Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
tembra
Mensagens: 2
Registado: quinta, 19 jun 2008, 21:48

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor tembra » quarta, 25 jun 2008, 20:15

Hola a todos , soy nuevo en este foro, entre en el por que estoy buscando a mis parientes en Galicia.
Me siento gallego, tengo muchas ganas de conocer la tierra de mis ancestros, pero la verdad es que me asusta un poco lo que leo aca, creia que, en la cuna de mis origenes, seria visto como un hijo mas, como un par, pero veo un fondo de discriminacion, de recelo, con mucha lastima.
Somos todos hijos de Galicia, con mucho orgullo, y lo vivo en mi pais, Argentina, donde los queridos gallegos que vinieron escapando del hambre y la violencia (y no eran precisamente doctores ) fueron recibidos con todo cariño.
Y son muchos, muchos...
Siento que si los españoles discriminan a los argentinos es como si un niño despues de buscar durante años a su madre, ella le diera vuelta la cara. Me da mucha pena. Para mi Galcia es calidez, amor, es mi abuela...
Todos somos gallegos.
Por favor:
Honremos la sangre.
Cuidemos nuestras tradiciones.
Respetemos a nuestro hijos.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor flypp » quarta, 25 jun 2008, 21:31

Galiciaprasempre Escribeu:Eu creo que se alguén quere ir a Cataluña ou o Pais Vasco a traballar do que sexa, DEBE E TEN que aprender e estudiar a língua propia de alí...outra cousa é que a vaia empregar.

No caso de ir a traballar, pois coincido contigo, porque según en qué sitios (como no axuntamento) eu tamén me podo chegar a incomodar que me "inviten" a falar en castelán.

Referíame o feito de, por poñer un exemplo, se eu desexo estudiar a enxeniería en automática e electrónica industrial (que na península ofértase en Vaiadolid, Cartaxena e Cataluña, pero supoñamos que eu quero traballar en Galicia) e tan só queden prazas en Cataluña, pois amolaríame bastante que me obrigasen a aprender o catalán (que non quero dicir que non me gustaría saber falalo) se non teño pretensión algunha de traballar alí.

Isto pasa con moitísimas carreiras e cursos técnicos, e non lle vexo xustificación algunha. Outra cousa moi diferente sería o caso de opositar para unha praza para a Xunta, que me parece moi razoable o requisito de falar o galego perfectamente para preservar o dereito do cidadán galego de expresarse no seu idioma.

Posiblemente pequei de ser pouco específico, pero xa me extendera moito.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor anavilat » quarta, 25 jun 2008, 23:08

Tembra Escribeu:Hola a todos , soy nuevo en este foro, entre en el por que estoy buscando a mis parientes en Galicia.
Me siento gallego, tengo muchas ganas de conocer la tierra de mis ancestros, pero la verdad es que me asusta un poco lo que leo aca, creia que, en la cuna de mis origenes, seria visto como un hijo mas, como un par, pero veo un fondo de discriminacion, de recelo, con mucha lastima.

Alguén che fixo algún tipo de desprezo? Senticheste discriminado por algún de nós?
Creo que algunha árbore che esta impedindo ver o monte enteiro!!!! ;)
Fillos non somos dous, somos case 6000.. e non todos temos a mesma maneira de ver as cousas. Dis que te asusta o que les... a min pareceme que levas lido moi pouco do que se ten e esta a publicar en Fillos, se non, non farías ese tipo de comentario...

Todos somos gallegos.
Por favor:
Honremos la sangre.
Cuidemos nuestras tradiciones.
Respetemos a nuestro hijos.

Ai si que che teño que dar a razón. ;)

rosamerchi
Mensagens: 53
Registado: domingo, 05 dez 2004, 00:00

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor rosamerchi » quinta, 26 jun 2008, 02:01

Miña xente, eu penso o seguinte: son da Coruña e nunca aprendin galego mentres estaba lá nin o falei, naquele tempo non se falaba..... algunha cousa lia porque gustabame masnon havia moita cousa............ candovin para o Brasil oprimeiro q fiz foi aprender o portugues si queria vivir aqui e inda por cima traballar, senon como ia me fazer entender?
se eu fose para estados unidos aprenderia o ingles e para a rusia o ruso, que mal ten q os imigrantes, principalmente os que se consideran descendentes de galegos aprendan tamén a lingua galega? ou q intenten comprender o q un galego fala en galego dentro de tua terra?
non digo de ir para Arxentina ou Cuba e querer q me entendan en galego pero sí q quen aquí ven a traballar poderia ter esa delicadeza con o povo q fala súa lingua.
Teño entendido (non o sei ao certo) q si vas a fazer un curso no País Vasco ou Cataluña te exixen sabela lingua, non sí? porque en Galicia non? (ou sin? non sei ao certo) Penso que se é o governo local q inviste nesas escolas ou becas ou como sexa ele queira protexer o que ten de mais precioso q é a lingua, o mesmo q se vamos a outro pais teriamos que falar a lingua deles.
Eu nunca falei en galego e agora, aos poucos tento escrever en galego mesmo q misture un pouco de todo, galego-portugues-castellano...........
tento fazerme entender por todos como poida mas non tildo o q diz un ou outro de enrevesado, e menos numa paxina galega para galegos, ou non e iso o que somos e polo q estamos eiqui?
Penso q estamos eiqui porque somos galegos ou nos sentimos galegos mesmo que nados fora se non e asi todo isto non ten sentido.
Comezamos comentando se nos parece ben ou non q a medica exixa ao neno que lle fale castelán porque non o entende............. extrañame moito q não entenda o galego???? en fin..... e depois xa comezamos a uns guerrear con os outros saindo totalmente do tópico onde comezou a conversa. :-(
E triste ver q a todo momento comezamos con un topico e acabamos por calquer cousa guerreando entre nos, penso que os galegos dos dous lados do "charco" non nos entendemos nin en galego nin en castelán......
Tamén non discriminamos quen e nado fora, quen o dixo? de onde saiu uma cousa desas? Son todos os galegos ben vindos aqui penso eu.
Bo esa e miña humilde opinión sen animo de por mas leña o fogo, moito polo contrario.
Bicos e apertas para todos
Rosa dende Brasil
Galega de A Coruña

rosamerchi
Mensagens: 53
Registado: domingo, 05 dez 2004, 00:00

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor rosamerchi » quinta, 26 jun 2008, 02:06

Para tembra quero decirlle que non ai discriminación ningunha esta paxina e para os de aqui e os de acolá..... so temos q ter comprension e paciencia entre todos e no "andar siempre mosqueados" y buscar tres pies al gato sea cual sea la ocasión. No es exigencia q se hable el gallego, pero no se puede criticar al que lo habla y sí intentar aprender con él (si se quiere) y si algo no se entiende pedir que lo repita en castellano (por favor, si puede....) en fin..... no cuesta decir: - perdona, pero no he entendido bien......
en fin, te deseo la bienvenida aqui y espero que estés a gusto
apertas
Rosa

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 08:03

RosaMerchi Escribeu:se eu fose para estados unidos aprenderia o ingles e para a rusia o ruso,

Pero eu non estaba a falar da emigración, e ata puxen un exemplo. Ademáis, tamén intentei deixar claro que se unha persoa vai a traballar (e, por conseguinte, a vivir) ten que aprende-lo idioma da zona. Eu estábame a referir no caso de que non se vaia a alí a vivir, e ata puxen o exemplo dunha persoa que vai a estudiar. ¿Ímoslle obrigar a un asturiano que veña a face-la carreira de enxeneiro naval á Coruña a fala-lo galego?. Igual o home traga, pero bastante temario terá que estudiar como para poñerse a aprender unha lingua que nin lle vai, nin lle ven, porque que veña a estudiar a Galicia non quere dicir que se vaia a quedar aquí.

Tamén dixen que nas oposicións para a postos públicos (e puxen o exemplo da Xunta), si vexo adoitado esixi-lo galego.

Non son un modelo de elocuencia, pero creo que está bastante clara a miña opinión.

rosamerchi
Mensagens: 53
Registado: domingo, 05 dez 2004, 00:00

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor rosamerchi » quinta, 26 jun 2008, 13:39

Flypp Escribeu:RosaMerchi Escribeu:se eu fose para estados unidos aprenderia o ingles e para a rusia o ruso,

Pero eu non estaba a falar da emigración, e ata puxen un exemplo. Ademáis, tamén deixeis claro que se unha persoa vai a traballar (e, por conseguinte, a vivir) ten que aprende-lo idioma da zona. Eu estábame a referir no caso de que non se vaia a alí a vivir, e ata puxen o exemplo dunha persoa que vai a estudiar. ¿Ímoslle obrigar a un asturiano que veña a face-la carreira de enxeneiro naval á Coruña a fala-lo galego?. Igual o home traga, pero bastante temario terá que estudiar como para poñerse a aprender unha lingua que nin lle vai, nin lle ven, porque que veña a estudiar a Galicia non quere dicir que se vaia a quedar aquí.

Tamén dixen que nas oposicións para a postos públicos (e puxen o exemplo da Xunta), si vexo adoitado esixi-lo galego.

Non son un modelo de elocuencia, pero creo que está bastante clara a miña opinión.Eu estábame a referir no caso de que non se vaia a alí a vivir, e ata puxen o exemplo dunha persoa que vai a estudiar. ¿Ímoslle obrigar a un asturiano que veña a face-la carreira de enxeneiro naval á Coruña a fala-lo galego?.

Na miña opinión e iso mesmo o q eu penso. Por exemplo, se um brasileño vai fazer un curso a España, ele non ten q estudar o español, se vai fazer un curso aos estados unidos non ten q aprende-lo ingles e fazer unha prova de lingua? pois se e o goberno da Galicia que oferece o curso penso q tem q saber galego que mal tem? Vai lle servir para depois aprender mellor o portugues por exemplo. Non vexo porque temos q aprender tantas linguas ingles, alemán, xaponés se nos peta e non queramos aprende-lo galego ou pelo menos chapurrea-lo. Non sei, e miña opinión só asin os pobos manten a súa unidade. Igual estou errada mas e o meu pensamento e aledame q escribas tan bem o galego que aprendo moito con iso!
Tal vez por estar lonxe non este ao par das cousas mas e asin q eu penso e dame pena que na Coruña ninguen fale o galego (polo menos entre a xente q coñezo, nin na miña casa nin nada) E sou sincera, cando vou de vacacións non me poño a dicutir en prol diso (o q fago mal, creo) mas non estou ai un mes para guerrear con miña xente inda mais que "son de fora".

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor flypp » quinta, 26 jun 2008, 13:57

Entendo a túa postura, e no caso que ti expós douche a razón non só porque a tes, senón porque ademáis concordo totalmente contigo. Pero son casos moi diferentes.

No caso de que eu vaia a estudiar a estados unidos, teño ben claro que alí a lingua oficial é o inglés (o que significa que alí todos están obrigados a entendelo).
Galicia, como outras comunidades autónomas, non é un pais diferente de españa, senón que forma parte dela, polo que por herdanza o noso idioma "oficial" é o español. Ademáis, a lexislación das universidades galegas dependen do Ministerio de Educación, que é un organismo estatal (español), polo que, tamén por herdanza, o idioma oficial das universidades galegas é o español.

No caso de que o alumnado das nosas universidades fose completamente galego, pois sí que sería sensato que incluso tódalas asignaturas se deran en galego, pero non é o caso, pois ven xente de fora da comunidade a sacarse unha carreira para traballar en madrid, asturias, castilla-león, extremadura,... polo que para ese sector estudiantil o galego sería unha asignatura que é "palla", non lles sirve para nada, e (baixo a miña opinión) non deberían estar obrigados a aprendelo.

Se eu vou a estudiar ó Brasil, pois claro que vou co convencemento de que teño que aprende-lo portugués, porque é o voso idioma oficial. Agora quero que intentes imaxinarte que no Brasil tivérades unha situación coma a de España. Imaxina que nunha parte do Brasil o idioma oficial sexa (como no resto do país) o brasileño (non sei se é correcto dicir o portugués, corríxeme se me trabuco), pero como lingua cooficial teña o inglés porque nesa parte do Brasil vive xente que fala tanto inglés coma brasileño. Agora imaxínate que ti quéreste sacar unha carreira (ou un máster, curso técnico,...) e póñenche coma requisito aprender a falar perfectamente o inglés. Poida que ti teñas sorte e sepas falar o inglés perfectamente, pero outros compatriotas teus non terán nin idea, e estánse vendo obrigados a aprender a falar unha lingua que non é oficial na súa zona.
Certamente a situación é complicada, pois tanto os que apoian como os que rechazamos a imposicion dunha lingua cooficial teñen a sua parte de razón. O que se intenta e chegar a certo consenso e definir cáles deberían ser os campos onde o galego debe ser un requisito, pois aínda que sempre haberá alguén perxudicato, procúrase buscar o mellor para todos (facendo así o menor dano posible).

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor cachafeiro » sexta, 27 jun 2008, 00:30

Casdeiro:
cando digo: "Non escribo galego nos meus comentarios por unha razòn moi simple, non todos pódeno ler e entender tan facilmente como quen o fala a diario na súa casa", non son incoherente, pois se estou falando galego coa miña nai e entra unha persoa que non o entende inmediatamente falamos en castelán. Ensináronme que iso é educaciòn.

cando digo:"Sinto unha permanente divisiòn entre os galegos de Galicia e os que estamos do outro lado do charco, gústelles ou nò todos falamos castelán", refírome aos arxentinos fillos de galegos, porque se non fose asì non lle habrìan criticado a Rubi o non entendelo correctamente.

cando digo:"O que non se pode é obrigar, sinò estariamos facendo o mesmo que fixo Franco cando pohibiò falar en galego", refírome aos galegos que sabendo castelán non podian falar galego polo motivo que sexa, dentro ou fóra de Galicia. Non estou acusando, estou opinando sobre o feito de impoñer.

cando digo:"Este Foro se desarrollò para a diàspora e en paises que non falan galego", me referìa a un dos obxectivos, pídoche desculpas por ser tan especìfica e se me permites rectifícome.

En canto ao titulo:"somos todos fillos de Galicia?", é unha dúbida e non unha afirmaciòn, pero non che preocupes que seguramente é produto da miña imaginaciòn.
Como habràs visto só tratè de explicar os meus devanditos e nò a desacreditar os teus comentarios.

Alejandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor casdeiro » sexta, 27 jun 2008, 19:14

Para os que lles costa tanto entender u-la verdadeira discriminación, aconséllolles que lean o último caso que tivo que sufrir un galego: http://www.amesanl.org/noticias/noticia ... TICIA=1206

Con españois coma estes, que amosan tan pouco respecto por linguas que -seica!- son tamén españolas, como vai haber convivencia lingüística?!?

Manda carallo!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante