Falece Fernando Pérez-Barreiro

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Falece Fernando Pérez-Barreiro

Mensagempor pilarmabel » terça, 05 jan 2010, 12:32

Asesor do IGADI e colaborador de A Nosa Terra
Fernando Pérez-Barreiro, tradutor do chinés ao galego e analista internacional
O tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrolo 1931), Medalla Castelao no 2009, finou onte en Lancaster (Inglaterra), onde residía. A este autor débense as primeiras traducións de Shakespeare ao galego. Analista internacional, formaba parte do Consello Asesor do IGADI e colaboraba asiduamente con A Nosa Terra con artigos de análise política internacional.
Natural de Ferrol, onde naceu no 1931, Pérez-Barreiro licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e trasladouse a Londres, cidade na que traballou ao longo de toda a súa vida como realizador, redactor e locutor de programas de radio dos Servizos Exteriores da BBC para España até 1969. No seu currículo tamén figura o cargo de xefe dos Servizos de Tradución da Organización Internacional do Café (OIC) até 1993.
No ámbito académico tiña o título BA First Class Honours en Lingua e Literatura Chinesa, pola Universidade de Westminster, estudos que continuaría na Universidade do Pobo Chinés de Beijing. Como docente nos noventa ensinou tradución en cursos de postgrado da Universidade de Westminster e na Thames Valley University, tamén en cursos de formación da Facultade de Tradutores e Intérpretes da Universidade de Granada e na ISLA de Lisboa.
Fernando Pérez-Barreiro entre outras condecoracións recibiu no 2005 o Pedrón de Honra e no 2009 a Medalla Castelao de Galicia. Era correspondente da Real Academia Galega e membro de Consello Asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).
http://www.anosaterra.org/index.php?p=a ... _autor=144
A obra
Pérez-Barreiro firmou a primeira tradución de Macbeth ao galego publicada por Galaxia no 1972 e unha antoloxía da narrativa curta chinesa Flores e leña publicada por Xerais no 1982.
No 1985 gañou o Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís do Ministerio de Cultura pola súa tradución ao galego coa súa dona, Teresa Barro, de Alicia no país das marabillas (Xerais 1984) e de Lewis Carroll.
Brevario do pensamento clásico chinés, (publicado na Biblioteca Virtual Galega www.bivir.com) unha recompilación do pensamento clásico chinés con traducións de textos filosóficos serviulle para acadar o Premio Plácido Castro ex aequo con Iolanda Galanes no 2005.
Fuente: http://www.anosaterra.org
Pilar

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante