Página 3 de 3

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 01:23
por sromero
Bershky, Cecilia dis que e una fada dos contos. Eu pensei o mesmo, pero non sei se nace na fraga...

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 03:37
por luciahelena
VIDA

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 03:40
por luciahelena
DIA

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 06:42
por ceciliacristinapuentes
SRomero: Eu pensei que as fadas nacen na fraga...Bershky onde hai perdices non sempre hai alegria (as comen) :'( . Pode ser música dos paxaros. Paxaros se crian na fraga e seu música nace na fraga. Onde hai música hai alegría. :P
(Santa Cecilia es patrona de la música, perdón por el castellano, pero no sé galego todavía) :-//

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 14:00
por bershky
Comen, comen, hó! Vaia si comen! : Do peixe a pescada e da carne a perdiz.

A vida è un vaivén de paradoxos. Mágoa duns, ledicia doutros!

Silvia e cecilia, vou ver se me dou explicado mellor, e saímos da zarangallada que eu mesma fixen co personaxe mitolóloxico; aínda que a resposta xusta poida ser a vosa.

?Entón,
Agora xa non tanto, pero antigamente , adoitábase comer perdiz nos grandes banquetes,( nos contos de fadas , ledicia e perdiz puñan o broche derradeiro ). Deducín que nun festín sempre hai alegría, e a perdiz, ben podía estar enriba da mesa!!!

Claro! isto non quere dicir que sexa a resposta xusta. Outra posibilidad sería o ROISEÑOR, polo seu fermoso canto, pero enton diría «por onde el vai» daquela imposible!

Humm?. Non volverá ser a CASTAÑA? Nas fragas hai moitos castiñeiros. A Castaña è a convidada principal na festa do magosto . Nunha festa sempre hai alegría?

Rapaces/as, somos casi 4000 membros! Uhna axudiña, porfiña!! Ouh!! ;-)

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: quinta, 02 nov 2006, 22:14
por sromero
E a bolboreta?

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: sexta, 03 nov 2006, 10:55
por bershky
ALBORADA

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: sexta, 03 nov 2006, 12:26
por ccdlugo
Que difícil está esta adiviña!!!

A min ocúrreseme dicir a MADEIRA.

Por outro lado como leva alegría penso nun paxaro como a ABUBILLA.

Danos algunha pista Casdeiro!!

Concurso de adiviñanzas (II)

Enviado: sexta, 03 nov 2006, 17:27
por xestor
Non hai pistas, ho! :-)

A resposta correcta era a gaita, señores, a gaita!!!! :-D

Así que damos esta por non acertada por ninguén e xannadus segue á cabeza do concurso. Proximamente, máis adiviñanzas, a ver se alguén empata con ela.