Os nomes dos nosos políticos

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor casdeiro » sexta, 14 mar 2008, 23:52

Reproduzo do :

ANTROPONIMIA.- A Mesa chama a atención sobre a escasa presenza de nomes e apelidos galeguizados nas candidaturas ás eleccións xerais do próximo 9 de marzo

[05/03/2008]

A Mesa advirte de ?casos especialmente graves? e cre que ?falta interese real pola lingua naqueles candidatos que teoricamente representarán os intereses de Galiza? nas Cortes do Estado

A Mesa pola Normalización Lingüística volveu chamar a atención, como ten feito noutras ocasións, sobre o escaso número de nomes e apelidos realmente adaptados á ortografía galega nas distintas candidaturas que concorren en cada unha das catro provincias da Galiza nas eleccións do próximo domingo 9 de marzo, tanto ao Congreso dos Deputados como ao Senado.

A Mesa constata que o emprego de antropónimos deturpados segue a ser ?extraordinariamente elevado? na maioría das candidaturas, e nomeadamente ?nas máis representativas?. Segundo ten constatado a organización, ?non hai practicamente ninguén co nome ou apelido galeguizado nas candidaturas do PP; casos illados nas do PSdG-PSOE; e un número moito maior nas do BNG?, ?se ben?, precisan desde A Mesa, ?tamén nesta organización se detectan casos importantes de nomes e apelidos non restituídos ás súas formas auténticas?.

Para a organización en defensa da lingua, o feito de que a maior parte das candidatas e candidatos galegos ás eleccións xerais do próximo 9 de marzo manteñan como oficiais nomes, e sobre todo, apelidos, en ocasións, ?salvaxemente deturpados? é unha mostra máis do ?desleixo e despreocupación? co que a maioría tratan a cuestión da lingua e mesmo do ?descoñecemento xeneralizado? que segue a existir na nosa sociedade en todo o referente ao noso idioma e á súa historia.

A Mesa cre que o uso de antropónimos deturpados por parte de moitas e moitos membros da clase política galega é un problema ?que atinxe a toda a sociedade?, se ben, indican desde a asociación, ?é evidente que os políticos, e particularmente as candidatas ou candidatos a unhas eleccións, teñen unha relevancia pública e unha responsabilidade engadida moi importante que non deberían desatender?. A entidade cidadá acrecenta tamén que ?non se debe esquecer que as candidatas e candidatos que concorren ao Congreso e mais ao Senado nos comicios do próximo día 9 escollémolos para representaren a Galiza e ás galegas e galegos?, polo que cumpriría que amosasen ?o seu compromiso co país a tempo completo, tanto nos discursos como na práctica máis cotiá?.

A Mesa considera tamén que a galeguización de nomes e apelidos por parte das candidatas e candidatos, e en xeral dos representantes públicos nas institucións, ?constitúe un exercicio de coherencia persoal?, que é como comeza ?calquera compromiso colectivo?. ?E a lingua é un compromiso colectivo pola súa natureza social?, remarcan desde a organización.

Entre isto e o mal galego que falan... que vergonza de representantes!

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 19 jun 2008, 17:07

Bueno, eu dende logo cando teña fillos quero poñerlle nomes galegos. Neno: Brais (encántame ese nome) Filla: Uxía, Xiana, Ilduara ou alo asi, inda non sei jeje

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor xestor » quinta, 19 jun 2008, 18:59

Recoméndoche que coñezas entón http://www.nomes-galegos.info

Hache gustar! (aínda que nos falta moito traballo por facer!)

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor flypp » sexta, 20 jun 2008, 16:23

¡Qué razón tedes!, ¡qué desvergoña!.

E pensar que todavía rule xente por ahí que se fixe nas capacidades das persoas en vez de no seu nome, que é onde realmente está o potencial...

Vaia argumentación, así nos vai.

Con argumentos coma éstes, non me extraña o misérrimo plan das festas de Ourense deste ano definido polo BNG, ¡que país!

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor casdeiro » sexta, 20 jun 2008, 19:13

Desde logo no que atinxe á capacidade de amar e respectar a súa herencia cultural coido que o nome dun di bastante, coido que ser consciente de que o teu nome non é galego ou que o teu apelido está deturpado como consecuencia da ignominia que sufriu a túa familia e por extensión o teu pobo... di bastante de certas capacidades. Hai xente á que si nos importan esas capacidades, Flypp. Mesmo por riba doutras. Porque temos dignidade.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Os nomes dos nosos políticos

Mensagempor flypp » sexta, 20 jun 2008, 19:46

Pondera-la dignidade polo grao "cultural" do apelido é toda unha falta de delicadeza Casdeiro.

O meu nome de pila é galego, Xosé.

O meu apelido paterno, de orixe astur, Taxes, sen embargo na miña documentación figura de toda a vida Tajes.

Isto é porque ó meu pai NON LLE PERMITIRON (mediante técnicas de persuasión da época, quero puntualizar que meu pai é moi testarudo) rexistrarme CO APELIDO DO MEU PAI.

Cando alcancei a maioría de idade, as cousas xa cambiaran e dende aquela teño o dereito de ir ó rexistro civil e cambiar o nome á forma galega, a do meu pai, pero non o fixen nin o farei. E a miña decisión ten unha razón moi firme: NON ESQUECELO NUNCA.

Día a día manteño unha loita silenciosa contra a castelanización da nosa comunidade, con técnicas tan simples como fala-lo galego sempre e cando o meu interlocutor o entenda, ou entrega-los traballos do curso que estou a realizar en galego (indo a contracorrente co resto do grupo). Pero ás veces sinto que todo o traballo se ven abaixo cando, por exemplo, nos dan a noticia que no curso que estamos a facer (que é un curso técnico de informática) OBLÍGANNOS a realizar un módulo transversal de galego, o cal, pola natureza do curso, é todo un despropósito, xerando descontento e rechazo. Non é porque sexa un módulo de galego, senón porque é un módulo que non ten lugar nun curso técnico, xeraría o mesmo rechazo se fose un módulo de cociña.

Dado que algúns temos a iniciativa (non o deber, como se di por ahí) de manter esta loita de cotío, deberíamos ser coidadosos coas argumentacións que esgrimimos, e a argumentacion do nome pareceume farto banal, pois non coñecemos a situación persoal dos afectados da castelanización dos seus nomes.

Sei que son un pesado, e que parece que vou en contra de tódalas iniciativas nobres, pero o galego é algo que se debe mostrar como o que é: unha lingua atractiva e (ata fai pouco) sólida e funcional. Se a intentamos, de algún modo, "impoñer" tan só conseguiremos rechazo.

Fun galego-falante dende o meu nacemento, ós 10 anos, cando vin a estudiar a Ourense, intentaron castelanizarme mediante o ambiente escolar e social durante 5 anos, e despois traballei durante 7 anos fora da comunidade. Hoxe en día considérome bilingüe, pero non teño ningunha dúbida de que o galego é a miña lingua natural, pois sinxelamente porque é COA QUE PENSO. E de ter fillos algún día, non teñas dúbida algunha de cal será o apelido que figure na documentación do meu fillo.

Aínda así, teño que admitir que sinto moitísimo rechazo ás novas medidas de potenciación do galego, simplemente porque veñen impostas. A mesma imposición que sufreu meu pai cando lle quixo poñe-lo seu apelido ó seu fillo.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante