Portugal e o patrimonio

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Portugal e o patrimonio

Mensagempor casdeiro » terça, 21 out 2008, 07:22

É decepcionante ver que o goberno portugués considera máis súa a dieta mediterránea (que en todo caso correspondería á parte Sul do país, xa que no norte o que hai, como en Galiza é a dieta atlántica, que fai unha parte máis do noso patrimonio inmaterial) que o patrimonio que comparten cos galegos.

Manda carallo! :x

PONTE...NAS ONDAS! RECOÑECERÁ AOS PORTADORES DO PATRIMONIO INMATERIAL MEDIANTE A CREACIÓN DO SISTEMA DOS ?TESOUROS VIVOS DA EURORREXIÓN?

Un novo recoñecemento para o patrimonio inmaterial galego-portugués que se centrará nas persoas portadoras do patrimonio, o que a Unesco denomina ?os tesouros vivos ?. Un procedemento que contribuirá a poñer en valor as manifestacións e expresións máis destacadas deste patrimonio e á súa vez garantirá a transmisión ás novas xeracións. Este sistema foi creado por primira vez no Xapón e actualemente está implantado nalgúns países como Francia, República Checa, Bulgaria, Rumanía, Filipinas, Tailandia ou Brasil.



UNHA NOVA OPORTUNIDADE PERDIDA PARA O PATRIMÓNIO DA EURORREXIÓN GALIZA-NORTE DE PORTUGAL


Ao mesmo tempo, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, quer trasladar ao coñecemento da cidadanía da Eurorrexión, o seguinte:

● Desde o ano 2002, esta Asociación, en colaboración con outras entidades e institucións, ten promovido o recoñecemento do patrimonio cultural inmaterial de Galiza e do Norte de Portugal.

● En 2004 presentou, con o aval dos Gobernos de Portugal e de España, a Candidatura de ?As tradicións orais galego-portuguesas? á terceira proclamación das Obras-Mestras do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Aínda non tendo sido proclamada en novembro de 2005, a UNESCO enviou, aos aos gobernos de Portugal e España e á nosa Asociación, un oficio no cal se recoñecía que o patrimonio presentado na Candidatura era de alto valor e de grande riqueza e diversidade. Nese mesmo documento suxeríase que, unha vez ratificada a nova Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, ambos Estados voltaran a presentar esta Candidatura, coas correccións necesarias.

● No mes de novembro de 2007, a UNESCO abría o prazo para a presentación de Candidaturas a seren inscritas na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, que será feita pública no outono de 2009. Ponte...nas ondas!, nese momento, deu o alerta e instou, ao goberno galego e ao goberno portugués, a daren os pasos necesarios para a nova presentación da da Candidatura.

● No caso de Portugal, instamos,a través dos deputados do Norte, a que se ratificase a Convención, por parte do goberno portugués, paso indispensable para se poderen presentar propostas á Lista Representativa.

● O 23 de novembro de 2007,case dous anos despois da fallida proclamación de París, Ponte...nas ondas! enche as pontes sobre o Miño con cadeas humanas de xoves dos dous lados da fronteira. Un videoclip recolle a nova demanda e é enviado ás institucións galegas e portuguesas polo nadal.

● As sucesivas actuacións da nosa Asociación, tanto a nivel burocrático como de intermediación política, non daban os resultados agardados e até os nosos pedidos de audiencias eran ignorados. Nin fomos informados de importantes e decisivas reunións da UNESCO para divulgar o novo procedemento das inscricións na Lista Representativa.

● A pesar de todo, o Parlamento Español acordou, no mes de decembro, por unanimidade e por segunda vez, apoiar novamente a presentación da Candidatura, a través dunha resolución promovida polo BNG no Congreso dos Deputados.

● A falta de ratificación da Convención, por parte do goberno Portugués constituía, a comezos de 2008, para nós, unha importante preocupación dado que só tres meses despois da ratificación é posible presentar Candidaturas. O interese dalgúns deputados mantén a esperanza de aínda poder chegar a tempo. Finalmente, o goberno portugués ratifica a Convención no mes de maio diante da Unesco. No mes de Setembro de 2008 termina o prazo para a presentación de propostas para a primeira Lista Representativa, a que se tornará pública en 2009.
● O 6 de xuño, unha nova edición da xornada de comunicación, a XIVª Xornada Multimedia de comunicación interescolar, baixo o lema ?Identidade e territorio?, volta a reivindicar,na voz dos máis novos, ?unha nova oportunidade? para o patrimonio común.
● A VIIª Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa expresa, tamén, o mesmo desexo nas ondas do mar de Vigo.
● Case en simultáneo, Ponte...nas ondas! entrevístase en Lisboa na sede do Ministério de Cultura,e detecta o pouco interese do goberno de Lisboa, semellante ao do goberno galego quen, a pesar de ter oído, de boca do Director Xeral da UNESCO,a oportunidade de Galiza para presentar propostas no ámbito do Patrimonio Inmaterial, fai oídos xordos e desatende unha nova petición de entrevista.
● Aínda coñecendo esta situación desfavorable, un equipo de especialistas de Galiza e de Portugal traballan na elaboración do dosier da nova reformulación da Candidatura, atendendo ás suxestións da Unesco. Forzamos un compromiso, por parte dos técnicos do IMC ( Instituto dos Museos e da Conservação ) do Ministério de Cultura de Lisboa para que, nun prazo razoable, examinasen a proposta de reformulación e desen tempo, no mes de Setembro,para corrixir e mellorar o referido dosier. Non só non cumpren a súa palabra, relativamente ao prazo acordado, xa que só envían o parecer a 25 de setembro, apenas a 5 días de terminar o prazo para a entrega das propostas na UNESCO, senón que o ?parecer técnico? é unha simple descualificación do traballo realizado.


A ESCUSA DO PARECER ?TÉCNICO?

● O documento que o Ministério enviou como análise da proposta de reformulación presenta,desde o noso punto de vista, moitas imprecisións e mesmo erros de vulto,deixando transparentar, no seu conxunto, unha grande falta de interese ?político? por esta proposta de candidatura.
● En conxunto, é parcial,apenas se apuntan aspectos que o Instituto considerou negativos, sen se referiren aspectos positivos que, obviamente, tamén ten. É intencionalmente negativo, con graves erros de expresión e deficiencias técnicas. Sendo conscientes de que calquera proposta é susceptible de ser mellorada, non se encontra ningunha actitude construtiva no informe. Reflicte unha metodoloxía desfasada e anticuada ao falar de ?unidade cultural? e non entender o sistema cultural como un punto de encontro e confluencias diversas.

Estes son algúns exemplos:
● É escandaloso que a esta altura do século XXI saian do Ministério de Cultura informes que circunscriben a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal a unha simple confluencia de intereses económicos e comerciais cuestionando que Galiza e o Norte de Portugal compartan unha cultura común. Este feito, que xa fora recoñecido pola propia UNESCO, na anterior avaliación da Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, recoñecendo que as raíces profundas das tradicións orais eran unha das partes máis importantes da Candidatura, é negado agora por quen anteriormente presentou unha Candidatura con esta argumentación. Da mesma forma se recoñecía, nesta avaliación, a exhaustiva presentación dos elementos históricos que hai detrás das tradicións orais do Norte de Portugal e da Galiza. Incluso se afirmaba o interese patrimonial das tradicións presentadas pola Candidatura, as cales cumprían, xa en 2005,os criterios requeridos pola UNESCO: valor excepcional, risco de desaparecemento.
● Resulta sorprendente que mesmo se cuestione a existencia do "Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" e ao mesmo tempo se bote de menos que non se explicite a grande proximidade linguística entre o galego e o portugués, cando no apartado do Cancioneiro se poñían exemplos da afinidade formal e conceptual dos textos das cantigas
● E por isto non fose suficiente, en relación co proxecto de salvagarda deste Patrimonio, o IMC elude a súa responsabilidade sobre este Patrimonio ( responsabilidade que é do Ministério, unha vez ratificada a Convención ) e pídelle a Ponte...nas ondas! que se responsabilice das medidas de salvagarda propostas e das fontes de financiamento necesarias.
● QUE VAI FACER PONTE....NAS ONDAS !

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte?nas ondas!, consciente das responsabilidades que libremente asumiu, con toda a cidadanía da Eurorrexión e con todas as entidades e que teñen apoiado esta Candidatura(escolas,asociacións,concellos,universidades,institucións,etc.),coa transmisión e salvagarda dun patrimonio de incuestionable valor e da necesidade de continuar a divulgalo e protexelo, na certeza de que o noso traballo pode continuar a contribuír a desenvolver e profundizar a comprensión entre as poboacións dos dous lados da fronteira; na certeza de que esta Eurorrexión non pode, nin debe, ser apenas unha entidade de cariz económico.
Ponte nas?ondas!, lonxe de se considerar derrotada e fracasada, decidiu asumir esta experiencia como un estímulo para continuar a traballar polo recoñecemento e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués, que é unha das suas finalidades principais.
Agradecemos o apoio prestado até o de agora polas diferentes entidades e comprométemos o noso empeño na posta en valor e no recoñecemento deste patrimonio cultural . ao mesmo tempo, declaramos a renovación da confianza no grupo de especialistas que participaron na elaboración do material da Candidatura. É a intención da Asociación continuar o traballo realizado ao longo dos últimos quince anos, fundamentalmente a realizar a transmisión deste patrimonio ás novas xeracións, garantes da salvagarda deste patrimonio común.

Entre outras actividades en marcha podemos citar:

IIª Xornada Escolar de Xogos Tradicionais
II º Certame Audiovisual ?Conta onde vives?
IIIº Certame de Recolla da Tradición Oral
XVª Xornada Multimedia de Comunicación Interescolar

Ademais, promoveremos a conversión da Web da Candidatura ( www.opatrimonio.org ) no Portal do Patrimonio Cultural Galego-Portugués para divulgar o labor dos colectivos que están a traballar por este patrimonio nos dous lados da fronteira.

Realizaremos unha publicación sobre o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués destinada aos centros educativos da Eurorrexión e ao público xeral.

SISTEMA DOS TESOUROS VIVOS DA EURORREXIÓN

Ponte...nas ondas! vai promover, en paralelo coa reivindicación da súa inscrición na Lista Representativa da Unesco, o recoñecemento do patrimonio cultural galego-portugués, mediante a creación a partir do ano 2009 do Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión.
Este procedemento porá en valor ás persoas e colectivos que sustentan este patrimonio común mediante a difusión dos seus saberes e coa transmisión ás novas xeracións. A proclamación dos Tesouros Vivos da Eurorrexión deberá ter un recoñecemento oficial que Ponte...nas ondas! solicitará das administracións responsables deste patrimonio.
1 PATRIMONIO PARA O FUTURO DA EURORREXIÓN

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante