Falantes de galego en Galicia

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor xana » quinta, 22 mar 2007, 23:27

Atopei na wikipedia coa porcentaxe de falantes de galego como primeira lingua. Aleda ver tanta cor verde, pero coido que tamén é preocupante o branco das cidades. Coma sempre, o galego é "rural", para xente de aldea. :(

zasmania
Mensagens: 31
Registado: sexta, 02 mar 2007, 22:54

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor zasmania » terça, 03 abr 2007, 15:38

A min tenme acontecido nalgunha tenda m,esmo da Coruña, que se lles falas en galego unha de dúas, ou pensan que eres da aldea, ou ben un nacionalista...e non podes ser simplemente un galego na túa terra???...
Non me fío eu deste mapa...

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor xana » terça, 03 abr 2007, 19:12

zasmania Escribeu:A min tenme acontecido nalgunha tenda m,esmo da Coruña, que se lles falas en galego unha de dúas, ou pensan que eres da aldea, ou ben un nacionalista...e non podes ser simplemente un galego na túa terra???...
Non me fío eu deste mapa...

Hoxe estou moi espesiña, porque non te entendín :? Sobre o que contas da Coruña, a min tamén me ten pasado, nas cidades grandes (castelanizadas) asocian o galego co rural (ou ben co nacionalismo). Pero precisamente son as cidades as que aparecen máis branquiñas no mapa, é dicir, as que teñen menos galegofalantes como lingua materna. Onde ves a contradicción? Dende o meu punto de vista o mapa reflicte exactamente o que dis ti...

De calquera xeito, todas as gráficas, mapas, estatísticas e demais sempre se teñen que poñer en dúbida polo que implican de xeneralización, son máis unha referencia aproximada que algo no que crer ás cegas.

ccdlugo
Mensagens: 71
Registado: segunda, 31 jul 2006, 10:14

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor ccdlugo » quarta, 04 abr 2007, 09:34

Sí que da gusto ver tanta cor verde, pero se analizamos un pouco tal e como se está despoboando o rural e medrando as cidades non quere dicir que se fale máis galego.

Parece que a xente ó chegar á cidade ponse a falar castelán. O outro día mentres tomaba un café estaban dúas nais que non chegarían ós trinta dándolle a merenda ós nenos, entre elas falaban galego (moi ben por certo) pero cos nenos falaban en castelán. E esto pasa en Lugo onde se fala bastante galego na cidade.

Triste pero certo.

zasmania
Mensagens: 31
Registado: sexta, 02 mar 2007, 22:54

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor zasmania » quarta, 04 abr 2007, 12:52

Pero precisamente son as cidades as que aparecen máis branquiñas no mapa, é dicir, as que teñen menos galegofalantes como lingua materna. Onde ves a contradicción? Dende o meu punto de vista o mapa reflicte exactamente o que dis ti...


Está claro que nas cidades a presenza do galego é menor que nas vilas galegas, o meu comentario non ten a ver coa opinión sobre o mapa, simplemente se non me fío dese mapa é porque non gosto de estadísticas e mapas significativos... mais recoñezo que este pode asemellarse bastante fielmente á realidade...

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Falantes de galego en Galicia

Mensagempor xana » quarta, 04 abr 2007, 21:23

Agora xa che entendín, zasmania :D E tes razón, como xa dixen todas estas estatísticas son só aproximacións, non verdades absolutas.

E concordo totalmente con ccdlugo, sobre todo co que di de que:


tal e como se está despoboando o rural e medrando as cidades non quere dicir que se fale máis galego.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante