CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor cachafeiro » sexta, 21 nov 2008, 18:08

Este conto mo narrò o meu pai cando eu era moi pequena.
Espero góceno tanto como eu.
Saúdos!


Je ne comprends pas
O fillo dun labrador quixo ir pra o ferrocarril. O pai cansóu aos seus amigos e metéu no ferrocarril ao fillo.

Naquel tempo, o ferrocarril aínda non tiña retretes nos coches, i a xente tiña que baixarse nas estacións pra poder facer as súas necesidades.

Un día, na estación en que estaba destinado o fillo do labrador, baixóuse tanta xente que tuveron que facer cola pra ir ao retrete; pero un francés que tamén viña no tren, en vez de poñerse á cola, foise ao medio dun montón de sacos de fariña que había no almacén.

Véuno o ferroviario e foille chamar a atención, pero o francés, como non entendía, díxolle "Je ne comprends pas".

-Bueno, hombre - contestóulle o ferrovieario-, pero porque usté non compre o pan, non vai mexar na fariña..



Alexandra Cachafeiro Camiña
Filla de Cerdedo e Campo Lameiro
Nacida en Arxentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor cachafeiro » sábado, 22 nov 2008, 20:51

Os tres irmaus

Había unha vez un pai que tiña tres fillos; un día o pai morreu e, como era moi pobre, só lle deixou ós fillos unha manta vella e pequena.
Ó chega-la noite os tres irmaus fóronse deitar e cubríronse os tres coa manta; pero como esta non chegaba pra os cubrir ós tres, estaban toda a noite puxa dun lado, puxa do outro.
Entón o maor deles cavilou de enganar ó máis pequeno e pola mañá foi onda el e díxolle:

- ¡Ai oh! ¿Sabes que podías vender a túa parte da manta?

- Eu vendo, oh, vendo. Pro ha de ser coa condición de que me hei deitar entre volos dous.

- ¡Pois xa está!

E remataron o trato. Pola noite fóronse deitar e, como acordaran, o mais pequeno deitouse entre iles dous. O pouco tempo emprincipiaron os dos lados a puxar da manta, cada un do seu lado, e o máis pequeno, moi acochadiño entre iles, non faguía máis que dicir:

-¡Coitadiño do que vende que non puxa nin estende!
¡Coitadiño do que vende que non puxa nin estende!




Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor cachafeiro » domingo, 30 nov 2008, 16:19

O BOTICARIO, O PARVO E AS MOSCAS
Un home, que tiñan por medio aparvado, entróu unha vez na botica, e díxolle ao boticario:
-¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí!
-Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso.
O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco.
O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe dicindo según as separaba:
-Esta é "mosco".
Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era moscas, todas eran "moscos". Craro, non llle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa.
Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que lle iba a mandar ao boticario.
Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel.
O boticario contestóulle:
-Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón.
-E máis a tiña - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel.




Alexandra Cachafeiro Camiña

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor latuneiro » sexta, 16 jan 2009, 17:08

Adicado a Cachafeiro:

Seica chegou un paisano a unha casa a hora de xantar, e viña derrotado por a facenda d´aquel día.
Enton os patrones da casa algo contrariados dixeronlle ao ver que non marchaba:
-Ay paisano? comiches?-
O home por vergoña dixo:
-Si. Un pouco de touciño mais un anaco de pan-
Estos contestaronlle:
-Arrecarai... Podias haber comido eiqui!. Agora xa nada!-
O día despois o paisano pensou:
-Isto non s´a derrepetire mais-
E cando cheguo a misma casa e atoupou sitio en que sentar cerca da lareira; Os patrós o ver que non marchaba preguntaronlle:
-Ay paisano? Comiches?-
O paisano contestou:
-Ainda non-
Ento eles como fogetes contestaronlle:
-Ay cona! Pois marcha correndo que vaisete facer tarde e vas xuntar o xantar ca cea.-
-Tampouco bebin-
-De cara a tua casa tes unha fonte cun auga sanadora e fresca.
Mira que ben che ben, estás de sorte paisano.-

Popular.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor cachafeiro » sexta, 16 jan 2009, 17:33

Moitas grazas Latuneiro!!! :D

Estes son os contos que fan á idiosincrasia do galego, picardía e retranca.

É unha gran alegría terche en fillos.

Benvido!!!!!!!!!!



Alexandra Cachafeiro Camiña
Filla de Cerdedo e Campo Lameiro
Nacida en Arxentina

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor latuneiro » sábado, 17 jan 2009, 07:40

Seica n´unha aldea de A Coruña habia un vello tan preto, tan preto que cando morreu deixou moitos cartos.
Os fillos que recibiron sempre mala vida, disto non coñecian nada. Sempre pensaron que o pai era pobre.

Mais a hora de morrer, o vello que era tan ruin;
Pidiulle ao Cura de baixiño,que lle meteran na caixa,unhos cartiños que tiña gardados na leira baixo unha pedra. E que seica habianlle costado moito traballo aforrar.

O Cura deu a orde:
-A este hombre hay que cumplirle su última voluntad:
Debeis ir a la huerta y sacar bajo de una piedra un poco de dinero que a vuestro padre le ha costado mucho sudor ahorrar.
Y despues metérselo en la caja para que vaya en paz y llegue más rápido al cielo.-

Os fillos que d´aquelo non sabian nada; Cando viron tal cantidade de diñeiro quedaron aterrados.

E a hora do enterramento o cura mandou meter os cartos na caixa.
Mais os fillos dixeronlle ao tempo que lle mostraban os cartos:
-Ay Padre? E non pensa que e millor mandalo cun Pagaré?
Deste xeito chegará mais axiña xa que leva menos peso!.
E marchará mais tranquilo, xa que si o perde ningen llo pode cobrar!-

O Cura ao ver aquel feixe de cartos dixo mirando o ceo:
Deixade, deixade o pagaré!
Tenche boa dubeda, que alo vai a papo cheo.

Deixar, deixarlle o pagaré!
Hermano, que en Gloria esté.


Popular.

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor latuneiro » quarta, 21 jan 2009, 17:44

Fai frio en Inlaterra!

Fai moitos anos, un paisano de Muros marchou a Inglaterra a gañar o pan.
Os veciños que d´alí voltaban, aconsellarono ben, dicindolle que non preocupara. Alí había moitos Españoles e algún que outro galego. Así que en calquer corruncho podria falar o castelan.

O home cando chegou alí, quedou embelesado por tanta modernidade.
E empezou a dar tantas voltas, e mais voltas por as ruas de London, que pasouselle a hora de buscar pousada.

O darse conta de esto pensou:
-Arrecarralla! E ajora que vuo faser? Nesta aldea sonche como jaliñas, e falan todos do reveis.-

Enton, non lle quedou outra que pasar a noite baixo d´unha ponte, acurrucadiño como puido.

A maña moi cedo, cando saliu d´abaixo da ponte, atoupou un home que lle dixo:
-Hello!- (Jelou)

O que o paisano contestou, moi contento de atoupar algen que falara ben:

-Mire señor injles: JELAR, NON JELOU. PERO FIXO UN FRIO....-


Un saludo a los de Muros.

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor latuneiro » sábado, 24 jan 2009, 00:20

JURE USTED!

N´unha aldea cahamada Sta. María, habia un home que fora testigo d únha pelexa.
Así que foi buscalo a Guardia Civíl para ír de testigo ao xulgado.

O home, cando chegou o día púxose as millores roupas que tiña. E incluso lavou a cara.
Un veciño que decia ser moi listo porque fixera o servicio na capital díxolle:
-Ti faime caso. Cala cando non sepas que falar, dalle a razón o Xuez en todo. Si che ven decir as cousas con seguridade non hay problema. Alto e claro. Nos lles leves a contra.-
Volveuno tolo con tanta endormina...

O caso e que cando cheguo alí , fixerono pasar o estrado.
O paisano, que nunca en tal cousa se vira, estaba atacadiño dos nervios, mentras pensaba nos consellos que o seu veciño o listo lle dera.

O alguacil dille:
-¿Jura usted decír; La verdad, toda la verdad, y nada más que la verdad?-
E o paisano que non sabe que decír, cala.

-Repítaselo de nuevo- Dille o Xuez ao alguacíl.
-¿Jura usted, sobre las sagradas escrituras... Decír toda la verdad y nada más que la verdad?-

E o paisano cala.

O alguacíl volvelle a repetír:
-¿Jura usted decír...?-
-¡Jure usted hombre!- Cortalle o Xuez ao alguacil.

-MECAGONACONAQUETEFIXO!-
Berroulle o de Sta. María.

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor latuneiro » terça, 27 jan 2009, 01:08

O Demo e o galego.

Cheguo o demo a Galicia e como en todas partes decidiu demostrar o forte listo que era. Mais non dou de conta que atoupou con un galego. Era Pedriño.

O demo fixo negocios con Pedriño, e botaron unha leira de patacas. Cando chegou o tempo de arrincalas Pedriño dispusoxe a repartír as ganancias, e propuxolle o Demo ser o primeiro en escoller que parte das patacas queria:
As raices ou os chanteiros.
O demo, o ver tal patacal tan verde e frondoso, pareceulle que o millor da pataca serían os chanteiros.
Pedriño, logo,escolleu moi satisfeito as raices.
Mais cando o demo quixo dar de conta, nada poido facer. Pedriño deralle a escoller.

Decidiron mais tarde, sembrar unha terra de centeo.
Cando era epoca da recolleita, xuntaronse de novo.
Mais esta vez correspondialle a Pedro ser o primeiro en escoller. Pero o demo pediulle a posibilidade descoller de novo. Pedriño aceptou.

O Trasno escaldado polo primeiro fracaso, viu a ocasión de darlle a o galego nos fuciños, e tomou as raices.
Pedriño quedou co gran e as espigas.

-DEMO DE GALEGO!- Pensaba o diaño. (Nunca millor dito)
Vendo o Trasno que por ese camiño non podia co revoltoso do galego,retouno a forza.
Así que propuxolle logo, acercarse hasta a ponte e ver alí quen era capaz de botar o outro ao río.
Unha vez alí colleu o demo polo pezcozo a Pedriño e empezou a apretar con todas as suas forzas, recordando a que lle fixera cas patacas e mais co centeo.

O home a punto de afogar xa remexia os ollos.Enton o demo preguntoulle:
-Por que remexas tanto os ollos galego?-
E Pedriño respondeu casi sin alento:
-E que non sei si botarte por esta carón da ponte ou pola outra!-

O demo, ao escoitar aquelo, colleu medo tal que marchou correndo.

Alguns din que ao galego revoltoso, nin o Demo o quere.

Será que lle ten medo?

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

CONTOS GALEGOS!!!!( dos bos)

Mensagempor crisanto » quinta, 29 jan 2009, 22:14

Hai uns días que lin este conto galego e gustome moito pola súa imaxinación e pala risas que me fillo botar, arranxeille un pouquiño a linguaxe segundo o galego normativo, i esto foi o que quedou.

A Galiña Peregrina

Foi unha noite do día de Santiago. Na praza do Obradoiro esmorecían os últimos ecos dos fogos de lucería en honor do Santo. Unha marea de xente serpeaba polas rúas da cidade deixando a praza solitaria e magnífica. Entón, como cada ano xacobeo, as pedras da catedral espreguizábanse dun soño vello e antigo e na intimidade da noite as figuras do Pórtico da Gloria, cobran vida.
Hai un son confuso e agudo de cordas tensadas. Os 24 anciáns do arco central afinan os seus instrumentos, balorentos polo longo silencio de chuvias persistentes...
?¡Atchísssssss! ?espirrou un tanxedor de viola.
Dende o outro extremo do arco respóndelle un ancián que abraza a arpa:
?Deberías coidarte. Non vaia ser que te colla o mal da pedra.
?Ou non ?responde o primeiro?. O fume do botafumeiro que se me mete polo nariz. Non
vou afacerme nunca.
Pouco a pouco tódolos instrumentos van recuperando o seu harmónico dicir e unha grave melodía anega a friaxe do templo.
Na parte superior das columnas, santos e profetas conversan distendidos uns cos outros.
Os anxos baten as ás entumecidas trala quietude. Nos capiteis, dragóns, leóns e aves monstruosas latexan lentamente emitindo sons roucos e apagados. Só o Apóstolo permanece inmóbil. Apoiado no seu caxato, vai pechando as pálpebras. Arrolado pola música e o runrún das voces abandónase nun soño reparador. Hoxe foi un día duro. Moitas visitas, peticións; tantos soños e angurias que os peregrinos depositan nos ombros deste Santo cativeiro.
Nas basas, soportando o peso do Pórtico con outras feras, un oso farfalla:
?¡Moita leria os de aí enriba! Mais se non fose por nós que termamos de vós, iades todos
tomar vento.
Ninguén repara nas arroutadas da besta.
Cadaquén vai o seu. Santiago ronca con sutís asubíos. San Pablo arquexa as cellas e move a cabeza, porque non se pode concentrar na lectura.
De súpeto o portón da catedral renxe sobre as súas bisagras. Alguén se achega. Todos gardan silencio. No Pórtico irrompe unha galiña case branca. Ten un aspecto lamentable; as patas inzadas de bochas sanguentas e as plumas da cola chamuscadas. A galiña avanza sixilosa. Dúas centas olladas furtivas seguen dende as alturas os seus pasos diminutos.
?¡Señor Santiago! ¡Ei, Señor Santiago!
San Pedro rompe o seu mutismo e co rostro irado dille:
?¡Chssssssss! ¿Non ves que Santiago está a durmir?
?¡Vaia ho! ?responde a galiña. E abaixa a cabeza, contrariada.
San Xoán con falas bondadosas pregúntalle:
?¿Que é o que queres?
?Falar con el. É un asunto persoal. Fixen unha longa viaxe para velo.
?¿E como te chamas?
?Galiña ?responde ela.
San Xoán consulta no seu libro de visitas e dille:
?Ben cho sinto, pero aquí non figura ninguén con ese nome.
?¡Vaia, ho! ?responde ela.
Daniel dende o outro lado pregunta:
?¿Vés de moi lonxe?
?Da Rioxa, de Santo Domingo...
?¿De veras? ?insiste Daniel?. ¿Non serás ti a galiña de Santo Domingo da Calzada?
?A mesma ?responde ela.
?¡Oooooooooooh! ?no Pórtico todos falan á vez. Están sorprendidos pola visita de tan
particular peregrina.
?¿O que? ?pregúntalle a Daniel o vello Xeremías, que está un pouco xordo e
desmemoriado.
?A galiña do milagre, ¿non se acorda?
O velliño nega coa cabeza. Daniel levanta a voz e dille á orella: "Viñan tres peregrinos alemáns a Santiago e ó pasar por Santo Domingo foron durmir nunha fonda. O dono, que era moi ruín, meteulle unha copa de ouro no saquete do fillo e pola mañá foino acusar á xustiza por ladrón. Prendérono e mandárono aforcar. Os pais marcharon moi tristes a Santiago e á volta comprobaron que o fillo, pendurado da corda, aínda estaba vivo. O xuíz non lles deu creto e comentou burlón:
?O voso fillo está tan vivo como esta galiña asada que estou a piques de comer.
Entón a galiña incorporouse da fonte e cantou: "¡cocorocó!"
?¡Xa me lembro! ?dixo Xeremías?, por iso se di:

Santo Domingo da Calzada,
onde a galiña cantou
despois de asada

?¿Pero ti non estabas nunha gaiola dentro da catedral de Santo Domingo?
?Estar estaba ?respondeu a galiña?. Pero fuxín.
No interior da catedral resoou unha voz magoenta:
?¿Non podedes falar baixo? ¡Vaime estalar a cabeza!
A galiña entornou os ollos con curiosidade.
?¡Pobriño! ?explicoulle Daniel?. É Mateu, o Santo dos croques. Tódolos que veñen á
catedral deron na teima de pegarlle cabezadas...
Un anxo botouse a voar e foille dar unhas fregas de á nos croquiños do home. Daniel retomou a conversa:
?É unha viaxe moi longa para unha galiña ?dixo.
?¡Ou si! ?respondeu ela?. E perigosa. Coches, coches, moitos coches; cans ceibes.
Algún lampantín que me quería para facer caldo. O peor foi no Cebreiro, cos lobos, ¿ti
sabes? ¡Oi eses fulanos! Só de mentalos revíranseme as plumas. Pero gracias a unha
peregrina francesa que me meteu na súa mochila e me trouxo ata eiquí. Entender non
nos entendiamos; ela dicíame "ma pul", pero penso que non era con mala intención. Eu
agradecida púñalle un ovo tódolos días...
A galiña interrompeu a conversa, mirounos a todos e dixo:
?Eu teño que falar co Santo. É moi importante para min.
?Non sei se será posible ?engadiu San Xoán?. Nunca se deu o caso de que atendese a
unha galiña, aínda que sexa a do milagre.
San Pedro, que é un santo rabechudo e mexeriqueiro, berrou facendo bater as chaves no aire:
?¡A quen se lle conte! ¡A ver se pensas que eu teño as chaves dun galiñeiro! ¿Onde tal se
viu? ¡A señora galiña quere ir ó ceo!
No Pórtico montouse un rebumbio de moito coidado. Todos falaban, opinaban, discutían; que se merecía tratamento de peregrina..., que se non pasaba de bicho aventureiro... Non había acordo. A cousa íase caldeando por momentos.
Un dos leóns asoballados polo peso do Pórtico, con fame de mil anos, alongou a pouta e agarrou a galiña polo gañote. Esta emitiu un cacarexo afogado que ninguén escoitou, ensumidos como estaban na liorta dialéctica de se as galiñas tiñan alma ou non. Cando a fera estaba a piques de engulipar a súa presa, un dos anxos trompetistas chamou a atención dos presentes soprando ata quedar sen folgos:
?¡¡¡TURURÚUUUUUUUUUU!!!
O Apóstolo pegou un chimpo no seu asento e espertou asustado:
?¡Que está a pasar! ¿Acabouse o mundo?
Entón decatouse do que ocorría e berrou con autoridade:
?¡León! ¡Para quieto! Iso non está ben.
A fera ruxiu, soltou a galiña e agachouse roñando baixo a columna.
A pobre da pita arfaba esparrallada no chan. Pouco a pouco foise recuperando e exclamou:
?Un pouco máis e non o conto...
?E ben... ?preguntou o Apóstolo que durmía cun ollo aberto?. ¿Que é o que me tiñas que
dicir?
A galiña acovardouse un pouco. Así e todo foi quen de dicir:
?Verá, señor... Eu... pois... Que está moi ben que vostede salvase daquela ó peregrino
inocente, mais a min... A min sen ter cometido ningún mal feito engaioláronme de por vida
nunha catedral para lembrarlle a todos o seu milagre.
Señor, as velas acesas non son o sol. Os cantos sagrados non falan do rumor do vento e
da chuvia no inverno...
Arriba de todo, no arco central, os músicos remexíanse inquedos nos seus asentos. O ancián que sostiña o organistrum preguntoulle o compañeiro:
?¿Que foi o que dixo?
?Que non lle gusta a música ?respondeulle o outro incrédulo.
?¡Non tal! ?dixo a galiña?. Claro que me gusta o que tocades, mais no encerro ata o
máis fermoso resulta o mais triste do mundo. Non sei se me entendedes...
Santiago asentiu e indicoulle que continuase. Ela dixo:
?Señor Santiago, eu xa son moi vella e pouco tempo me queda de vida. Ó mellor resulta
que as galiñas non temos alma e non hai un ceo para nós, nin tan sequera un curral limpo
e soleado. Verá... Eu quería pedirlle unha cousa. Aínda que fose por un instantiño, por
ver o que é...
¡Eu quería voar!
De novo alporizouse todo o Pórtico.
?¡Oooooooh!
?¡O que me quedaba por oír! ?refungou o santo das chaves.
Unha das aguias soltou unha burlona gargallada que resoou en todo o templo. A galiña ruborizouse e abaixou o peteiro avergoñada.
Aquela noite bailaron as bágoas nos ollos das pedras. A máis dun santo se lle fixo un nó na gorxa.
Santiago pediu silencio batendo co seu caxato no chan. Inclinou a cabeza e as ás da galiña comezaron a remexerse: ¡tlap, tlap, tlap!, a axitarse nun movemento incontrolado ata que esta se atopou suspendida no aire. ¡Oooooooooooh! A galiña estreou o seu voo torpe polo interior da catedral dando cacarexos novos de alegría. Voou ata o Apóstolo, anicouse no seu colo e este acariñoulle a crista. Viron como se alonxaba voando coma unha pomba gorda pola Praza do Obradoiro. Seguírona cos ollos emocionados ata que se perdeu por riba do Pazo de Raxoi, por riba dos tellados da cidade de Santiago de Compostela. ¡Que teñas sorte, irmá galiña!
Coa primeira luz do abrente as figuras do Pórtico arroupáronse de novo baixo o teso manto de pedra labrada. Foron calando os instrumentos, os murmurios, o bramido monótono das bestas. Só se escoitaba o repique do cicel do mestre Mateu gravando no pergameo do Apóstolo a seguinte lenda:
Logo de feito o camiño
a galiña voou
cal paxariño

Cando tivo rematado o traballo, Mateu dirixiuse ó Apóstolo:
?Señor Santiago, se fai que as galiñas voen, ¿non podería a min poñerme nun altiño, onde
ninguén me pegue crocadas?
?Xa falaremos, Mateu. Xa falaremos ?respondeu Santiago.
Mateu marchou amoucado a ocupar o seu lugar no templo. Ía rosmando polo baixo:
?Xa falaremos, xa falaremos. Leva dicíndome o mesmo dende hai 800 anos...; que xa
falaremos. ¡Cachis nos pelouros!
A Daniel pegoulle a risa e mirou para outro lado. Unha raiola de sol petrificou por sempre o xesto retranqueiro do profeta.


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes