Página 2 de 5

Tan gallego como el gallego

Enviado: quarta, 21 mar 2007, 21:31
por miro
pois eu aposto tambem polo 50%. 50% galego e 50% ingles. o galego e falado por 200 milhoes de pessoas e o ingles por 400-500 milhoes (isso contando apenas o que o tenhem como primeira lingua). assim nom ficariamos isolados. o castemhano e um dialecto do galego com influencias arabes. nom e precisso estuda-lo para compreende-lo. e umha perda de tempo.

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 09:59
por xestor
Miro Escribeu:pois eu aposto tambem polo 50%. 50% galego e 50% ingles. o galego e falado por 200 milhoes de pessoas e o ingles por 400-500 milhoes (isso contando apenas o que o tenhem como primeira lingua). assim nom ficariamos isolados. o castemhano e um dialecto do galego com influencias arabes. nom e precisso estuda-lo para compreende-lo. e umha perda de tempo.

E que tal galego + português? Ou ensinar o galego coas dúas grafías e enfocaren as semellanzas e diferenzas léxicas e gramaticais, para cun idioma poder acceder a 2? ;-)

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 10:02
por xestor
Miro Escribeu:o castemhano e um dialecto do galego com influencias arabes. nom e precisso estuda-lo para compreende-lo. e umha perda de tempo.

Eu máis ben diría que o castelán foi na súa orixe o latín que falaban os vascos! ;-) Olla ti onde naceu xeograficamente e a tremenda influencia que tivo o euskera no seu desenvolvemento (trasformación do f[/] inicial en [i]h, etc.) a efectos diferenciais con outras linguas romances.

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 12:35
por esteirana
Pois eu non tería problemas en aceptar o ensino 100% en galego, e estou dacordo en que se deberían ensinar as duas grafías. O castelán podería ser outra asignatura, o mesmo ca o inglés, ou o francés. Iso sí, con mestres preparados. Son da opinión de que os fillos deben aprender primeiro a lingua de seus pais e da súa familia antes de aprender a dos demáis, que nunca estorba, pero non por aprender a dos demáis debemos esquecer a nosa. E que conste que eu defendo a aprendizaxe de varios idiomas pero nunca a costa do noso.

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 15:26
por anavilat
Non só nos deberiamos preocupar por o ensino do galego na escola.... O meu fillo mamou o galego dende o día que naceu ainda que para seu pai é difícil falar o galego xa que sempre falou o castelán. Quixemos que o noso fillo aprendese primeiro o galego, eu faleino toda a vida e aprendin o castelán na escola... iso quero que faga Brais. Vivo en Galicia e aqui falamos en galego.... cando polo meu traballo chamo a Barcelona saudanme en catalán ata que digo que chamo dende Galicia entón cambian o castelán, eu dende entón fago o mesmo.....
Primeiro son Galega logo son Española.

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 20:43
por tino
Nací en 1961 en Santabaya do Mato, una pequella aldea, asistí a la escuela rural (tristemente desaparecidas por aquello de la alineación del pensamiento y el control en el acinamiento del populacho) y es curioso pero aprendí Galego y por supuesto Castellano.

Non sei se na escola ensinan galego na actualidade (sempre ó asunto do milagre da normalización)

Cando penso que lembro
o vento que me espantaba
nunha mañanciña tola,
cun rompente de xiada
cando coa bolsa ó lombo
marchei fóra da casa.
Axiña que abrin a porta
feriume o vento na cara.
Despedínme ó meu modo...
sen soltar media palabra,
co pensamento voando
pousándose en cada rama,
afiando en cada fonte
os fríos coitelos da auga.
Fumegaban os tellados
e soaban tristes campás.
Alguén que canso da espera,
soñando cun reencontro,
morrera na madrugada.

Es posible que escritores gallegos no estuieran de acuerdo con el GAlego empleado en la anterior poesía.
Todos ellos tambén se espresaban en Castelán.
Que viva la sensibilidad y la inteligencia.
Saludos.

Tan gallego como el gallego

Enviado: quinta, 22 mar 2007, 23:29
por xana
esteirana Escribeu:Son da opinión de que os fillos deben aprender primeiro a lingua de seus pais e da súa familia antes de aprender a dos demáis

Concordo contigo, Esteirana, en que canto máis galego se ensine na escola mellor. O que non sei se é axeitado é ese argumento de que hai que aprender a lingua dos pais, porque entón en cidades coma A Coruña, Vigo, Pontevedra... non terían por que aprender o galego. A lingua da familia é en moitos casos :P

Tan gallego como el gallego

Enviado: sexta, 23 mar 2007, 12:03
por xestor
Aquí no País Vasco escoitei o outro día algo moi curioso. O PP alavés, queixándose de que o Goberno Vasco vai reformar os modelos lingüísticos da educación, chamabanos talibáns do euskera e avogaban pola liberdade dos pais para escoller unha educación na lingua materna de cada un. Sería caralludo iso, porque daquela eu tería estudado en Euskadi... en galego! ;-D ...e agora mesmo aquí habería que poñer modelos lingüísticos en chinés, en tamazigh (berebere) ou quechua.

Tan gallego como el gallego

Enviado: sexta, 23 mar 2007, 12:13
por esteirana
E certo que en moitos casos nas cidades como Vigo, A Coruña, etc. a lingua materna dos cativos é o castelán porque o falan seus pais, pero tamén hai que preguntarse que falaban os avós ou bisavós, se sempre foron das cidades ou viñan doutros pobos... Quen cometeu o erro e lle pechou as portas ao galego? Os avós que se mudaron a cidade e lles falaron en castelán aos fillos? os bisavós? Nese caso sería bo recuperar as raíces e polo tanto a verdadeira lingua da familia. Non sei se me explico...

Tan gallego como el gallego

Enviado: sexta, 23 mar 2007, 12:19
por xana
esteirana Escribeu:E certo que en moitos casos nas cidades como Vigo, A Coruña, etc. a lingua materna dos cativos é o castelán porque o falan seus pais, pero tamén hai que preguntarse que falaban os avós ou bisavós, se sempre foron das cidades ou viñan doutros pobos... Quen cometeu o erro e lle pechou as portas ao galego? Os avós que se mudaron a cidade e lles falaron en castelán aos fillos? os bisavós? Nese caso sería bo recuperar as raíces e polo tanto a verdadeira lingua da familia. Non sei se me explico...

Perfectamente, e estou de acordo contigo :)