Página 4 de 5

Orixe da Gheada

Enviado: segunda, 09 abr 2007, 09:14
por xestor
casdeiro Escribeu:Quero apuntar que ollando causalmente a pronuncia da palabra Cailleach, de onde se supón que procede o noso nome (deusa Cailleach -> calleachi -> galleachi -> galegos), resulta que se pronuncia... con son GH final: kaliagh. Ollade (por certo, alguén debería meter unha referencia a que de aí ven os nome dos Galicians) ;-P

Se non é significativo que o nome da nosa Vella Deusa Nai, deusa que nos bautizou indirectamente grazas á costume romana de chamar ás tribos segundo o nome do seu deus principal... teña mesmo a gheada... pois xa me diredes.

Acabo de atopar entre unhas notas que tiña sobre gaélico irlandés, dunha nova pista sobre o nome da nosa deusa. Ao parecer a gheada non se limita ao K/G final senón que tamén existe constancia dunha variante que a ten na inicial, co cal daría a pensar nun inicial Ghaliagh (escrito segundo a súa pronuncia), do cal viría ghaleghos, Ghalizia / Ghalisia...


Mise Éire, sine mé ná an Chailleach Béarra.
Mór mo ghlóir, mé do rug Cúchullainn cróga
Mor mo náire, mo chlann féin do dhíol a mathair.
Mise Éire, uaigne mé ná an Chailleach Béarra.
(...)
(PADRAIG PEARSE, "Mise Éire")


Eu son Irlanda, son máis vella que a Vella de Béarra.
Grande a miña gloria, eu que dei nacemento a Cúchullainn o bravo.
Grande a miña vergonza, os meus fillos que venderon á súa nai.
Eu son Irlanda, máis solitaria cá Vella de Béarra.
(...)

Como vedes, no poema de Pearse escríbese Chailleach, é dicir, con gheada inicial e final. Interesante, nonsí? ;-)

Orixe da Gheada

Enviado: sexta, 13 abr 2007, 21:14
por casdeiro
Outra pista: non é curioso que o irlandés antigo xa tivera ese sonido? Ollade en http://en.wikipedia.org/wiki/Old_Irish

De quen o colleron, logo? Ou ben existía xa na illa cando chegaron os milesians (os nosos antergos), ou ben veulles no mesmo paquete co resto da cultura que lles levaron.

Non é algo que casa moi ben coa hipótese da orixe prerromana da gheada?

Orixe da Gheada

Enviado: sexta, 13 abr 2007, 22:14
por casdeiro
Volvendo ao tema da palabra Cailleach, quero anotar algo que acabo de atopar :

cailleach
old wife, nun, so Irish, Old Irish caillech, "veiled one"; from caille, veil, which is from the Latin pallium, cloak, English pall.

Semellan interesantes dúas cousas: por unha beira o sentido de "a do velo", porque cadra co debuxo que nos fixo a ilustradora para a prevista serie de postais e cuxo orixinal podedes ver á venda .

E por outro, que se no irlandés antigo se escribía sen esa especie de diptongo, debemos supor que estamos falando dunha pronunciación orixinal máis do tipo ghalegh que el ghaliagh que dicía eu antes, e que polo tanto ten unha consonancia maior co actual ghaleghos. Así que de castrexos a irlandeses, de romanos a galegos, aínda se conserva moi puro o nome da nosa Deusa Nai... :-)

Ah, e acabo de descubrir que as diferenzas de ás veces se escribir cha- e outras ca- é pola nasalización que acontece no goidélico segundo a vocal que vaia antes. Polo tanto ás veces dirían kalegh e outras ghalegh. Ambas as dúas son válidas, a mesma palabra (os pobres romanos debían tolear cando os escoitaban falar!) :-)

Orixe da Gheada

Enviado: segunda, 22 out 2007, 22:06
por casdeiro
Un novo apoio para a orixe prelatina da gheada en http://www.lavozdegalicia.es/cultura/20 ... 247077.htm

Antón Santamarina, ata hai pouco director do Instituto da Lingua Galega (ILG): "Díxose que a gheada é un rastro da fala anterior. É probable."

Orixe da Gheada

Enviado: quinta, 31 jan 2008, 19:57
por xosenri
Podense ouvir e ler as geadas escritas de toda a Galiza neste traballo. http://www.culturagalega.org/pruebas/an ... /index.php
"Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe". Abriúme os ollos do que está a fazer a Xunta cos meios de comunicación galegos e seus locutores de sotaque neutro normalizado e é meu apenas o texto aló das aspas. Unha aperta desde Australia onde nunca ouvin unha geada dos beizos dun irlandés, os coitados esqueceran sua vella lingua mas ao menos falan inglés con seu propio acento e axiña o escutan na meia.

Orixe da Gheada

Enviado: domingo, 03 fev 2008, 19:32
por casdeiro
Grazas, Xosenri! Xa coñecía ese traballo, é fantástico! Mágoa que non estea máis difundido. E coincido contigo na crítica á TVG. Que mágoa!!!!

Saúdos para os galegos das antípodas!!! Espero ler novas achegas túas de contado.

Orixe da Gheada

Enviado: terça, 28 abr 2009, 15:28
por casdeiro
ccdlugo Escribeu:Admin Escribeu:
supoño que irá por zonas e por capas sociolingüísticas. De que zona falas ti?

Segundo a Galipedia:

A gheada é un fenómeno estendido pola metade occidental do territorio lingüístico do galego, nas provincias da Coruña, Pontevedra, a parte máis occidental da provincia de Lugo e a metade occidental ourensá.

Eu fáloche da zona centro da provincia, e da xente q coñezo pola costa (Foz, Ribadeo) e máis na zona sur (Chantada) non falan con gheada. E na montaña luguesa tampouco.

Como ben di a Galipedia será logo na parte máis occidental da provincia nos límites coa provincia da Coruña.

Sobre aquela conversa que tiñamos acerca da gheada en Lugo hoxe achei casualmente lendo un texto de referencia a que en Vilariño (parroquia da Terra Cha próxima a Baamonde) falaban con gheada.

Orixe da Gheada

Enviado: segunda, 18 mai 2009, 09:07
por casdeiro
Ben, pois de casualidade, procurando outra cousa, ollade o que veño de atopar:

http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_En ... lic_origin

Cailleach[1]
From cailleach (pronounced [kʰaʎəx]), old woman.

...pronunciado ghalegh (en gaélico escocés). Se iso non soa a ghalegho... ;-)

Eu penso que esta comparación coas linguas gaélicas bota moitísima luz sobre:
a) a orixa da gheada
b) a orixe do noso nome como pobo e como país.

Máis sobre as posibles orixes da Gheada

Enviado: sábado, 06 dez 2014, 13:10
por casdeiro

Representación da gheada como pista da súa orixe?

Enviado: sábado, 06 dez 2014, 13:19
por casdeiro