Diferenza entre nenos e rapaces?

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor xestor » sexta, 21 set 2007, 10:26

Do servizo de asesoramento lingüístico da Xunta, dinnos o seguinte ao respecto:

Con respecto á súa consulta sobre empregar a denominación neno ou rapaz para as persoas de entre 6 e 12 anos, infórmoo de que as distintas fontes lexicográficas que consultamos non aclaran moito neste sentido. Algúns dicionarios consideran estes dous vocábulos como sinónimos para a franxa de idade que vostede sinala, e outros diferencian entre neno para a primeira etapa da vida e rapaz para xente máis grandiña (a partir dos 10 anos).

Tamén é certo que se dá esa diferenciación dialectal que vostede menciona e que segundo a zona se emprega unha ou outra palabra (ou ambas) para designar os máis pequenos .

De acordo con todo isto, eu empregaría, para estas idades, unha ou outra indistintamente. Con todo, débese ter en conta que rapaz é un termo máis xenérico, abrangue un período máis longo de tempo (ata os vinte anos aproximadamente).

chono2008
Mensagens: 25
Registado: sábado, 16 jun 2007, 10:04

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor chono2008 » quinta, 11 out 2007, 20:46

Tamen se di cativos e picaros

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 19 jun 2008, 01:08

Buf, en galego existen moitas palabras para referirse ós máis pequenos: hai pequeno, neno, rapaz, pícaro,meniño, xove, novo, etc etc...eu as palabras neno e rapaz sempre as empreguei segundo me saísen, inda que creo que neno fai referencia ós nenos pequenos mentres que rapaz refírese a adolescentes: 11-17 anos máis ou menos. Pícaros emprégase moito nas zonas de Lugo e sinceramente entre a xente galego-falante luguesa un pícaro fai referencia tanto a un neno pequeno como a un adolescente...seino de escuitas, xa que convivín tres anos con xente luguesa galegofalante


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante