Página 1 de 1

V Festival Implícate

Enviado: sábado, 09 jan 2010, 12:26
por pilarmabel
Celébrase o domingo
O festival Implícate denunciará o \'problema político\' da pobreza
A escritora María Reimóndez e o actor Luís Tosar presentaron hoxe o V Festival Implícate, que se celebrará o próximo día 10 de xaneiro en Santiago de Compostela co obxectivo de recadar fondos para mulleres na India, así como para denunciar que a pobreza é \'un problema político que non se soluciona con parches ou con caridade\'.
Con esta iniciativa, levada a cabo pola ONG galega Implicadas no Desenvolvemento, búscase recadar uns 2.600 euros para habilitar un servizo de asesoría legal e apoio psicolóxico nun centro de apoio a mulleres indias. O espectáculo terá lugar no Teatro Principal e empezará ás 20h30 do domingo.
Desta maneira, Reimóndez sinalou en rolda de prensa, que esta edición vira ao redor da desigualdade de xénero e, en concreto, advertiu de que o desenvolvemento \"pode non ter lugar nunca\" xa que, segundo dixo, o 50 por cento da poboación \"vive en situación de desigual\".
Xunto a isto, a escritora avanzou que será \"unha noite especial\" na que se mestura a solidariedade \"co tempo de lecer\". Esta iniciativa leva a cabo en colaboración co Concello de Santiago e o Teatro do morcego entre outros.
Pola súa banda o actor Luís Tosar resaltou o \"gran esforzo humano\" levado a cabo para a posta en marcha dun festival que, segundo explicou, \"conta con poucas axudas institucionais\". A isto, engadiu que espera repetir as boas sensacións do ano pasado coa presenza da poetisa Iolanda Castaño, quen se encargará de presentar xunto a el a gala deste ano.
Ademais, o actor indicou que a súa participación nesta gala, en detrimento de outras, débese á filosofía de \"concienciación do local cara aos universal\" que ten, ao seu xuízo, este proxecto. Nesta liña, o actor remarcou que en ningún caso trátase de \"un compromiso\" senón de \"un luxo\" poder traballar nesta iniciativa.
Así mesmo, a ONG Implicadas no Desenvolvemento leva doce anos traballando, segundo dixo Reimóndez, cunha \"filosofía propia\" e realizou diversos proxectos en Etiopía no tres últimos anos fomentando o \"avance económico e social\" de comunidades rurais.
Artistas consagrados
Por outra banda, Tosar fixo mención aos \"artistas consagrados\" que formarán parte do evento e cos que, segundo dixo, leva anos traballando, como é o caso de Antón Reixa ou Liño Braxe.
Entre os diversos atractivos que formarán parte da gala, haberá actuacións musicais de Susana Seivane, Carmen Rei e Narf; así como un espectáculo de danza a cargo de Pisando Ovos, ou teatro da man de Candido Pazó. O prezo das entradas será de 12 euros para o público xeral e de 8 euros para os estudantes, ademais habilitarase unha fila cero en Caixa Galicia para facer as achegas que se desexen.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar