Os Alalás: a musica máis ancestral de Galicia

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Os Alalás: a musica máis ancestral de Galicia

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 26 out 2008, 04:53

Mónica Suárez Groba desde Argentina, envió este mensaje el día 22/12/01 a la lista Fillos-L:OS ALALÁS: a musica máis ancestral de Galicia

Os Alalás son os cantos considerados máis antigos, enxebres e máis caracteristicos da musica tradicional galega. Esquecidos durante anos, preservados pola tradicion oral e a sabedoria popular, o seu tesouro comezou a ser recuperado e dignificado por poetas e musicos no pasado seculo...
Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra" foi un grande compilador e intérprete de alalás.

A orixe dos alalás
A orixe do alalás, e a súa relación con outras formas musicais, en particular coa musica liturxica, atraeron a atencion dos musicologos durante os dous ultimos séculos. Propuxéronse numerosas teorias, pero o certo e que a orixe destes cantos vai unido o da identidade galega, e esvaécese na antiguidade.

A utilización dos alalás coma un simbolo da identidade nacional galega fai esquecer con frecuencia que tamén presentan innegables similitudes con outros cantos de culturas cercanas (como os de Castela, Al-Andalus, Magreb).
Aínda que os poetas do "rexurdimento" asimilaron a Galicia e Lusitania coas aldeas celtas, as formas musicais galegas, e en concreto os alalás, comparten moitas similitudes con outros cantos arritmicos, e non precisamente os de Irlanda ou Escocia.

Hai enormes diferencias entre o noroeste peninsular, sometido a multiples influencias prerromanas, grecorromanas, xermanicas, arabes ou europeas chegadas a traves de a via Xacobea, e as Illas Britanicas, con un substrato celta mais enxebre, matizado escasamente por romanos ou viquingos, e posteriormente polo contacto con Europa.

A pesar de que hai en Galicia unha base celtica innegable, as nosas foliadas ou xotas estan mais emparentadas cos fandangos que cos os reels!. Asi, os nosos cantos arritmicos seméllanse a certoscantos casteláns ou andaluces, mais que as ¡Pibroch Escocesas!.

Moitos autores sinalaron como fonte de inspiracion dos alalás a musica relixiosa, concretamente o ¡Canto Gregoriano!, e esta é a idea mais aceitada. Algúns autores do seculo XIX, aseguran cos alalás foron traidos a Galicia polos fenicios, que os cantaban nas súas naves para acompañar a remada, e chamábanos "alelohuias".

Outros autores quixeron ver unha orixe grega para os alalás. Mais a teoria mais aceitada é que a aldea copiou ou adaptou para os seus cantos formas musicais que escoitaba na liturxia.
Santiago Tafall, que foi un importante musicologo, e mestre da capela da catedral compostela a principios do século XX, comparou detidamente os alalás co Canto Gregoriano. Os alalás recollidos por Casto Sampedro no seu ¡Cancioneiro! son un perfecto exemplo. Podemos consultar estas partituras, establecer curiosas comparacions e atopar moitas moi similares os modos gregorianos.

Con pequenas modificacions, o alala transformouse noutros cantos tan populares como el mesmo: os cantares de arrieiro, os cantos de cegos, os cantos de oficio e profesion, moitos cantos de Nadal, como os de Reis, entre moitos outros. De todos eles hai que destacar os cantos de arrieiro, moi semellantes os alalás, interpretados ¡a capella! e que son moi emotivos e fermosos. Os arrieiros eran individuos que vivian a soidade dos camiños, e en xeral eran moi apreciados, porque podian exercer funcions de correo ou de mensaxeiros, debido a súa constante mobilidade.

Caracteristicas musicais dos alalás:

Os alalás son cantos arritmicos, baseados na repeticion dun tema corto, separadas estas repeticions por fraseos instrumentais, ou cantados sen palabras. No século XX popularizouse a gaita como instrumento ponte en os alalás, debido a influencia de Feijoo. A melodia acaba nunha cadencia conclusiva, que acostuma estar composta polas mesmas notas do principio, pero e alongada e substituida ata a súa extincion, unha caracteristica moi propia dos alalás. A letra son sempre versos octosilabos, rimando en cuarteto sen retrouso. A mensaxe da letra e variable, pero non hai de conter burlas, aldraxes, ou palabras malsoantes... senon que e un canto serio e respectuoso

Os instrumentos utilizados para acompañar a voz humana nos alalás son a gaita e en ocasions a percusion. Esa e na maneira en que Feijoo popularizou estes cantos por todo o mundo. A zanfona tocada polos cegos mendicantes en Galicia ata os anos 50 e tamén un instrumento que acompañou os alalás e o seu son calido e misterioso complementase de maneira especial coa voz humana.

Os alalás como simbolo nacional: a súa identificacion con Galicia

Se e certo ca musica tradicional pode falar acerca da natureza dunha aldea, non hai dúbida de cos alalás representan a identidade mesma de Galicia. Estes cantos foron o eco dos galegos o longo dos séculos, e foron adoptados polos poetas do "rexurdimento", os ideologos do proto-nacionalismo e os musicos da "Belle epoque", xunto coa gaita, como simbolos da rexeneración da nacion galega. O seu desexo foi unir os galegos en torno os simbolos da súa autoidentificacion.

Segundo as palabras de Feijoo: "que en Galicia se escoite unha oracion de harmonias, mantedora do lume sagrado. Que o noso cancioneiro sexa o libro único onde as almas galegas aprendan a ler os seus propios sentimentos, os seus propios emociones"

Os alalás son a cancion dunha nai o seu fillo, o laio dos emigrados, a cancion dos traballadores da terra, o dor e pobreza da atavica sociedade rural galega, o orgullo dos bardos, as palabras de amor dos namorados, e por encima de todo, a expresion da saudade que tanto caracteriza a nosa forma de ser.

Case adiantada polo prezo do progreso e a globalizacion, a cultura musical galega dorme no noso inconsciente colectivo. A preservacio dos alalás e tamén a preservacion do noso legado cultural.

Xunto coa lingua galega, o alalá constitue a mesma esencia da nosa identidade...
**********************************

BIBLIOGRAFIA CONSULTADA:
"Etnografía Galega". Xesús Taboada Chivite, Editorial Galaxia
"Musica folclorica galega". Xosé Casal. Inespal SA.

**********************************
Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Mónica Beatriz Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 6 visitantes