O galego da tvg

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
crissr
Mensagens: 3
Registado: segunda, 15 out 2007, 13:03

O galego da tvg

Mensagempor crissr » terça, 16 out 2007, 18:22

eu recordo un dos debuxos de castelao (que eu reproduzo.. encantame debuxar castelaos) e a ilustración eran dous rapaces falando.. e o texto dicia algo asi:
- por que che berrou hoxe o mestre?
- porque dixen ollomol na vez de dicir "ojo blando"

e seguindo co tema da "telegaita".. eu tamén son das que opina que se lles nota que son castelan falantes, escápanselles moitiñas palabras, e os guións están cheos de castelanismos e hiperenxebrismos como dicíades algun de vos. recordo presenciar en directo un "luar" xa que estaba nunha escola de baile galego, e o señor "galloso" como moitos saberedes é castelan falante, e mentres non se grava así fala. únicamente cando se encende a luz vermella da camara cambia ó galego.. é cómico..
un saúdo!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes