Documental online sobre a lingua e a xente nova

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Documental online sobre a lingua e a xente nova

Mensagempor xestor » quinta, 31 mai 2007, 08:33

Recomendo a todos a visión deste documental:

http://video.google.com/videoplay?docid ... 0169788180

"Linguas cruzadas"

Dura 49 minutos e deixa unha sensación de certo pesimismo sobre o futuro da nosa lingua. Eu pregunto... que podemos facer os galegos de fóra para loitar contra esta situación de desaparición da lingua do noso pobo?

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Documental online sobre a lingua e a xente nova

Mensagempor bershky » quinta, 31 mai 2007, 11:56

   YO ESTOY EN GALICIA, ES NORMAL APRENDER GALLEGO↑↑↑↑↑↑


Lili─Algunos amigos gallegos no les gusta que yo hable en gallego.
X─ Por que?
Lili─ No lo sé, ellos me piden que aprende castellano...
Lili─ Me parece que algunos gallegos tienen vergüenza de hablar en gallego.
X─ ...

Lili─ Vosotros teneis que usar gallego, muito máis que agora↑↑↑↑↑
      
      ( Chámome Lili, eu son coreana, teño 21 anos y vivo en Santiago de Compostela. Llevo viviendo ahora 6 meses y pico y soy estudiante de intercambio, estudo filoloxía hispánica)

zasmania
Mensagens: 31
Registado: sexta, 02 mar 2007, 22:54

Documental online sobre a lingua e a xente nova

Mensagempor zasmania » sexta, 01 jun 2007, 17:13

Xaa vira o documental e pareceume moi moi real. Mais gostei do estudante de ciencias en Santiago, acho moi coherentes as suas palabras e penso que así deberían de pensar moitos galegos para que a nosa lingua non caia en esquecemento.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Documental online sobre a lingua e a xente nova

Mensagempor bershky » sexta, 01 jun 2007, 22:31

       Grazas Admin pola achega do documental. Moi ameno.

Divina xuventude galega! Que boa xente ven detrás?
Malia a inseguridade que algúns mozos/as amosan, penso que a nosa fala, nunca gozou de tan boa saúde como agora. Claro que aínda nos falta un bo cacho , mais penso que vamos pola rúa xusta.

Fixástesvos? Os que din que son pijos, que de pijos pouco teñen?Eses ! Eses! Os castelánfalantes?Molan chorro !!. Deus ! Que acento galego lle botan o castelán?Andan como perdidos, mais eles, a pesar da lingua emprestada que falan, síntense galeguísimos. Uff! Uff!! ?
Sempre achei a miña fala, como a lingua máis doce de tódalas que coñezo, mais agora oíndo ós neofalantes, aínda me parece moito máis. Chámame moito a atención o repuoso e a entoación que os novos lle dan. Ai meu Deus! Isto si que é paixón galega!

A ver...
A realidade é que o territorio español , conta con catro linguas e culturas variadas, e non sei...Mesmo semella que non nos decatamos do gran tesouro que posuímos.
As rexións que temos a fortuna de telo noso idioma proprio, è de sentido común determinalo como lingua principal.

Estimo que sexa un gran erro, enfrentalas nosas linguas. Debemos de falar de preservalas, protexelas e normalizalas , dentro dun marco de harmonía entre as comunidades lingüísticas.
O sistema escolar español, debería de obrigalas comunidades de Galiza, catalunya e euskadi, ensinar en primeiro lugar a súa propia lingua, aparte da lingua oficial e nacional , isto como mínimo. Ás comunidades castelánfalantes, obrigarlles outra lingua nacional a elixir , aparte do castelán. Coido que sería un bo xeito de compensalo desequilibrio que sofren as nosas linguas.


Neninha, como é que dis que nós somos menos e eles son máis?
No! No! Nós somos máis e eles son menos! ;-)


      


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante