Página 1 de 3

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: sexta, 13 abr 2007, 21:08
por casdeiro
Eu estaba a me preguntar, se tomando como base o léxico que se pode atopar aínda na nosa toponimia e outras fontes arquelóxico-lingüísticas, e ollando á gramática e fonética do irlandés (gaélico) máis antigo (habida conta de que ao fin e ao cabo foron os nosos antergos os Milesians que conquistaron aquelas terras e levaron o idioma que aínda é falado alí, aínda que moi evolucionado), se podería achegar un a algo semellante ao que falaban os nosos antergos antes da chegada dos romanos.

Que opinades?

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: sexta, 13 abr 2007, 21:11
por casdeiro
Se temos en conta que as primeiras fontes do seica son do século VI, e a invasión "galega" de Eire se fixo antre o 1.400 e o 500 AC... estaríamos falando de varios séculos de evolución case totalmente independente, do goidélico que se ensinaron os nosos tatara-tatara-...avós... pero aínda así penso que gramática e máis a fonética pode que conservasen moito do idioma orixinal, non é?

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: sexta, 13 abr 2007, 21:20
por casdeiro
Ups! Corrixo os datos, parece que os galegos fomos alá hai menos tempo:

Goidelic-speaking invasion of Ireland (sometime between 500 and 100 BC).

(Fonte: )

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: quinta, 19 abr 2007, 16:48
por soadora
Casdeiro, me parece muy interesante lo que planteas! La historia y todo lo relacionado con nuestros antepasados, me atrae poderosamente. Habrá cosas que nunca podremos saber con certeza; pero, podemos aproximarnos.
Sería fantástico investigar sobre la lengua original del pueblo celta. Nos abriría toda una gama de descubrimientos en general.
Apoyo tu idea.

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: quinta, 19 abr 2007, 22:29
por mary556
Coincido con lo que expresa Soñadora. Sin dudas, muchos de nosostros pensamos igual.
Yo apoyo también lo que Manuel propone. Es un tema apasionante...es nuestra historia...

Apertas para todos os meus irm@ns!


Mary

A Coruña- Verín (Ourense)
Bariloche

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: sábado, 21 abr 2007, 12:43
por zasmania
Non quero desanimar, mais acho que é un tanto imposíbel no sentido de que nin os poucos gaélico-falantes existentes coñecen con certeza as súas orixes. Terán unha gramática, como é lóxico, mais de aí a poder explicar todas as evolucións linguísticas e demais... hai un mundo, e máis aínda o tentar poñelas en relación o galego...
Temos pegadas como ben dicides na toponimia, principalmente, mais non poderíamos chegar nin a dislumbrar un pouquiño desa a nosa antiga lingua, penso eu...
De todos os xeitos, tentarei xudar no que for preciso...

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: quarta, 02 mai 2007, 22:51
por ossian
Chegar a reconstruír aquel idioma de todo semella empresa titánica, mais unha aproximación, no grau que sexa, penso é posible.

Desde a miña perspectiva de afeccionado á etimoloxía, non de lingüísta, ocórreseme que poderíamos enceta-lo traballo por medio dun exercicio de eliminación: o que non é latín no galego ten altas posibilidades de provir daquel gaélico antigo.

Por exemplo, en sintaxe, o que dicía o noso ADMIN verbo do noso costume de respostar afirmativamente polo verbo a unha pregunta; mais tamén o gosto pola redundancia, a retranca ou o sinécdoque.

Estou certo, ademais, de que o noso acento é céltico; como sabemos ben os galegos pola nosa negativa experiencia co españo, o acento é o derradeiro elemento en desaparecer nun falante, e portanto o esteo máis sólido dunha lingua.

Coñecemos tamén a tendencia galaica por substituí-los P, K e T latinos, respectivamente polos B, G, e D, ademais da tendencia a facer cae-los -N- e -L- intervocálicos. Cómpre recordar, tamén, que empregamos sete vogais no canto de cinco.

Por derradeira, poderíamos engadir a fonética: o noso Xe actual, o Z (ts) e o J de "igreja" medievais, as dúas pronuncias do S, e, na miña opinión, a gheada (co permiso dos compañeiros que non están correctos con ela)

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: sexta, 01 jun 2007, 17:18
por zasmania
Coñecemos tamén a tendencia galaica por substituí-los P, K e T latinos, respectivamente polos B, G, e D, ademais da tendencia a facer cae-los -N- e -L- intervocálicos

Ben, iso non ten a ver co celta... no castelán até onde eu sei tamén acontece... salvo excepcións que tamén as temos no galego.Non?

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: domingo, 14 out 2007, 09:53
por chono2008
Non poderia ser que onde mais perduraria o galego preromano foran nos toponimos.
O monte mais alto do concello de Ribadeo chamase Mondigo,e en vasco que e unha lingoa preromana Monte=mendi ejemplo Mendigorria=monterojo.

Reconstruir a lingua celta dos nosos antergos

Enviado: terça, 05 fev 2008, 17:12
por casdeiro
Como xa sabemos, a toponimia é a única fonte que conservamos do que falaban os nosos antergos antes de que chegaran os romanos e perdéramos a nosa lingua. Espero que que veño de elaborar a partir do que aprendín no libro de J. Caridad Arias, vos serva e interese.