"Concurso" para poñer nome á Organización

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

"Concurso" para poñer nome á Organización

Mensagempor galiciaprasempre » sexta, 20 jun 2008, 19:23

Ola!! Quería pedirvos axuda a todos vós para poñer nome ó grupo que estamos a levar a cabo a recollida de sinaturas "contra a definición de "gallego" na Rae" xa que se vos digo a verdade estamos un tanto perdidos neste tema. Buscamos dúas cousas: un nome que non soe "politizado" xa que a xente fuxe da política e en canto escoitan un nome altamente politizado xa pensan que ese grupo é político. Buscamos un nome que achegue á xente, que soe ben entre a poboación. Nós pensamos nalgo así coma "Galicia pra sempre" (como o meu sobrenome) ou "galegos en acción", pero non sei, gustaríame coñecer á vosa opinión e que participedes e pescudedes tamén vós nun nome para o grupo, o que máis vos guste. Temos que facer un dossier para presentar en moitísimos lugares para que vexan a nosa proposta e para que nos boten unha mao...polo tanto o noso colectivo debe ter un nome para que saiban quen somos. Por outra banda, tamén buscamos un slogan, unha frase apegañenta que quede ben na mente da xente, que chame a atención e que sexa bonito. Ten que definir a nosa actividade, e facer referencia tanto ó feito de "sermos tontos" (tal e como nos trata a Rae) como ó desprezo que amosa a Rae á nosa língua. Eu pensei na seguinte frase "sénteste parvo?" ...o problema que ten é que só fai referencia ó de "tonto" pero non ó da lingua.

Podédesnos botar unha mao?? A verdade é que eu son bastante mala para inventarme slogans e nomes de grupos.


Moitas gracias pola vosa axuda. Tódalas vosas propostas serán moi ben recibidas!!!

Saúdos!

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes