Teléfone móbil en galego?????
-
- Mensagens: 63
- Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35
Teléfone móbil en galego?????
Ola!! Hoxe recibín unha mensaxe no meu correio-e de Fillos De Galicia onde entre outras cousas se dicía que saíra nos teléfones móbiles o idioma en galego...eu no meu teléfone móbil teño posto o protugués, porque galego non existe...gustaríame saber se alguén sabe disto e como poido facer pra cambiar o idioma do meu portable/celular/teléfono móbil ó galego. Moitas graciñas !!!
Teléfone móbil en galego?????
Galiciaprasempre Escribeu:Ola!! Hoxe recibín unha mensaxe no meu correio-e de Fillos De Galicia onde entre outras cousas se dicía que saíra nos teléfones móbiles o idioma en galego...eu no meu teléfone móbil teño posto o protugués, porque galego non existe...gustaríame saber se alguén sabe disto e como poido facer pra cambiar o idioma do meu portable/celular/teléfono móbil ó galego. Moitas graciñas !!!
Estiven a indagar un pouco porque paréceme unha boa nova e quíxenme informar.
Topei unha páxina onde daban a noticia de que movistar lanzará en breve 50 modelos ca opción de fixar o galego como idioma, e figuraba a fonte da noticia: Aecomo.
Ó clickear no enlace de www.aecomo.org o explorador lanzoume a seguinte mensaxe:
"¡Este sitio es una web atacante!
Este sitio web en www.aecomo.org ha sido reportado como una web atacante y ha sido bloqueada basándose en sus preferencias de seguridad.
Los sitios atacantes intentan instalar programas que pueden robar información privada, usar su ordenador para atacar otros o dañar su sistema.
Algunos sitios atacantes distribuyen intencionalmente software dañino, pero muchos son comprometidos sin el conocimiento o permiso de sus propietarios."
Ante isto, recomendo prudencia se ides a buscar información pola rede, e se alguén topa algunha nova fidedigna que a comparta.

Estiven indagando bastante tempo e, aínda que se fan eco da noticia varias páxinas de prensa dixital de recoñecido prestixio, todos teñen a mesma fonte de Aecomo.
Existen duas noticias, unha que di que Telefónica lanzará 50 termináis que inclúen o galego, e otra que afirma que R (empresa de telecomunicacións galega) lanza modelos en galego.
Aecomo é a Asociación Española de COmunicacines MÓviles, pero non conseguín información sobre ela, máis que nada porque o premer nos enlaces aparéceme o aviso de seguridade.
Con isto non pretendo dicir que sexa unha páxina maliciosa, pois é posible que esté a sufrir un ataque e os servidores estén infectados.
De todas formas creo que sería posible que alguén con coñecementos de programación confeccionase un "firmware" para engadir o idioma galego ós teléfonos móbiles. Podería ser un bo proxecto.
Existen duas noticias, unha que di que Telefónica lanzará 50 termináis que inclúen o galego, e otra que afirma que R (empresa de telecomunicacións galega) lanza modelos en galego.
Aecomo é a Asociación Española de COmunicacines MÓviles, pero non conseguín información sobre ela, máis que nada porque o premer nos enlaces aparéceme o aviso de seguridade.
Con isto non pretendo dicir que sexa unha páxina maliciosa, pois é posible que esté a sufrir un ataque e os servidores estén infectados.
De todas formas creo que sería posible que alguén con coñecementos de programación confeccionase un "firmware" para engadir o idioma galego ós teléfonos móbiles. Podería ser un bo proxecto.
-
- Mensagens: 63
- Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35
Teléfone móbil en galego?????
Buenooo!! Quedei abraiada ó ler as vosas mensaxes...pois penso que xa vai sendo hora de que nos móbiles haxa a posibilidade de ter o galego...pero beuno, como as empresas polo que puiden ver din que "o galego non vende"...todas se escudan dicindo iso..parvadas...
se tivese coñecementos informáticose puidese crear un firmware deses, estou segura de que xa levaría tempo ese proxecto funcionando.-..pola miña conta vou seguir indagando. Graciñas pola vosa nova!!!...tentarei ter coidade de que ningún virus me ataque.
Biquiños!! Se atopo algo deixareino aquí

Biquiños!! Se atopo algo deixareino aquí
Teléfone móbil en galego?????
Pois sí que é amolado e de que o galego non vende.
Tampouco creo que lles custe moito engadir un idioma, que non será tanto código, nin tantos cartos nin tanto traballo.
Teño un móbil (edito: puxera a marca) que comprei en Dubai porque se me avariou o que tiña durante unha viaxe (o máis barato que topei liberalizado, cunha carcasa de goma para que me durara ata o viaxe de volta
), e o aparatiño, que é un destes que só mostra texto, tiña idiomas para dar e tomar: 3 en árabe, inglés, francés, italiano, ruso, grego, español,... , así que se facían iso vai 5 anos con modelos arcaicos, tampouco deberían ter moitos apuros cos modelos actuáis, que teñen moitísima máis capacidade de proceso e memoria.
Ademáis, o galego é idioma cooficial, ten a súa gramática e non somos 4 pelagatos os que o falamos. Parece mentira que ningunha das grandes compañías de telecomunicacións que actúen en Galicia se plantexen dar unha solución para (inda que sexa un sector pequeno) os clientes e potenciáis clientes da comunidade galego-falante.
Tampouco creo que lles custe moito engadir un idioma, que non será tanto código, nin tantos cartos nin tanto traballo.
Teño un móbil (edito: puxera a marca) que comprei en Dubai porque se me avariou o que tiña durante unha viaxe (o máis barato que topei liberalizado, cunha carcasa de goma para que me durara ata o viaxe de volta

Ademáis, o galego é idioma cooficial, ten a súa gramática e non somos 4 pelagatos os que o falamos. Parece mentira que ningunha das grandes compañías de telecomunicacións que actúen en Galicia se plantexen dar unha solución para (inda que sexa un sector pequeno) os clientes e potenciáis clientes da comunidade galego-falante.
-
- Mensagens: 63
- Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35
Teléfone móbil en galego?????
Visitade esta páxina web da Mesa. Aí aparece a información sobre o móbill...a miña compañía non ten ese servizo xa que é Orange sendo antes Amena :S...teño que me informar
http://www.amesanl.org/campanhas.html
http://www.amesanl.org/campanhas.html
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante