Ofrenda da Traslación e no acto de apertura da Porta Santa

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Ofrenda da Traslación e no acto de apertura da Porta Santa

Mensagempor rubi » sexta, 06 nov 2009, 16:54

O presidente da Xunta será o delegado rexio na Ofrenda da Traslación e no acto de apertura da Porta Santa.
05/11/2009 Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será o delegado rexio tanto no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo de 2009, que terá lugar o mércores 30 de decembro, como no acto de Apertura da Porta Santa, o xoves 31 de decembro.
S.M Don Juan Carlos de Borbón designou ao presidente da Xunta para actuar como delegado rexio na Misa Solemne da Ofrenda Nacional de Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago, que terá lugar na Catedral de Santiago. A cerimonia da Traslación celébrase o 30 de decembro de cada ano en recordo do lexendario traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón). A cerimonia terá lugar a partir das 11.30 h.
A última delegada rexia foi a ex-presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, que actuou de oferente na Traslación de 2008; en 2007 desempeñou esta función o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mentres que en 2006, foi o ex-presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o delegado rexio. En 2005, o Rei nomeou delegado neste acto ao xefe da súa Casa, Alberto Aza.
Alberto Núñez Feijóo será tamén o delegado rexio no acto de Apertura da Porta Santa, co que se iniciará o Ano Xubilar Compostelán 2010. Terá lugar o xoves 31 de decembro ás 16.30 horas.
Fonte: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante