Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 15:26

Teño unha dúbida. Acabo de ler en bastantes páxinas web que o termo "español" significa en bastantes luagres de sudamérica "parte dos pantalóns que quedan na entreperna"e mesmo, "cueiros" (pañales de los bebés")..iso é verdade?? A verdade é que se está tan extendido como aseguran, me parece raro que non o inclúan no dicionario da RAE e en cambio si digan que o galego significa "tonto" e "tartamudo", mesmo tendo uso residual.

Saúdos!!

Alguén me pode aclarar esta dúbida??

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor jorgegustavot » quinta, 26 jun 2008, 15:33

por favor no te ofendas, pero me ha causado gracia tu pregunta.... no es agresion lo mío, me río por las diferentes formas de llamar a las cosas según los lugares, creo que el termino al que te referis es "pañal", te debes haber confundido al leer "es pañal". Te mando muchos saúdos agarimosos. Gustavo

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor jorgegustavot » quinta, 26 jun 2008, 15:45

me paso lo mismo hablando de lengua un comentario de Bershky, una socia de Fillos, sobre distintas formas de llamar a las cosas, decia Bershsky:
Dice mi amiga Taerexa:


Moi unha ferbellasverzas, mirade que atopei por acolá...



Sobre galegos, tontos e sexo


Nesto da tontería que temos os galegos hai cousas paralelas que me levan, cando menos, a facerme o sueco.

Se para un costarricense un 'gallego' é un tonto, e 'concha' para un arxentino é o organo sexual feminino, sería lóxico dicir que o director da Real Academia Española, Víctor García de la Concha, podería ser chamado tamén Víctor García de la Perrecha? Por que o diccionario da RAE non o recoñece?

gracias apertas Gustavo

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 16:01

Aínda no caso de ser certo, para que se incluira o termo no diccionario da RAE un dos requisitos é que o termo susceptible de ser incluido teña unha gran aceptación. "Bastante lugares" (de sudamérica) non parece ser unha extensión importante.

En canto o termo peiorativo do galego... non sei por qué hai tanta discusión. O diccionario da RAE é un reflecto da lingua. Se se emprega "gallego" cun significado peiorativo en sudamérica, pois paréceme ben que se inclúa no diccinario, pois o fin do diccionario é esclarecer todo o espectro de significados que pode abarcar unha palabra.
A RAE recibiu moitas solicitudes de corrección por parte dos colectivos que se consideran afectados, pero o certo é que non hai nada do que queixarse. ¿Pedir que quiten o significado peiorativo de "gallego"? ¿Por qué? ¿Acaso en toda sudamérica non se emprega con ese fin (peiorativo)?, pois xa está. Non pasa nada, non nos están chamando tontos, senón que para chamarlle a alguén tonto chámanlle gallego, non vexo cal é o problema.
Os xitanos tamén se senten ofendidos (que estafa u obra con engaño), ¿acaso non se emprega esa expresión? "Pedro, estás feito un xitano" (sen significar que Pedro teña orixe xitana ou os xitanos sean todos estafadores).
Sinagoga, significado peiorativo->reunión con fins ilícitos. Tamén están poñendo o grito no ceo. Mesmo asociacións para a defensa dos animáis queren que se suprima o significado peiorativo de burro, pois consideran que degradan ó animal (degrádase á persoa a que se lle chama burro, quizáis por decir burradas como os exemplos que estou mostrando).
Se vou paseando pola Arxentina e tropézome cun viandante sen querer e me grita "¡¡Gallego!!", pois claro que me ofendo, non porque "gallego" esté recollido no diccionario da RAE coma tonto, senón porque o individuo chamoume tonto (íame ofender no mesmo grao tanto se me chamase tonto, tarugo, gili...).
Se é certo que "español" se emprega con esa connotación, pois cando alcance un uso extenso, pois ben, parécemo moi ben que a inclúan, máis que nada para que todos nos enteremos e teñamos un coñecemento da nosa lingua. Se comezamos a ser tiquismiquis con todo... ¡ímonos quedar sen insultos!, e ben necesarios que son.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 16:05

jorgegustavot Escribeu:me paso lo mismo hablando de lengua un comentario de Bershky, una socia de Fillos, sobre distintas formas de llamar a las cosas, decia Bershsky:
Dice mi amiga Taerexa:


Moi unha ferbellasverzas, mirade que atopei por acolá...



Sobre galegos, tontos e sexo


Nesto da tontería que temos os galegos hai cousas paralelas que me levan, cando menos, a facerme o sueco.

Se para un costarricense un 'gallego' é un tonto, e 'concha' para un arxentino é o organo sexual feminino, sería lóxico dicir que o director da Real Academia Española, Víctor García de la Concha, podería ser chamado tamén Víctor García de la Perrecha? Por que o diccionario da RAE non o recoñece?

gracias apertas Gustavo


ajajaj!! Xa pero se a RAE é tan "obxectivo" co termo "gallego" por que non o é co termo "español"?? Por que eu teño ouvido cada cousa dos sudamericanos referñíndose ós españois que se as poño aquí creo que iste foro deberías ser chamado doutra maneira XDD...a Rae só é obxectivo co que lle interesa..porque na Rae hai moitos nacionalistas españois e en canto algunha palabra vai en contra deles xa non a meten...as cousas hai que chamalas polo seu nome

Perdoade se ofendo a alguén!!! :P

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 16:15

Flypp Escribeu:Aínda no caso de ser certo, para que se incluira o termo no diccionario da RAE un dos requisitos é que o termo susceptible de ser incluido teña unha gran aceptación. "Bastante lugares" (de sudamérica) non parece ser unha extensión importante.

En canto o termo peyorativo do galego... non sei por qué hai tanta discusión. O diccionario da RAE é un reflecto da lingua. Se se emprega "gallego" cun significado peyorativo en sudamérica, pois paréceme ben que se inclúa no diccinario, pois o fin do diccionario é esclarecer todo o espectro de significados que pode abarcar unha palabra.
A RAE recibiu moitas solicitudes de corrección por parte dos colectivos que se consideran afectados, pero o certo é que non hai nada do que queixarse. ¿Pedir que quiten o significado peiorativo de "gallego"? ¿Por qué? ¿Acaso en toda sudamérica non se emprega con ese fin (peiorativo)?, pois xa está. Non pasa nada, non nos están chamando tontos, senón que para chamarlle a alguén tonto chámanlle gallego, non vexo cal é o problema.
Os xitanos tamén se senten ofendidos (que estafa u obra con engaño), ¿acaso non se emprega esa expresión? "Pedro, estás feito un xitano" (sen significar que Pedro teña orixe xitana ou os xitanos sean todos estafadores).
Sinagoga, significado peiorativo->reunión con fins ilícitos. Tamén están poñendo o grito no ceo. Mesmo asociacións para a defensa dos animáis queren que se suprima o significado peiorativo de burro, pois consideran que degradan ó animal (degrádase á persoa a que se lle chama burro, quizáis por decir burradas como os exemplos que estou mostrando).
Se vou paseando pola Arxentina e tropézome cun viandante sen querer e me grita "¡¡Gallego!!", pois claro que me ofendo, non porque "gallego" esté recollido no diccionario da RAE coma tonto, senón porque o individuo chamoume tonto (íame ofender no mesmo grao tanto se me chamase tonto, tarugo, gili...).
Se é certo que "español" se emprega con esa connotación, pois cando alcance un uso extenso, pois ben, parécemo moi ben que a inclúan, máis que nada para que todos nos enteremos e teñamos un coñecemento da nosa lingua. Se comezamos a ser tiquismiquis con todo... ¡ímonos quedar sen insultos!, e ben necesarios que son.


Pois aquí non estou a favor co que dis, eu creo que nun dicionario non deben constar insultos dese estilo que degraden a minorías. Cada un ten a súa opinión, e cada un que viva na súa ignorancia...oq ue si sei é que a RAE é bastante rancia en moitos temas non só cos galegos, burros, xitanos etc...no seu momento tamén tivo problemas cos "gais" porque parecía ser que os disrciminaba e moi ben discriminadso no seu dicionario, eu creo que non fai falla chegar a discriminación en ningún dicionario. Respecto!!! é o primeiro

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor cachafeiro » quinta, 26 jun 2008, 16:16

español, la
adj. y s. De España o relativo a este país europeo.
m. Castellano, lengua oficial de España, Hispanoamérica y algunos otros lugares:
en algunos puntos de Filipinas se habla español


Mejor guiate por los diccionarios impresos, allì no hay equivocaciones.


Alejandra Cachafeiro Camiña

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 16:20

Non ofendes a ninguén, e tes todo o dereito a ter reservas sobre se a RAE está politizada (eu, dende logo, reservas teño). Sin embargo reitero que "bastantes zonas da sudamérica" non é unha difusión suficiente.
Por exemplo: en todo Cádiz emprégase "bastinazo" (pronunciando bastinaso) co fin de describir algo moi espectacular ou sorprendente. Aínda que se extendera por toda Andalucía non van a incluir o termo porque o empreguen "sóamente" 20 millóns de persoas.
En Lira (aldea da provincia da Coruña) empregan "margarito" con fines peiorativos, e para o resto de galegos (un 99,9999999999%) pois só nos produce indiferencia.
Eu non teño ningún problema en que "español", "gallego" ou calquera outra palabra que me afecte (como persoa física) adoiten significados ofensivos, a min dame igual. Simplemente indico que é a primeira vez que escoito que español signifique pañal (a connotación negativa de "gallego" coñecémola dende fai moitos anos), así que o uso desa connotación peiorativa considéroa prácticamente nula, e non ten ningún sentido incluila no diccionario.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 16:31

Galiciaprasempre Escribeu:(...) eu creo que nun dicionario non deben constar insultos dese estilo que degraden a minorías.
Por extensión, con ese razoamento deberían suprimir tódolos insultos da RAE. Xa expusen que o diccionario recolle tódolos significados e connotacións cos que se empregan as palabras. Mentres a xente continúe insultando, pois a función do diccionario e recollelo e documentalo. Quizáis cando vivamos nun mundo onde non exista o insulto (que será cando tan só quede unha persoa sobre a terra), non fará falta incluilos nun diccionario.

Galiciaprasempre Escribeu:Cada un ten a súa opinión, e cada un que viva na súa ignorancia...

Unha das funcións dos diccionarios é precisamente que non vivamos na ignorancia, e que teñamos coñecemento das palabras cas que podemos e nos poden insultar--> Se non sabes o significado dun insulto, non sabrás que che están a insultar.

Galiciaprasempre Escribeu:oq ue si sei é que a RAE é bastante rancia en moitos temas non só cos galegos, burros, xitanos etc...no seu momento tamén tivo problemas cos "gais" porque parecía ser que os disrciminaba e moi ben discriminadso no seu dicionario, eu creo que non fai falla chegar a discriminación en ningún dicionario. Respecto!!! é o primeiro

A connotación de "hombre afeminado e de pouco ánimo ou esforzo" figura como significado de "marica". Non por isto o diccionario é o que discrimina. Os que discriminan poden ser os que empregan termos con ese fin, e a RAE ten o deber de recoller o uso que faga a xente das palabras.

¿As armas matan ou son os que manexan as armas os que matan?. ¿Se non se fabrican armas non se mata máis xente?--> Seguirán matando cun pao--> ¿os paos matan...? .....----> talemos as árbores.... etc, etc, etc,...

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbida..."español" "parte do pantalón"??

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 16:49

De todos xeitos o que non dou comprendido, é porque situan a definición de "lengua de los gallegos" no sétimo lugar e non nun segundo ou nun terceiro como é uso nas definicións de línguas e como acontece por exeplo co español, catalán, vasco, Valenciano etc..ademási poñen o significado de "lengua de los gallegos" xusto despois de definir "tonto" e "tartamudo", iso si que non o dou entendido. Se alguén o sabe, podédesmo dicir?

Moitas gracias

Saúdos!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes