

Son cidadán de Galiza, esixo o meu dereito a falar na miña lingua!!! (por se a alguén non lle quedou claro.... esixo o meu dereito a falar na lingua Galega)

Firma;

Pero onde metestes o boli!?!?!?!??! X-D

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor galiciaprasempre » sexta, 04 jul 2008, 20:50

Bueno, menos mal que hai xente que inda segue tendo humor porque eu non teño ningún, eu esta nova collina fatal!!!! }:-@ XD....Direivos, entre os membros asinantes están 18 persoas "super" "famosas" como por exemplo: Plácido Domingo, Ana María Matute(escritora), Luz Casal (cantante galega), Cayetano Rivera (toureiro), Margarita Salas, Santiago Grisolía, César Nombela, Oscar Pereiro (ciclista galego), Pedro Delgado, Enrique Cerezo, Angel Nieto....o malo de todo e que conseguiron 75mil sinaturas a traves do correo "El Mundo"...o que mñasi gracia me fai é que tentan compoarar o galego co catalán...en Galicia non existe imposición ningunha do galego, ó contrario, a imposición é do castelán...con isto en Galicia o único que van conseguir é que se impoña máis o castelán do que xa está imposto até agora...ESTOU FARRRRRRRRRRRRTAAAAAAAAAAAAAA }:-@

cOMO o día de mañá por culpa destas normas non poida educar ó meu fillo en galego, entón denuncio a todo kiski... }:-@

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor anavilat » sábado, 05 jul 2008, 16:15

A ver carroucha.. non te enfades!! son catro que non poderan con todos nós!!!
De algunha maneira nós faremos ver.
O que máis me anoxa de todo este asusto e que dous "galegos"(e cantos máis habera?) e poño entre comiñas, por que para min non son merecentes de tal honra, firmen esta burla, en contra de todos os que nos sentimos e somos galegos... digo eu, a xente ten a cabeza enriba dos hombreiros para pensar en que?
Biquiños mil.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

QUEDEI ABRAIADA

Mensagempor casdeiro » sábado, 05 jul 2008, 19:22

Para a vosa tranquilidade direivos que hoxe no congreso que celebra o PSOE declararon que non existe risco algún para o castelán, que o que hai que facer é apoiar ás outras linguas e que ningún neno sae da escola nin en Catalunya nin en Euskadi nin en Galiza sen saber falar perfectamente o castelán, e si, no entanto, sucede que os hai que non dominan as outras linguas.

Que tome nota a Brunete Mediática, como os denominaba o simpático Arzallus ;-) Xa abonda de "que España se rompe!!!!" É que a dereita nacionalista española non sabe inventar outro retrouso, ho? O triste é que haxa sente tan parviña como a Casal e o Pereiro que se deixen manipular así por estes golpistas de salón. Manda carallo en Madrid!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes