Os problemas dos lingüistas na TVG afectan ó Galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
sromero
Mensagens: 135
Registado: quarta, 24 jul 2002, 23:00

Os problemas dos lingüistas na TVG afectan ó Galego

Mensagempor sromero » quinta, 28 set 2006, 18:20

Enrique Rodriguez Alvarez desde Panama, envio el siguiente mensaje el 22/04/2002 a la lista Fillos-L:Os problemas dos lingüistas na TVG afectan ó Galego
Beatriz Guiance
(lunes 22 de abril de 2002) Xornal.com

NA TVG prescindiran dos servicios lingüísticos nas delegacións porque o galego non importa, non interesa. Se chamas por teléfono atenden en español, falar xa sabemos ben todos como o fan --uns máis que outros-- pero como xa están todos moi sabidos ³lingüistas á rúa², en fin ¡para o caso que lles facían! Por certo que as probas de dicción e cámara son en español. Por algunha delegación, digamos como exemplo a de Vigo, xa pasaran varios lingüistas aos que se lles fixera tan agradable o traballo e a estancia que
decidiran ir dar guerra a outro lado.

¡Unha marabilla! Os galegos pagamos unha televisión pública ao servicio do poder que por riba maltrata a nosa lingua e na que xa van camiño da maioría os foráneos contratados alí. Cada pobo ten os gobernantes e a televisión que se merece ¿ou non?

Moi interesante ¿verdad?

Unha aperta

Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
dende as ribeiras da canle de Panamá-Ourense
Última edição por sromero em sábado, 08 nov 2014, 21:46, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Os problemas dos lingüistas na TVG afectan ó Galego

Mensagempor xestor » segunda, 15 set 2008, 10:53

Atopei isto que tiña marcado hai tempo para volo trasmitir aquí e que me pareceu interesante para o debate acerca da importancia dun BO galego na TV pública galega:

A VOO DE TECLA
TVG desde Babel

XAVIER ALCALÁ

BRUXELAS é a Babel das linguas con que se manifestan os pobos do mosaico da Unión. Hainas mínimas, coma o esloveno ou o lituano, e máximas, coma o alemán ou o francés; reducidas ao seu recuncho, coma o checo ou o romanés, e proxectadas ao mundo, coma o portugués, o castelán e o inglés. ¿E que é o galego? Non unha lingua rexional, coma o catalán (que non ten Estado) ou o finés (que o ten). Teoricamente é unha forma minorizada de lingua proxectada por catro continentes.

Mais ¿quen o minoriza? Desde Bruxelas, vendo e oíndo a desexada TVG, cabe pensar que a minorizan os galegos, sobre todo os presentadores co seu mal exemplo. A TVG fixo vinte anos e non foi capaz de se librar da súa pexa maior: a imitación do alleante, madrileño. Ben que uniu Galicia mostrándoa toda, pero faino nunha fala feble, incapaz de enraizar co idioma vivo no pobo, ao que lles cumpría liberar de castrapismos.

Desde Bruxelas mal se entende que os galegos non defendan o idioma no que centos de millóns de persoas son capaces de definir a saudade.

Ai, se vascos e corsos, búlgaros e letóns, gregos e holandeses... tivesen ao seu dispor catro continentes para entendelos, ¡como coidarían canto dixeren fronte ás cámaras!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes