Xurdia Muiñeira

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Xurdia Muiñeira

Mensagempor bershky » quinta, 12 fev 2009, 21:34

MUIÑEIRA


Co seu señorío
dende o seu alén,
están os carballos
a decir: moi ben.
¡Xurdía muiñeira!
Antes de beilar
ninguén, xa ti estabas
tecida no ar.

Sin ti non hai pernas
que teñan idea

do que é pernear.
Sin ti non hai corpo
que encaixe no corpo,
como encaixa o vento
nas ondas do mar.
Sin ti non hai brazos
que poidan arder
nos anos millenta
do seu renascer.
Eu, no teu loubor,
tantán, tarantán,
de coiro curado
quero ser tambor.

Carballos e pinos: ¡abride
o voso espesor!
Deixade unha roda,
fungade arredor.
Ides ver as contas
que bota sin débitos
cunha labradora
o seu labrador.
Ides ver no ar
a conta ben feita
da ponla e a frol.
Camiños do ceo,
camiños do chan,
o pe vai de acordo
co pulo da man.
No medio a cintura
segura e levián
a cada virada ben sabe onde vai.
Aprende canteiro
esta fina lei:
os ollos plomada,
pico un carabel.
¡Ei, muller e home!

O santo de pedra
virouse penedo
virouse paxaro
virouse cantar,
todo foi virarse
por se revirar.
O demo pasmouse,
lembrou non sei qué
e non sei qué tanto.
Quería misar.

¡Ei, muller e home!
¿De qué terra sodes?
Si vindes de afora
quedade con nós.
Vós tendes un nome
vello e beilador,
ben se ve na frol.
Eiquí temos terra
de moita fondura
gando de bó pelo,
rego sin disputa,
mazáns e manteiga
e lume no ar.
Quedade con nós.
O voso beilar
val por escritura
¡Ei muller e home!

Números do ceo,
camiños do chan,
o pe vai de acordo
coa roita da man.
¡Xurdia muiñeira!
Antes de beilar
ninguén, xa ti estabas
escrita no ar.


Rafael Dieste ( nado no Rianxo, 1899). Foi importante escritor en español ligado á xeración do 27.

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes