Teléfone móbil en galego?????

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 00:18

Ola!! Hoxe recibín unha mensaxe no meu correio-e de Fillos De Galicia onde entre outras cousas se dicía que saíra nos teléfones móbiles o idioma en galego...eu no meu teléfone móbil teño posto o protugués, porque galego non existe...gustaríame saber se alguén sabe disto e como poido facer pra cambiar o idioma do meu portable/celular/teléfono móbil ó galego. Moitas graciñas !!!

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 00:46

Galiciaprasempre Escribeu:Ola!! Hoxe recibín unha mensaxe no meu correio-e de Fillos De Galicia onde entre outras cousas se dicía que saíra nos teléfones móbiles o idioma en galego...eu no meu teléfone móbil teño posto o protugués, porque galego non existe...gustaríame saber se alguén sabe disto e como poido facer pra cambiar o idioma do meu portable/celular/teléfono móbil ó galego. Moitas graciñas !!!

Estiven a indagar un pouco porque paréceme unha boa nova e quíxenme informar.

Topei unha páxina onde daban a noticia de que movistar lanzará en breve 50 modelos ca opción de fixar o galego como idioma, e figuraba a fonte da noticia: Aecomo.

Ó clickear no enlace de www.aecomo.org o explorador lanzoume a seguinte mensaxe:

"¡Este sitio es una web atacante!

Este sitio web en www.aecomo.org ha sido reportado como una web atacante y ha sido bloqueada basándose en sus preferencias de seguridad.

Los sitios atacantes intentan instalar programas que pueden robar información privada, usar su ordenador para atacar otros o dañar su sistema.

Algunos sitios atacantes distribuyen intencionalmente software dañino, pero muchos son comprometidos sin el conocimiento o permiso de sus propietarios."


Ante isto, recomendo prudencia se ides a buscar información pola rede, e se alguén topa algunha nova fidedigna que a comparta.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 01:12

Estiven indagando bastante tempo e, aínda que se fan eco da noticia varias páxinas de prensa dixital de recoñecido prestixio, todos teñen a mesma fonte de Aecomo.

Existen duas noticias, unha que di que Telefónica lanzará 50 termináis que inclúen o galego, e otra que afirma que R (empresa de telecomunicacións galega) lanza modelos en galego.

Aecomo é a Asociación Española de COmunicacines MÓviles, pero non conseguín información sobre ela, máis que nada porque o premer nos enlaces aparéceme o aviso de seguridade.

Con isto non pretendo dicir que sexa unha páxina maliciosa, pois é posible que esté a sufrir un ataque e os servidores estén infectados.

De todas formas creo que sería posible que alguén con coñecementos de programación confeccionase un "firmware" para engadir o idioma galego ós teléfonos móbiles. Podería ser un bo proxecto.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 01:18

Buenooo!! Quedei abraiada ó ler as vosas mensaxes...pois penso que xa vai sendo hora de que nos móbiles haxa a posibilidade de ter o galego...pero beuno, como as empresas polo que puiden ver din que "o galego non vende"...todas se escudan dicindo iso..parvadas... :-( se tivese coñecementos informáticose puidese crear un firmware deses, estou segura de que xa levaría tempo ese proxecto funcionando.-..pola miña conta vou seguir indagando. Graciñas pola vosa nova!!!...tentarei ter coidade de que ningún virus me ataque.

Biquiños!! Se atopo algo deixareino aquí

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 01:31

Pois sí que é amolado e de que o galego non vende.

Tampouco creo que lles custe moito engadir un idioma, que non será tanto código, nin tantos cartos nin tanto traballo.

Teño un móbil (edito: puxera a marca) que comprei en Dubai porque se me avariou o que tiña durante unha viaxe (o máis barato que topei liberalizado, cunha carcasa de goma para que me durara ata o viaxe de volta :D), e o aparatiño, que é un destes que só mostra texto, tiña idiomas para dar e tomar: 3 en árabe, inglés, francés, italiano, ruso, grego, español,... , así que se facían iso vai 5 anos con modelos arcaicos, tampouco deberían ter moitos apuros cos modelos actuáis, que teñen moitísima máis capacidade de proceso e memoria.

Ademáis, o galego é idioma cooficial, ten a súa gramática e non somos 4 pelagatos os que o falamos. Parece mentira que ningunha das grandes compañías de telecomunicacións que actúen en Galicia se plantexen dar unha solución para (inda que sexa un sector pequeno) os clientes e potenciáis clientes da comunidade galego-falante.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Teléfone móbil en galego?????

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 26 jun 2008, 02:00

Visitade esta páxina web da Mesa. Aí aparece a información sobre o móbill...a miña compañía non ten ese servizo xa que é Orange sendo antes Amena :S...teño que me informar

http://www.amesanl.org/campanhas.html


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes