A Lenda de San Andres de Teixido

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Lenda de San Andres de Teixido

Mensagempor cachafeiro » sábado, 25 out 2008, 17:12

San Andrés de Teixido


O santuario de San Andrés de Teixido, un dos mais famosos de Galicia, atópase na Parroquia de Santa María de Regoa, concello de Cedeira.
Cando Noso Señor andaba polo mundo xunto con San Pedro, chegóu unha vez a Teixido, e iban tan cansos e tan ardidos de sede, sin poderen atopar auga ningunha pra beber, que Noso Señor pidéu axuda ó ceo, e o ceo mandoulle unha mazá, e ó partila en dúas pra comela, no medio da mazá, atópou a San Andrés, quen se laiou de que ao seu santuario ían moi poucas persoas, embora ser santo milagreiro, en canto a Santiago eran milleiros os que asistían. (Sobre esta rivalidade ou ciumes entre Santo André e Santiago, teñen falado varios autores, onde André representa o pobo, a tradición, o elemento autóctono, o agachado e o paganismo; Santiago, ás avesas, o cabaleiro, a invasión, o oficial e a ortodoxia.)

Naquel lugar, Cristo, despois de facer ninxir unha fonte, fíxolle a promesa de que ninguén habería de entrar no ceo sen visitar antes o santuario.


"Quédate aquí, santo André
que de vivos ou de mortos
todos te virán a ver."
Deiquí vén o dito: "A san Andrés de Teixido, vai de morto que non foi de vivo". Así, a os bechos -cobras, lagartos, etc.- que se atopan no camiño non se lles pode facer mal ningún: son almas dos que en vida non fixeron a romaxe, e que toman esas figuras pra cumprila. Pero non somentes poden cumplir esta obriga collendo a forma dun animal:


"Van uns mozos de romaxe a San Andrés de Teixido. No camiño atopan unha caveira, un deles dálle un puntapé e os outros animados polo exemplo, axudan, levándoa deste xeito ate preto do Santuario. Cando xa non lles falta moito para chegar ó cabo da súa excursión, un dos peregrinos di de deixala; pero contesta outro compañeiro:
-Xa que queda pouc camiño, levémola ata alá, e inda podemos convidala a comer connosco.
Chegan a San Andrés; e alí a caveira tórnase por completo en cabeza de cristián agradecendo aos tres mozos que a levaran até o lugar santo, axudándoo a facer a peregrinaxe que non fixera en vida"





Santuario de San André.Teixido


Cómpre sinalar tamén a romaxe que fan algúns vivos acompañados do espírito dun parente morto. A viaxe organízase por non ter cumprido o morto o ofrecemento que fixera en vida. Os vivos van á sepultura onde o morto está enterrado e avísano de que van a cumprir a promesa. Proceden con el de idéntica maneira que o faría un mozo de cego co invidente a quen conduce, xa que o morto, aségurase, escoita, mais non ve, de tal xeito que cómpre orientalo, avisalo de posíbeis perigos e comunicarlle, ao cabo, a chegada ao santuario.
Antigamente, os romeiros soían levar un hábito especial, sorte de longa camisa branca con cenefas de coores formando listas, ondas ou meandros, unhas veces cinguida pola cintura, outras solta. Moitos levaban tamén gaitas, pandeiros e outros instrumentos, e ían tocando e cantando pra aliviaren a camiñata e, nalgúns puntos do camiño, depositaban pedras que ían facendo medrar milladoiros .


No adro medra a herba que se coñoce co nome de herba de namorar de excelentes propiedades casamenteiras.



A fonte de Santo André, situada a escasa distancia do santuario e á que certos autores chaman a fonte da morte e da vida , desempeña funcións adiviñatorias. Nesta fonte, da que a tradición sinala que o caudal que deita é rigororosamente constante, se se bota unha migalla de pan, ao tempo que se pensa nun desexo, pódese coñecer se este se verá satisfeito. Se aboia, o desexo cumprirase; se vai ao fondo, non. Igualmente a fonte pode informar verbo da duración da vida (se a migalla a aboia, o peregrino ten a garantía de voltar outra vez o santuario, mais se vai ao fondo, é signo infalíbel que haberá de morrer dentro do mesmo ano).
Se ollamos para o océano albiscaremos á nosa dereita uns illotes que son as illas Gabeiras, ou Pena Gabeira. A mais grande das tres é a que chaman a barca de Santo André, que, segundo a lenda, chegou a estes lugares nunha barca que despois virou pedra.

Debaixo da Fonte das Virtudes existen tres olas: unha está ateigada de ouro, outra de prata e outra de arsénico. Se un destapa calquera das dúas primeiras, fica rico; se a terceira, morre decontado por culpa do veleno.

No cume dun monte situado nos arredores, existe un penedo do que se di que é quen de xerar treboadas.

Sinala a tradición que a estes lugares, dos que se di que foron os derradeiros en toda Galiza en apertaren o cristianismo, e onde se teñen atopado unha chea de supervivencias de ritos pagáns, da maor parte dos cuales non hai máis indicio da súa usanza na nosa Terra, chegou Lanzarote fuxindo de Bretaña en compaña dun can de tan enormes dimensións que a xente tiña moito medo e chamábanlle o can grande. Dise que os primeiros animais estranxeiros que houbo nestes lugares foron mesmamente, os que trouxo Lanzarote.

http://www.geocities.com/avelainha/andre.htm

Grazas ao video que publicò Sromero puiden coñecer este fermoso lugar de galicia e allì escoite a frase de "que quen non coñece San Andrés de Teixido en vida coñecerao unha vez morto", e me interesò saber a lenda.
Espero gòstelles.
Saúdos

Alexandra Cachafeiro Camiña

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

A Lenda de San Andres de Teixido

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 26 out 2008, 02:43

Grazas ao video que publicò Sromero puiden coñecer este fermoso lugar de galicia e allì escoite a frase de "que quen non coñece San Andrés de Teixido en vida coñecerao unha vez morto", e me interesò saber a lenda.
Espero gòstelles.
Saúdos
Alexandra Cachafeiro Camiña


Querida Alexandra:

¡Que bueno que hayas compartido con nosotros algo más sobre A Lenda de San Andres de Teixido!

Ya teníamos algunas publicaciones sobre el tema, en mensajes de Monabell Freire
http://www.fillos.org/galicia/index.php ... ht=teixido

y de Anavilat
http://www.fillos.org/galicia/index.php ... de+teixido

y lo que has publicado complementa esos mensajes.
¡Gracias también a sromero por su valioso aporte!

Un abrazo,
Sandra

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Lenda de San Andres de Teixido

Mensagempor cachafeiro » segunda, 27 out 2008, 18:16



Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes