Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor cachafeiro » quinta, 26 jun 2008, 17:16

Galiciaprasempre: yo me manejo con el diccionario de Larousse y en èl el termino gallego se define asì:

gallego, -ga
adjetivo
1 Relativo a Galicia, comunidad autónoma española, o a sus habitantes.
2 adjetivo/nombre masculino y femenino
[persona] Que es de Galicia.
3 nombre masculino/adjetivo
Lengua románica que se habla en Galicia.
4 adjetivo
Que tiene relación con esta lengua.
5 nombre masculino y femenino
coloquial Amér Persona que es originaria de España o que tiene ascendencia española: era un gallego exiliado de la guerra civil, creo que su familia era de Asturias.
→ endecasílabo de gaita gallega; teta gallega.

espero que te despeje alguna duda


Alejandra Cachafeiro Camiña

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 18:50

O do séptimo lugar ten a súa lóxica. Se vas a páxina da rae (www.rae.es) e introduces no recadro do diccionario "gallego", móstrache 11 significados.

Tras o número de cada significado, verás que aparece "adj" ata o nº6, e de ahí en adiante aparece "m". "adj" significa adxectivo e o "m" sustantivo masculino (outras abreviaturas serían "f" sustantivo feminino, "tr" verbo transitivo,...).
Se introduces outras palabras, os significados veñen ordeados alfabéticamente tanto polas abreviaturas como polos significados. Así o significado peiorativo aparece antes pola abreviatura "adj", que o significado de sustantivo masculino (lengua de los gallegos) co seu correspondente "m".

No caso de catalán o sustantivo masculino aparece en terceiro lugar porque tan só ten tres significados. Espero que che axude esta información.

P.D.: A verdade e que nunca me plantexar o por qué da orde dos significados, gracias a tua pregunta, agora sabémolo os dous :D

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » domingo, 29 jun 2008, 20:43

A min sinceramente, considero que a definición de língua debe ir antes que calqueira adxectivo, xa que en tódalas definicións de línguas sempre se deu así, se vas a calqueira palbra, a definición da língua sempre aparece no 2, ou terceiro lugar, éche moi raro que che apareza nun sétimo lugar...ademais o que me fai máis gracia é que poñan o significado de "lengua de los gallegos" xusto despois de "tonto" e "tartamudo"...parece que a "lengua de los gallegos" definida dese xeito semella ser a língua dos "parvos" e dos"tatexos"...de feito, teño unha amiga mexicana que veu a Galicia nunha especie de Erasmus a estudar empresas, e cando chegou aquí, me dixo que con eses significados ela pensaba que ser "gallego" significaba estar enfermo...a min faime gracia, pero creo que si a xente chega a pensar despois de ler eses significados que "ser gallego" é estar "enfermo", entón neste caso, o dicionario non está cumprindo a súa intención de solventar dúbidas e está a crear malas crenzas por parte de moita xente....moito ten que cambiar estes significados, ou polo menos que os expliquen mellor...por iutra banda, tamén me fai gracia que definan simplemente a língua coma "lengua de los gallegos", porque se a comparades co catalán vasco ou euskera...quedáronse moi cortos...tamén tendes unha explicación para isto?? Gustaríame sabela.

Graciñas!

cail-leach
Mensagens: 15
Registado: sexta, 16 fev 2007, 14:27

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor cail-leach » domingo, 29 jun 2008, 21:28

Flypp Escribeu:Aínda no caso de ser certo, para que se incluira o termo no diccionario da RAE un dos requisitos é que o termo susceptible de ser incluido teña unha gran aceptación. "Bastante lugares" (de sudamérica) non parece ser unha extensión importante.

En canto o termo peiorativo do galego... non sei por qué hai tanta discusión. O diccionario da RAE é un reflecto da lingua. Se se emprega "gallego" cun significado peiorativo en sudamérica, pois paréceme ben que se inclúa no diccinario, pois o fin do diccionario é esclarecer todo o espectro de significados que pode abarcar unha palabra.
A RAE recibiu moitas solicitudes de corrección por parte dos colectivos que se consideran afectados, pero o certo é que non hai nada do que queixarse. ¿Pedir que quiten o significado peiorativo de "gallego"? ¿Por qué? ¿Acaso en toda sudamérica non se emprega con ese fin (peiorativo)?, pois xa está. Non pasa nada, non nos están chamando tontos, senón que para chamarlle a alguén tonto chámanlle gallego, non vexo cal é o problema.
Os xitanos tamén se senten ofendidos (que estafa u obra con engaño), ¿acaso non se emprega esa expresión? "Pedro, estás feito un xitano" (sen significar que Pedro teña orixe xitana ou os xitanos sean todos estafadores).
Sinagoga, significado peiorativo->reunión con fins ilícitos. Tamén están poñendo o grito no ceo. Mesmo asociacións para a defensa dos animáis queren que se suprima o significado peiorativo de burro, pois consideran que degradan ó animal (degrádase á persoa a que se lle chama burro, quizáis por decir burradas como os exemplos que estou mostrando).
Se vou paseando pola Arxentina e tropézome cun viandante sen querer e me grita "¡¡Gallego!!", pois claro que me ofendo, non porque "gallego" esté recollido no diccionario da RAE coma tonto, senón porque o individuo chamoume tonto (íame ofender no mesmo grao tanto se me chamase tonto, tarugo, gili...).
Se é certo que "español" se emprega con esa connotación, pois cando alcance un uso extenso, pois ben, parécemo moi ben que a inclúan, máis que nada para que todos nos enteremos e teñamos un coñecemento da nosa lingua. Se comezamos a ser tiquismiquis con todo... ¡ímonos quedar sen insultos!, e ben necesarios que son.


Non sei quen carallo será, mais ten unhas lerías que da xenio lelas? Non sei se vostede non terá complexo de panxoliña. Boeno? tanto ten, hó! Vostede continua coa súa, hó! un galego máis ou menos que non se entera da inmensa barbaridade quisto implica, nonos vai prexudicar. Por sorte, aínda quedan galegos con moito sentidiño, pra reparareno dano.

E desculpe Sr. Flyyp, se de cando en vez perden feitura as miñas respostas, mais léndolle certos comentarios, requéntasema a moleira e váise o siso?


Cail-leach

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » segunda, 30 jun 2008, 08:32

Cail-leach Escribeu:Non sei quen carallo será, mais ten unhas lerías que da xenio lelas?

Un respeto, señora. Parece mentira que coa idade que ten... O meu nome é Xosé Tajes, no meu perfil ven a miña dirección postal e o meu correo electrónico. Documéntese antes de actuar.

Cail-leach Escribeu:Non sei se vostede non terá complexo de panxoliña.

Non sei se vostede saberá o significado de "panxoliña". Dudoo bastante, e recoméndolle (outra vez) que se documente e busque o significado nun diccionario.

Cail-leach Escribeu:Boeno? tanto ten, hó! Vostede continua coa súa, hó! un galego máis ou menos que non se entera da inmensa barbaridade quisto implica, nonos vai prexudicar. Por sorte, aínda quedan galegos con moito sentidiño, pra reparareno dano.

Xa me quedo máis tranquilo. Preocupábame o feito de que, coas miñas accións baseadas na miña ignorancia e pouco mundo (¿saiu algunha vez de Galicia, señora?) estivera a rompe-la integridade do país (non me atrevo a decir meu/noso país, non vaia ser que alguén se ofenda e considere que non me pertence sentirme galego). Menos mal que quedan aínda salva-patrias coma vostede que traballan día a día para asegurar as libertades do pobo descalificando e desacreditando os que non pensan coma vostede.

Cail-leach Escribeu:E desculpe Sr. Flyyp, se de cando en vez perden feitura as miñas respostas, mais léndolle certos comentarios, requéntasema a moleira e váise o siso?

Eu non teño nada que disculparlle, e moito menos pola súa "feitura", da que non me considero en absoluto responsable. Un consello: se non quere "requentarse", pois non lea os meus post (o que se enfada ten dous traballos: enfadarse e desenfadarse).

Por certo: cando se discute, un di "mu" e outro di "ma", e a partir de ahí o normal é:
- Ou que se chegue a un acordo en que é "mu"
- que se chegue a un acordo de que é "ma"
- que non se chegue a un consenso e non se resolva se é "mu" ou "ma".

Sen embargo, falando con vostede, se eu digo "mu" vostede di que eu dixen "ma", polo que un diálogo de ollomoles é un método socrático ó seu lado.

P.D.: ¡MU!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » segunda, 30 jun 2008, 16:52

Non vos pelexedes home!!! Que só estamos discutindo sobre o tema de se a Rae menospreza o "gallego".

Bicos a todos!!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » segunda, 30 jun 2008, 16:53

ou sobre como debería ser definido "gallego"

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » segunda, 30 jun 2008, 18:35

Si, voltando ó tema, creo que quedou claro o do 7º lugar da definición de lingua (a orde alfabética das abreviaturas), pero sí que se podería "meter man" por outro lado.

Creo que é de dominio público a aceptación de "catalán" como sinónimo de "agarrado", e sen embargo esa aceptación non figura no diccionario da RAE.
Se se demostrara que esa connotación (de tacaño) é empregada en xeral na lingua española, poderíase tratar coma un agravio comparativo (uns sí, e outros non).

En canto ó galego, mentres "tonto" sexa adxectivo e "lingua dos galegos" sustantivo masculino, pouco se pode facer para que "escale postos". O que tamén se podía facer e "depurar" iso da "lingua dos galegos", que soa como "cutre", ¿non?

cail-leach
Mensagens: 15
Registado: sexta, 16 fev 2007, 14:27

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor cail-leach » segunda, 30 jun 2008, 21:16

Cail-leach Escribeu:Non sei quen carallo será, mais ten unhas lerías que da xenio lelas?

Flypp Escribeu:Un respeto, señora. Parece mentira que coa idade que ten... O meu nome é Xosé Tajes, no meu perfil ven a miña dirección postal e o meu correo electrónico. Documéntese antes de actuar.


Un pracer, Xosé Tajes! A verdade que quedei como estaba, do que si gostaria, e verlle a faciana, a un home de mundo coma vostede.


Cail-leach Escribeu:Non sei se vostede non terá complexo de panxoliña.

Flypp Escribeu:Non sei se vostede saberá o significado de "panxoliña". Dudoo bastante, e recoméndolle (outra vez) que se documente e busque o significado nun diccionario.

...Hi, hi, hi hi... vexo que vostede quedou a velas vir, neste caso, coido que vaille ter que preguntalos vellos dos pobos.

Cail-leach Escribeu:Boeno? tanto ten, hó! Vostede continua coa súa, hó! un galego máis ou menos que non se entera da inmensa barbaridade quisto implica, nonos vai prexudicar. Por sorte, aínda quedan galegos con moito sentidiño, pra reparareno dano.

Flypp Escribeu:Xa me quedo máis tranquilo. Preocupábame o feito de que, coas miñas accións baseadas na miña ignorancia e pouco mundo (¿saiu algunha vez de Galicia, señora?) estivera a rompe-la integridade do país (non me atrevo a decir meu/noso país, non vaia ser que alguén se ofenda e considere que non me pertence sentirme galego). Menos mal que quedan aínda salva-patrias coma vostede que traballan día a día para asegurar as libertades do pobo descalificando e desacreditando os que non pensan coma vostede.

Non! Non saín de Galiza, e logho, dígame bo home, seica os que van polo mundo adiante, vóltanse doutos, non sí? . O pior dos retornados, e que trano siso tan globalizado, que pecan pensando que os que ficamos na Galiza, somos parvos!


Cail-leach Escribeu:E desculpe Sr. Flyyp, se de cando en vez perden feitura as miñas respostas, mais léndolle certos comentarios, requéntasema a moleira e váise o siso?

Flypp Escribeu:Eu non teño nada que disculparlle, e moito menos pola súa "feitura", da que non me considero en absoluto responsable. Un consello: se non quere "requentarse", pois non lea os meus post (o que se enfada ten dous traballos: enfadarse e desenfadarse).

Non se enfurruñe polo que lle vou dicir, porque non quero ferilo...
Sinceramente, as súas mensaxes non me namoran. Se me cadra de entrar no portal de Fillos, de contado, fisgo polos temas que van no Taboleiro. Cadroume velas súas mensaxes, e claro... pensei... que sabichón debe ser este home, canto sabe madriña miña... ! agora xa sei... aprendeuno polo mundo adiante...

Flypp Escribeu:Por certo: cando se discute, un di "mu" e outro di "ma", e a partir de ahí o normal é:
- Ou que se chegue a un acordo en que é "mu"
- que se chegue a un acordo de que é "ma"
- que non se chegue a un consenso e non se resolva se é "mu" ou "ma".

Sen embargo, falando con vostede, se eu digo "mu" vostede di que eu dixen "ma", polo que un diálogo de ollomoles é un método socrático ó seu lado.

P.D.: ¡MU!


Oh... Muuuuuuuuu! Muuuuuuuuuu....

Sr. Flypp, vostede sabe? asi tamén lle fan as vaquiñas da miña aldea... E non lle forón polo mundo adiante...

Saúdos, home de mundo!

josecelguti
Mensagens: 5
Registado: quarta, 15 nov 2006, 12:42

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor josecelguti » terça, 01 jul 2008, 20:43

Cail-leach

No tires la piedra y escondas la mano, que tambien sabemos que no eres la que allí se encuentra.

Da la cara y deja de esconderte detrás de niks que no te cubren, siempre te queda la pluma afuera.

Un saludo !


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante