Página 1 de 1

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: segunda, 05 mar 2007, 16:52
por xestor
A ver, tendo a clasificación así:

1) bershky e ccdlugo: 4 puntos.
2) xannadus, cubanita e Lopez: 1 punto.

seguimos co concurso. Por certo, aviso que remataremos o mesmo coa adiviñanza nº 20, así que aínda hai 7 puntos en xogo e calquera membro de Fillos pode aínda gañar. Ánimo, sobre todo aos que aínda non vos atrevestes a participar.

Espero que publicando esta en horario de tarde poidades ter máis oportunidades un maior número de xente:

A ver quen a sabe! ;-)

Branca coma a prata,
roiba coma escarlata,
e negra coma o pez.
Se non cho digo
non acertas nun mes.

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: segunda, 05 mar 2007, 18:51
por sromero
a hulla

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: segunda, 05 mar 2007, 19:05
por bershky
     A sandía

     ;-)

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: segunda, 05 mar 2007, 19:24
por sromero
A lua? Non e que sea negra, pero cando esta en sombras non a vemos.

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: terça, 06 mar 2007, 11:01
por ccdlugo
A mora???

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: terça, 06 mar 2007, 11:09
por ccdlugo
A oliva??? (aceituna)

Concurso de adiviñanzas (XIII)

Enviado: terça, 06 mar 2007, 11:33
por xestor
Acertaches, ccdlugo: eche a mora! ;-D

Noraboa, poste á cabeza do concurso!!!!

1) ccdlugo: 5 puntos.
2) bershky: 4 puntos.
3) xannadus, cubanita e Lopez: 1 punto.