COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Mensagempor cachafeiro » terça, 17 mar 2009, 21:45

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Poñen medo aínda que a maioría son inofensivos. Algúns son temibles coma o home do saco, o sacaúntos, o cocón, mariamanta, o zampón, a Tía Xuana, o chupasangues; outros son máis amables, caso dos biosbardos, de Pedro Chosco, do cocerello ou da cozocha.

Aparicio

Farileiro. Felo. Máscara de Entroido con axóuxeres colgados da cintura; para pegarlle á xente leva un varal cun saqueto pendurado da punta cheo de cinsa, salvado ou virutas. Cando acompaña aos grupos que cantan pedindo o aguinaldo é a encargado de chamar ás portas e de tornar os nenos. Non fala pero amosa ledicia cando a xente da casa dá aguinaldo. Cando dous grupos de enmascarados se cruzan no camiño, Aparicio é o encargado de saudar facendo a venia.
É inviolable e crese que se alguén o destapa pode incluso chegar a matar a quen o faga sen que pene por iso na outra vida.
Os nenos, por facerlle rabear, cántanlle:
-Farileiro, cachafeiro, come tripas de carneiro, mal cocidas, mal lavadas, que lle corren polas barbas.

Lardeiros e Lardeiras

En Vilariño de Conso (Ourense) o Entroido comeza o Xoves de Compadres no que as mozas lles rouban pezas de roupa aos mozos para facer o Lardeiro, un moneco que colocan nun sitio de acceso complicado (árbore, balcón, pao,...). Mentres os rapaces non consigan baixalo de onde está serán motivo de burla por parte das mozas.
O xoves seguinte, o de Comadres, é ao revés. Son os mozos os que fan a Lardeira con roupa roubada ás mozas e póñena nun lugar visible pero complicado de chegar.
Na parroquia de Mones, concello de Petín (Ourense) dinlle Lardeira a unha moneca con cara de nabo, pernas de pao e vestiario de papel que se fai para o Entroido. Ponse no extremo dun varal e paséase polo medio da xente, que trata de collela, ou lévase á casa dun veciño para que este a leve á casa doutro, e este a cas doutro, e así sucesivamente.



--------------------------------------------------------------------------------

BIBLIOGRAFÍA

OTERO, Anibal, «Vocabulario de San Jorge de Piquín», Verba, Anuario gallego de Filología, anejo 8, Universidade de Santiago de Compostela, 1977.

Aínda hai moitos mais para contar....


Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Mensagempor cachafeiro » sábado, 21 mar 2009, 12:56

A lenda do dragón: A Coca

Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos que viñan ó bar dos meus pais. Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante. Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento. Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.
Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.
Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.
E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.
Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]



Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Mensagempor cachafeiro » quarta, 25 mar 2009, 23:41

A Pena dos Namorados de Arcos

Preto de Ponteareas (Pontevedra), a uns poucos metros da vella estrada de Madrid, na parroquia de Arcos, atopamos un conxunto de grandes pedras nunha curiosa disposición, coñecido popularmente como «Pena dos Namorados» ou «Penedo da Pena». Unha caprichosa escultura natural que Estanislao Fernández de la Cigoña describe nun artigo da seguinte maneira: «Sobre unha gran rocha que fai de base, mergullada entre a terra, apóiase outra enteiramente cha que serve de alicerce (A Cama) a unha terceira moito máis pequena e de figura oval: a Dama. Esta última, ten por riba unha cuarta de gran tamaño, que mide aproximadamente uns 2,5 metros, aparecendo alongada e lisa: o Cabaleiro, que a aperta contra a que fai de leito, deixando entre eles algúns espacios baldeiros á xeito de pequenas cavidades.»
A Pena dos Namorados ten a súa propia historia, de probable orixe medieval, e o seu propio rito.

A LENDA
Fálanos a lenda dos amores furtivos de Aldina e Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do Sobroso, Álvaro de Sarmiento; el, un humilde labrego que se deixou tentar por un amor imposible, segundo as comenencias sociais da época. Outras versións falan dun improbable Tristán de Abarca como señor da fortaleza construida por Pedro Madruga na Picaraña, xusto fronte ao Sobroso, enfrontado a don Álvaro por unha cuestión de lindes. En calquera caso, falamos dun amor «inconvinte».
Aldina, amazona aventaxada, acostumaba sair do castelo á caída de cada tarde co pretexto de dar un paseo a cabalo. Baixo o solpor cabalgaba pola comarca escondendo a verdadeira razón das súas saídas: o encontro co seu amado Tristán. Víanse ás agochadas no conxunto de pedras de que estamos a falar, hoxe chamado «Pena dos Namorados», afastado de olladas curiosas. Don Álvaro, intrigado polas saídas da rapaza, decátase desa luz intensa que desprende o seu mirar e quere indagar quen é o afortunado receptor do amor da súa filla, quizais algún nobre da comarca, pensa. Logo dalgunhas preguntas ao serventes coñece a verdade: o obxecto dos afagos da súa filla non é un nobre, senón un labrego. Non da creto ás informacións e decide contrastalas pola súa conta.
Ao outro día, cando Aldina fai a súa habitual escapada, don Álvaro sae tras dela a unha distancia prudencial. Vai vestido de mendigo para non erguer sospeitas, seguindo as pegadas do cabalo da súa filla. A inquedanza crece cando deduce o recuncho ao que se dirixe. Preto da Pena dos Namorados, agochado tras dunhas silveiras, don Álvaro é testemuña directa do que os seus servidores lle dicían e que el considera unha aldraxe: a súa filla en brazos dun labrego. O seu duro corazón énchese de carraxe e xura pór fin a eses amores que envilecen, segundo o seu punto de vista, a nobreza da súa casa.
Ao remate da cita, Aldina e Tristán despídense non sen antes acordar vérense de novo ao outro día. Ela sube ao seu cabalo e emprende a marcha paseniño; el míraa marchar cun sorriso nos beizos e tristura nos ollos. Xa é noite pechada. E, de súpeto, de entre as silveiras sae unha sombra ameazante. Tristán fica abraiado e don Álvaro comeza a falar. É unha voz ruda e baril, que non suplica: ordea. E ordea ao amante que se esqueza da súa filla. Ameaza a Tristán coa morte se non obedece, pero o labrego pretende facelo razoar xurando que ama a Aldina. Don Álvaro non quere escoitar as súas palabras e desenvaina a espada. Na noite, o refulxir do aceiro cega por un intre aos loitadores que se lanzan un contra o outro. O entrechocar das armas fai calar aos grilos ata que un dos corpos cae sen vida no duro e frío chan, agora enchoupado en sangue.
Don Álvaro desfoga o seu instinto nun berro arrepiante, mentres mantén a espada ensanguentada na man. Os seus ollos enchidos de carraxe ven como a Tristán se lle vai escapando a vida a borbotóns. O amante fica morto no chan e don Álvaro empúrrao contra a silveira na que el estivera agochado, e marcha.
Ao día seguinte, Aldina acude á súa cita cotiá, leda e bulideira, pero non atopa a ninguén na Pena do ...


--------------------------------------------------------------------------------

BIBLIOGRAFÍA

CARRÉ ALVARELLOS, Leandro, Las leyendas tradicionales gallegas, Espasa-Calpe, Madrid, 1983. FERNÁNDEZ, Manrique, Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas, Ponteareas, 2002.
VAQUEIRO, Vítor, Guía da Galiza máxica, Galaxia, Vigo, 1998.

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Mensagempor crisanto » quinta, 26 mar 2009, 12:25

Alexandra, gustoume esta lenda da Pena dos Namorados, espero o remate na seguinte mensaxe non tardes.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COCOS, MONSTROS E ENREDANTES DOS NENOS

Mensagempor cachafeiro » quinta, 26 mar 2009, 13:34

A miña fallida idea, Crisanto, era que alguén de decatase do erro da falta do final e publicásea.
Pero como non quería deixarche coa intriga, cóntoche o triste final da pobre Aldina.
Por certo que non é un final feliz.
Pero como hai outras versións do final da lenda, o que queira que a publique .
Bicos e apertas.





Durante días, a sua amada agarda en van no lugar adoito do encontro. Unha tarda, á hora do solpor albisca unha efixie que chega a cabalo, envurullada en vestiduras pretas. Ao primeiro non a recoñece, inda que despois se decata de que é o home a quen ama e a quen leva días agardando. Inquirindo o motivo da ausencia prolongada, obtén como resposta que a morte esnaquizara o amor que se tiñan e, en canto se afastaba, Aldina comprende que aquela efixie só era o espectro do seu amado.
Descuberto por fin o cadáver de Tristán, Aldina decidiu fecharse no castelo, onde faleceu poucos días máis tarde do que o fixera o seu mozo.



Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante