TVG suprime espazo cultural 'Libro Aberto'

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

TVG suprime espazo cultural 'Libro Aberto'

Mensagempor pilarmabel » sexta, 12 jun 2009, 14:08

A nova directiva suprime o Servizo de Cultura

O programa 'Libro Aberto' desaparece da grella da TVG

Redacción . O espazo cultural 'Libro Aberto' desaparece da grella da TVG a partir do 24 de xuño, cando se emita por última vez. Segundo informa o director do espazo, Luís Rei, a nova directiva suprimiu o Servizo de Cultura, polo que quedan no aire outros programas como 'Miraxes', 'Alalá'. 'Planeta Cine', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'



Luís Rei asegura nun comunicado que ?os responsábeis da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005?, polo que queda no aire a continuidade dos programas 'Miraxes, 'Planeta Cine', 'Alalá', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'.


Polo de agora, só confirma a desaparición de 'Libro Aberto', que se emitirá por última vez o 24 de xuño. O director do programa, e até o momento responsábel da área de Cultura da compañía, lamenta que a canle pública ?perda un espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura?.

Nese tempo, emitíronse 127 programas, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; e monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte.

Ademais, 'Libro Aberto' obtivo o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e, segundo o seu responsábel, acadou unha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.

Luís Rei considera que ?pechar para sempre un espazo dedicado aos libros sería un gravísimo paso atrás?, polo que formula o desexo de que en setembro a Televisión de Galicia ?volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións?.




Fuente:http://www.anosaterra.org

Un saludo
Pilar

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

TVG suprime espazo cultural 'Libro Aberto'

Mensagempor cachafeiro » segunda, 15 jun 2009, 19:47

SEGUNDO DENUNCIA O PSdeG

O PP tamén elimina 'Onda Curta' da grella da TVG

Redacción . Despois de rematar con 'Libro Aberto', a nova directiva do PP eliminará o programa de música e curtametraxes galegos da programación, segundo denuncian os socialistas.

O PSdeG advertiu hoxe da "política anticultural" que, ao seu xuízo, pretende poñer en marcha a nova directiva da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), xa que suprimirá o servizo de Cultura do ente público.

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na comisión da CRTVG, José Luis Méndez Romeu, destacou, ademais, que esta decisión coincide co final da emisión dos programas de literatura 'Libro Aberto' e de curtametraxes e música do país 'Onda Curta'.

Segundo Méndez Romeu, estas circunstancias provocan que o resto da programación cultural se atope nunha situación de "preocupante incerteza", polo que adiantou que nos próximos días presentará unha serie de iniciativas.

Así, preguntará aos membros da nova dirección "como teñen previsto" satisfacer o papel de divulgación da cultura galega que como recordou "corresponde a un medio de comunicación público".

Ademais, demandaralles unha resposta a respecto da continuidade de programas culturais "consolidados na grella da TVG" como 'Miraxes', 'Planeta Cinema' ou 'Alalá'.

Libro Aberto

Por último, o deputado socialista lamentou que se vaia suprimir da grella un programa como 'Libro Aberto', que mantivo 127 emisións durante os catro últimos anos e realizou máis de 200 entrevistas a autores galegos.

Neste sentido, resaltou que obtivo o recoñecemento dos editores galegos (que lle outorgaron o premio 'Fernández del Riego') así como da audiencia, xa que "triplicou en número de espectadores aos programas irmáns doutras canles públicas", concluíu


http://www.anosaterra.org/nova/o-pp-tam ... a-tvg.html


Alexandra Cachafeiro Camiña

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

TVG suprime espazo cultural 'Libro Aberto'

Mensagempor pilarmabel » sábado, 05 dez 2009, 11:52

Catro traballadores perden o posto
A TVG eliminará tres programas culturais
\'Miraxes\', \'Libro Aberto\' e \'Onda Curta\' desaparecerán na grella da TVG nos próximos días, segundo informa Galicia Hoxe.
A partir de mediados deste mes, os espectadores deixarán de ver tres dos programas culturais que emite arestora a TVG. E é que o ente público galego decidiu prescindir de Miraxes a partir do 20 de decembro, Libro Aberto, a partir do 15, e Onda Curta, a partir do día 14, segundo informa o diario Galicia Hoxe.
O xornal revela que tres dos redactores fixos de Miraxes –programa que presenta as novidades nos eidos artísticos e culturais de Galiza– xa recibiron a carta de despedimento.
Polo de agora, a CRTVG non se pronunciou acerca da información publicada por Galicia Hoxe
Fuente:http://anosaterra.org
Pilar


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes