Página 1 de 1

Lingua e territorio

Enviado: terça, 27 fev 2007, 14:24
por sromero
http://www.consellodacultura.org/mediat ... itorio.pdf

Contratapa:
De acordo coa descrición comunmente
aceptada da organización das
variedades dialectais galegas, no
nivel máis básico dispóñense en bloques,
no sentido dos meridianos, e
só secundariamente en áreas, no
sentido dos paralelos. Neste volume,
titulado de forma significativa
Lingua e Territorio, bótanse novas
olladas complementarias sobre esta
disposición territorial.
Con esta obra colectiva preténdese
afondar nas orixes da organización
xeográfica das variantes lingüísticas
nunha abordaxe interdisciplinar. A
voz dos xeógrafos, historiadores,
antropólogos e xenetistas únese á
dos dialectológos, con resultados
moi interesantes que se recollen de
forma sintética no «Limiar».


Os capítulos desta obra foron previamente presentados como relatorios
no Simposio Lingua e Territorio, que tivo lugar na Universidade de
Santiago de Compostela entre o 4 de novembro e o 3 de decembro
de 2004, organizado polo ILG en colaboración co CCG. A súa celebración
foi posible mercé ao financiamento fornecido pola Secretaría
General de Política Científica y Tecnológica (Ministerio de Educación
y Ciencia), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
(Xunta de Galicia) e o Vicerreitorado de Investigación e Innovación
(Universidade de Santiago de Compostela).