"O obxectivo da Mesa é morrer de éxito...

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

"O obxectivo da Mesa é morrer de éxito...

Mensagempor anamp » segunda, 21 abr 2008, 10:46

...que un día non faga falta"

Neste enlace tedes un repaso da situación do galego na actualidade, froito dunha entrevista con Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Saúdos!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

"O obxectivo da Mesa é morrer de éxito...

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 19 jun 2008, 17:02

Bufff!! Rematei de ler isto e xa me deron ganas de matar a tódolos membros do PP, de Galicia Bilingue e de Tan Gallego Como el Gallego. Sabedes, onte mesmiño cnsultei o meu correio; resulta que teño unha alerta de Google para que me cheguen novas sobre "Galicia Bilingue" ou "tan gallego como el gallego" e vin que a organización "tan gallego como el gallego" abrira un foro na web sobre o seguinte tema "o galego é un idioma de paletos" . Cando vin iso, fiquei flipada. :@

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

"O obxectivo da Mesa é morrer de éxito...

Mensagempor xestor » quinta, 19 jun 2008, 19:04

A ver, entendo que a un lle poden entrar gañas de moitas cousas ao ler o que publicamos en Fillos, pero coido que deberías rectificar iso de "matar" a ninguén xa que non podemos permitir cousas tan esaxeradas. Espero que falases "metaforicamente", non si?

Agardamos a túa resposta. Grazas.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes