San Xuan

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

San Xuan

Mensagempor mariajuana » segunda, 23 jun 2008, 21:04

Enrique Rodríguez Álvarez desde Panamá, envió el siguiente mensaje, el día 10/06/2003, a la lista de Fillos-L:TRADICIÓNS DA NOITE DE SAN XOÁN
Hai moitas cousas que falar das crenzas e tradicións da Noite de San Xoán.
Imos a falar un pouco delas.
A noite do 23 ó 24 do mes de San Xoán, ou sexa
a noite do véspera, e mailo día do santo, que é o 24,
coincidindo co solsticio de vrau, cando o sol, chegado
ó mais outo do ceo, vai encomenzar a baixar,
cando se dá, nas nosas latitudes, o día máis longo
do ano, dende o cual os días encomezan a debecer.

"Andar ás Cancelas"
Na noite de San Xoán os mozos andan ás cancelas.
Consiste en iren uns cantos xuntos, polas casas dos veciños,
entraren nos curros, nos pendellos e nas cortes, colleren os carros,
os xugos, os arados, grades, escadas e trebellos de toda caste,
sin que os donos se enteren, e levalos. O que fan coíles varía
asegún os lugares ou asegún a idea que se lles veña á cabeza:
o máis común é polos todos xuntos nun sitio onde toda a xente
os vexa á mañá, sexa no adro da eirexa, sexa na praza ou no campo
da festa, sexa nun camiño por onde pase moita xente; ás veces,
póñenos atrancando o camiño principal, pra que ninguén poda pasar,
ou mesmo atrancan os camiños con árbores caídos,trabes, leña
ou calquer impedimento.
Ou meten os carros e os trebellos nun río; ou levan os dunha casa
pra outra é o contrario. O caso é facer rír á xente e que os donos
leven ben traballo pra recoller as cousas e volvelas traguer
pró seu sitio.
Dende logo, que ninguén se pode encabuxar por esta broma,
sinon levala a ben e celebrala moito.

"As fogueiras"
Chámanse lumes, lumeiradas, fogueiras, cachelas ou
cacharelas. Alcéndense xa nas primeiras horas da noite,
despóis da cea. En moitos lados alcenden iste lume con
leña e ramallosa canto máis verde millor, de modo que dea
moito fume, pois iste é bó pra afuxentar as bruxas e os
espíritus ruís e pra purificar á xente.
En torno ás grandes fogueiras danza e canta a multitude,
indicando o seu carácter pruficador o salto dos mozos e mozas
por riba do lume. As fogueiras, como as cancións, respóstanse
unhas ás outras. Así pasan a noite cantando e dando voltas
arredor do lume, ou brincando por riba da fogueira uns atrás
dos outro, sin medo de se queimaren, facendo invocacións
como: "Salto por enriba do lume de San Xoán,pra que non
me trabe nin cobra nin can"
Todas as accións teñen un
significado mítico.
Nalgúns sitios, as moza que brinquen por riba da fogueira,
sin tocar nas flamas, din que se casan dentro dun ano.
Pra ben ser, compre saltar varias veces, sempre en número
impar, recitando a fórmula e saltando unha vez pra un lado e
outra vez pra outro. O acto de saltar chámanlle en moitos
lados salvar. O millor, sobre todo prós que están enfermos,
principalmente de pel, é brincar en pelico, ou sexa encoiro,
pró cual os demáis que están alí, retíranse.
Tamén pasan ós nenos por riba do lume, entre o padriño e
a madriña, ou ben as consabidas tres Marías, empregando
a coñecida fórmula: "Enfermo cho dou, devólvemo sano";
logo envólveno nunha saban de liño que non fora mollada.

"Enfeitar as casas"
É tamén costume poñer espetadas nas xuntas das pedras na
parede das casas, penduradas nos corredores ou sinxelamente
pousadas no peitoril das fiestras, herbas e frores do tempo, que
aparecen alí á mañá cedo, semellando adornos. Nalgúns lugares
esto é un obsequio que lle fan os mozos ás mozas quenes,
unha vez cumprida esta obriga, xúntanse entre eles e van
cantarlle as copras que a inspiración do momento lles fai saír
das gorxas.. Tamén se fai o mesmo coa intención máxica
de escorrentar diaños e meigas.

"O baño da media noite"
Na noite de San Xoán envivécese e colle maores virtudes que
nunca a auga das fontes santas e milagreiras. Polo tanto, esa
auga vólvese como un remedio universal que compre aproveitar
meténdose nela ou, sinxelamente, lavándose ás doce en punto
da noite. O pior é que tamén as bruxas fan usanza da auga
destas fontes. Miden e reparten a auga de cada veciño, mais si
queren mal a algún bótanlle a auga polo lombo. Outras veces
lévana pra prepararen os seus meigallos. Tamén din que si, ó
romper o día, tocan na auga, descobren os seus segredos e
quedan limpas da bruxería.Non son somentes as bruxas das
que din que andan soltas nesta noite milagreira sinón tamén
os encantos, moitos dos cuales non se deixan ver máis que
na amañecida de San Xoán .
Por esta causa, o doente que vai tomar os baños nestas fontes
tén que ter coidado de non se deixar levar do medo que lle poñan
os aparecidos que pode atopar no camiño.

"A frol da auga"
Un dos misterios máis extranos e máis poéticos da noite
de San Xoán é iste da fror da auga. A fror da auga é a
que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como si fora a
tona en que viñeran á superficie tódalas virtudes e maravillas.
De certas expresiós que aparecen en ditos e coplas deducen
algús como si esta fror da auga fora traguida por un páxaro
no bico. Pode haber aiquí un trabucamento co acreencia de
que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de San
Xoán trai un paxaro no peteiro e deita nunha fror tén as
mesmas virtudes que a fror da auga. Tocantes a calquera
das dúas cítase a seguinte fórmula:
"Día de San Xoán, alegre, meniña, vaite lavar,
pillarás auga do páxaro antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día a auga fresca catar da auga
do paxariño que saúde che ha de dar".


"As nove ondas"
O caracter purificador - e tamén fecundador - das augas ponse
de manifesto na tradición do baño das nove ondas na praia
de Lanzada, en Noalla, Sanxenxo. Ademais de ser un rito
manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade
que fai concebir ás mulleres esteris. Hanse bañar compretamente
en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade
teñen valor, asegún dín, non son nove sinón sete. Cóntanas de dúas
a nove, contando as nove pra colleren a ola grande, mais,
en realidade, son sete as que toman.
"Ide tomar nove ondas antes de que saia o día
e levarédes con vosco as nove follas da oliva".

Só hai un tipo de auga refuxada e que o saber popular soubo
refranar perfectamente ó dicir:
"A chuva de San Xoán, tolle o viño e non colle pan".

"As herbas de San Xoán"
Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos
ecertas herbas recendentes, e deixase toda a noite ao
descuberto, prefrible sobre o tellado- pra que adequira
o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán tódolos
membros da familia, en especial os nenos, teñen que l
avarse con esta auga milagreira, que, por certo, arrecende
maravillosamente.É unha usanza común a toda Galiza o
recoller na tarde e na noite de San Xoán diferentes
herbas e frores, botalas en auga e deixalas na auga
o sereno pra que collan o orballo desta noite prá mañá
lavárense todos naquela auga. As herbas que se collen
pra iste uso son: os sanxoáns, alcroques ou abrulas; o
fiuncho; o codeso; o fento macho; o trovisco; ponlas de
nogueira, ponlas de amieiro; espadana; sabugueiro;
romeu; malvas; artemisa; arzáis; rosas de nabo; ágramo;
herbas de San Pedro; rosas de sábrego; poutas de
lobo; herba de nosa señora (matricaria); follas de carballo,
castiñeiro; rosmaniño; perpetua; roseiras;... todo un
rosário de herbas. Pero, as sete herbas oficiais (teñen
que ser sete a segundo a tradición) son: Herba de San
Xoán, Fiuncho, Fento Macho, Romeu, Malva, Herba Luisa
e Codeso. Esta auga, en que estiveron de remollo as
herbas, tén propiedades manciñeiras, máxicas, pra
curaren dos aires lurpios, envexas, etc. e cosméticas,
pra pór mais bonitas ás mozas e darlles bós cores e
finura de pel.
Na noite de San Xoán, si as mozas meten certas herbas debaixo
do cabezal poden ver en soños ó home con que van casar. Pódese
saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan
e vendo pró outro día si están verdes ou si secaron; así iralleó
que está lonxe, ben ou mal. Tamén é a noite propicia pra curaren
ós nenos do engadino e das esbrilladuras. Fenden en dous un
carballo e pasan ó rapaz pola fendedela, intervindo dúas Marías
ou unha María e un Xan, pasándollo un ó outro tres veces decindo
"Toma María - Daca Xoán - Doucho crebado - Darásmo Sán".
Logo atan o árbore ben atado, asegún estaba, e si solda é que o
neno cura, sinón é que non cura.

"O orballo"
As mesmas virtudes, e aínda maiores, que as da auga desta noite,
tén o orballo. Cecáis as das augas, as das herbas, as dos árbores,
lles veñan do orballo, como indica a condición de deixar as cousas
ó sereo. Pra curar a sarna, durmen os enfermos en coiro,
antremedio do centeo, pra colleren o orballo da noite toda;
ou métense polas searas molladas á mañanciña, enantes
de saíro o sol; ou embórcanse a esa hora na herba dos prados;
ou refréganse contra dun carballo, ás doce da noite, deixando
a roupa pendurada nunha ponla.. O orballo de San Xoán élle
moi bó tamén á facenda, polo cual en moitas partes de Galiza
sácana pra que o tomen, ou fan que crucen un riachuelo ou que
pasen por riba das cinzas da fogueira da noite anterior. O orballo
desta noite dá virtudes, ou fai medrar as das herbas manciñeiras
polo que, recollidas nese intre, son moito millores.

" A sorte do ovo"
Ás doce en punto da noite de San Xoán cáscase un ovo e déitase
nun vaso de auga que se deixa despóis ó sereo deica que amañece.
Despóis, á mañá, vaise ver e o ovo tomóu a forma unhas veces
dun barco, outras dunha capela, outras doutra cousa calquera,
e polo que alí se vé adivíñase ben cal sexa a sorte se ha ter no ano,
deica o día de San xoán do vindeiro, os acontecementos e
traballos que se han pasar, o oficio do home con quen a moza
ha casar, etc..

"As Sardiñadas"
A noite de San Xoán ten a sua parte gastronómica,
sinxela pero moi sabrosa. É habitual nesta noite,
acompañando as fogueiras, preparar sardiñadas,
sardiñas fietas nunha grella que se comen con pan
de bola (pan de Céa) e un bon viño. De paso,
continuar con unha queimada e o seu respectivo
conxuro. É unha verdadeira delicia.

Finalmente, a noite de San Xoán xerou toda unha série
de refráns propios do saber popular:

- En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin
cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito
e sobre todo pan.
- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
- En san Xoán, cardos dan.
- No san Xoán, peras na man.
- No san Xoán, as peras caen ó chan.
- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
- No san Xoán, fouciña na man.
- Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
- O coello polo San Xoán, e o pavo polo Nadal.
- Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
- En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
- Polo san Xoán, as nove co día darán.
- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
- O dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.


Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
dende as ribeiras da canle de Panamá-
Ourense- Lugo.

Co fin de exaltar e difundir as nosas tradicións.

Fontes consultadas:
"Etnografia Galega," Xesús Taboada Chivite. Editorial Galaxia.
"Os cubos astrais en Gaiicia" Femando Alonso Romero.
Brigantium III. Museo
Arqueolóxico de A Coruña.
"San Xoán". Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada (Editor).
Arquivo da Agrupaci6n Cultural "NOS". Alumnos de Galego
de 72 e 82 de EXB de Reibón.
"A Festa de San Xoán" Xosé C. Víllaverde Román. Xuño 1991

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

San Xuan

Mensagempor sbaezagarr » segunda, 23 jun 2008, 21:34

Manuel Gómez Díaz desde Argentina, envió este mensaje el día 17/06/02 a la lista Fillos-L:A Noite de San Xoán

Llega la noche de San Juan....... cuantos recuerdos me trae, cuantas cosas me contaban mis padres, quienes seguían con su tradicion de Galicia:

la fogata.... cuanta leña acarreábamos de pequeños, pedíamos a los vecinos para hacerla bien grande y competir con los de la otra cuadra, echábamos a las brasas papas y batas y algún chorizo envuelto en papel.

En casa mi madre hacía Filloas y nos lavaba la cara para que se nos fueran los males.

Cuenten Ustedes como celebraban las fiestas de San Juan....

Un Abrazo,

Manuel Gómez Díaz
La Pampa Argentina
Cadavo Fonsagrada Lugo


Mirta Cumplido desde Buenos Aires, envió este mensaje el día 18/06/02 a la lista Fillos-L:A Noite de San Xoán

Yo recuerdo las fogatas, aunque por ser mujer y encima hija única no me dejaban estar en la calle cuando caía la noche. Pero en alguna he estado con mis primos.

Sabés Manuel que serían muy parecidas, porque te criaste no muy lejos de donde yo lo hice.

Lo de lavar la cara solamente me acuerdo que mi madre lo hacía el sábado de Gloria, a las 10 hs de la mañana.

Un cariño muy grande y gracias por acordarte siempre de todos como lo
hacés.

Mirta Cumplido Carballude
Lanús Buenos Airess
Lalín Pontevedra

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

San Xuan

Mensagempor mariajuana » segunda, 23 jun 2008, 22:33

Enrique Rodríguez Álvarez desde Panamá envió el siguiente mensaje, el día 12/06/2003, a la lista de Fillos-L:Ritual de Amor para la Noche de San Juan

Para aprovechar al máximo esta época única del año
que lo constituye la noche de San Juán...y que se debe
aprovechar al máximo, ahi les envío a todas (y
quizás todos) las (los) enamoradas (os) de Fillos.
(que hay bastantes...jejeje) este ritual, que una vieja
aldeana de Trives (que aseguran es una meiga) me dió
y me aseguró por los cuernos de Belcebú que no
falla ni daña.

OBJETIVO:
Conseguir el amor o mantener el amor conseguido.


MATERIALES A EMPLEAR:
Si no encuentras algo o no lo entiendes te aseguro
que una tienda esotérica (que no faltan por todo
el mundo) te resuelven.Una vela rosa ungida con
aceite de amor. Incienso, preferiblemente de canela
o rosa. Perfume aroma de Verbena o perfume de amor.
Un saquito rosa. Cordoncillo rojo para atar el saquito.
Un cordoncillo verde. Verbena. Purpurina roja.
Un pedacito de imán. Una rosa seca (opcional).
Ceniza de una hoguera de San Juan.

CELEBREACIÓN DEL RITUAL:
Encender la vela rosa la noche de San Juan
(preferiblemente usando alguna madera de la
hoguera) y luego, más o menos a solas,
encenderemos el incienso. Toma ahora
el cordón verde y haz siete nudos en él,
mirando la vela y visualizando, al realizar
este acto, que atraemos amor hacia nosotros. Es
recomendable no pensar en alguien específico,
porque podríamos entrar en líneas de magia
manipulativa o magia negra. Dejemos que las
fuerzas de las hadas traigan hacia nosotros aquello
que necesitamos y que más nos convenga,
no sea que te salga el tiro por la culata.
Al tensar cada nudo se dirá:
"Por las fuerzas de esta noche mágica,
ato el amor hacia mí."
Realizado ésto,
tomaremos la mitad de la purpurina y la
arrojaremos al aire, de modo que parte de
ella nos caiga encima. A continuación,
meteremos en el saquito el cordón con los nudos,
una bolita con cera de la vela (mejor si la
amasamos en forma de corazón), parte
de la purpurina que queda y un poco de
ceniza de la hoguera. A continuación, recitar:
"¡Símbolos del amor y de los poderes de esta
noche mágica, rellenad mi saquito de amor
para atraer hacia mí el amor que me está destinado,
para llenar mi vida de amor y felicidad por el poder
de este saquito de San Juan!¡Que así sea!."


La vela se dejará arder hasta el final y guardaremos
el saquito sin cerrar así como la purpurina restante
y el cordoncillo rojo, una vez consumida la
vela diremos:
"Que este polvo brillante ilumine y guíe el camino
del amor hacia mí"
Tras esto, puedes cerrar
el saquito con el cordoncillo rojo. Antes de
hacerlo se añadirá a la bolsa un pedacito de imán,
la verbena y, si se desea, una rosa seca.
Guarda el saquito durante el año, si no funciona,
te que queda el próximo San Juan para volver
a repetirlo...eso sí doblando la dosis.

Si no resuelvo como médico me meto a brujo...Qué tanto?!!!

Besos y abrazos.

Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
desde las riberas del canal de Panamá-Ourense-Lugo

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

San Xuan

Mensagempor xestor » terça, 24 jun 2008, 17:52

ei, e xa que sacastes o tema... non deixedes de recomendar o estupendo artigo que nos cedera o amigo Fran Morell:

http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... le&sid=399

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

San Xuan

Mensagempor mariajuana » terça, 24 jun 2008, 21:00

¡Gracias Manuel por hacernos recordar.!

?A noite de Sanxuán: lume, auga e herbas.?

"Estupendo artigo" de verdad pra todos os galegos que gustamos das nosas tradicions e da nosa historia...
Buena idea ponerlo mas visible, en esta oportunidad, ya que a veces pasamos por alto esos carreiriños donde Fillos acumula tanta da nosa riqueza histórica e tradicional?

Referente al segundo artículo recomendado.? O poema do druida galego Amergin??
¡Hermosa historia ?! Que bello decir el de ese poema?
Personalmente me quedo con estos dos versos:

Eu son o vento que sopra sobre o mar;
(...)
Eu remato o meu cantar coa profecía de todas as demais cousas boas.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

San Xuan

Mensagempor mariajuana » quarta, 25 jun 2008, 03:38

Silvia Álvarez desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 13/06/2003, a la lista de Fillos-L:Tradicións da Noite de San Xoán

Agradezco mucho estos hermosos relatos sobre nuestras
tradiciones de la noche de San Xoán.
Mi abuela, que era de Ourense, me enseñó a dejar el agua
con las flores para lavarnos la cara por la mañana,
como lo hacia ella cuando era jovencita, y aun hoy
sigo realizando ese ritual todos los años.
Soy la única de sus nietas que lo realiza , pero no sabía
el origen, ella me contaba que era para mantenerse bella.
Nuevamente agradezco estos relatos que me transportan
a esos hermosos tiempos que pasé con mi abuela
y revivo en ellos todas las historias que ella me contó
en mi niñez.
Saludos a todos.
Silvia Álvarez
Ourense-Pontevedra
Buenos Aires

Xabier Moure Salgado desde Viveiro, Lugo, envió el siguiente mensaje, el día 17/06/2003, a la lista de Fillos-LSan Xuan
Sobre as tradicións da noite de San Xoán convén engadir
que antes de acendela hai que facer un círculo de sal
ao seu redor (no que deben caber todos os participantes
e do que non se pode saír antes de rematar o ritual) e poñer
catro velas en cada un dos puntos cardinais.
En canto ao salto sempre me ensinaron realizalo de leste
a oeste (saída e posta do sol) e non unha vez para un lado
e outra para o outro.
Sobre a auga hai que collela de sete (ou nove) fontes para
que faga efecto. De todos xeitos as variantes do rito
son moitas, xa que non sabemos como era orixinariamente.

Xabier Moure Salgado
Son de Ourense e vivo en Viveiro

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

San Xuan

Mensagempor mariajuana » quarta, 25 jun 2008, 21:31

Antonio José Francisco Rey desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 23/06/2003, a la lista de Fillos-L:Noite de San Xoán
Alguén dixo:
"a felicidade está noutro lugar ou noutro tempo"
Non sei se é certo, máis podo decirvos que me gustaría
moitísimo estar nesta noite de San Xoán en Galicia.
Saltar polas cacharelas, olla-los rostros iluminados
polo lume, comer sardiñas asadas, agardar o novo día
para ver baila-lo sol no ceo..
Ben sei que a morriña fai que a miña alma voe por enriba
do océano; quizais hoxe, cando o meu corpo estea deitado,
una meiga regalará un soño ao meu espírito galego...Quizais.

Antonio José Francisco Rey
Bos Aires - Arxentina
Neto de Muros - A Coruña
Enrique Rodríguez Álvarez desde Panamá, envió el siguiente mensaje el día 24/06/2003, a la lista de Fillos-L:
Estoy muy de acuerdo con lo que dice, mi hermano Antón
de Muros. Me gusta muchos ese nombre, como muy de leyenda,
de bardo celta. Yo sufro también de esa morriña genética.
Pero antes de que embargue mi alma y me deprima, he
organizado mi San Xoán esta noche (anoche no pude...)
así que hoy monto en el patio de mi casa la hoguera,
asaremos...no sardinas pero algún parguito pequeño.
Buen jamón, chorizos, quesos y vino abundante. Y saltaré
la cacharela como si estuviera en mi hogar gallego.
Estaremos con Monabell y su familia, celebrando
San Xoán como Dios manda, carallo!!!.
Y a propósito de San Xoán, no se en otros países
de Latinoamérica (podía ser tema de la lista), pero aquí
en Panamá se celebra hoy en todos los pueblos del interior
de la república. Hay bailes, celebraciones folklóricas,corridas
de toros, misas, etc. ....en un pequeño y pintoresco pueblo
de las montañas centrales de Panamá, una de las celebraciones
de San Juan consiste en una cabalgata en la tarde.
Los varones del pueblo, salen muy engalanados a lucir en una
cabalgata sus mejores caballos. Pero en la mañana,
tiene lugar la "cabalgata de caballos de palo" que la escenifican
todos los niños del pueblo (nunca jugaron ustedes con un caballo
hecho de palo de escoba y arreglado por uno mismo ?),
bueno de eso se trata.
También empezamos a gozar en estos días de San Juan
del llamado "veranillo de San Juan", aunque estamos en
el hemisferio norte, en Panamá estamos en "invierno", porque
estamos en la época de lluvias casi diarias (inicia en fines
de Abril hasta fines de Diciembre) y nuestro "verano" es,
época de sequía y radiante sol y fuertes brisas (de Enero
a Mayo) . Por eso, en estos días se da el veranillo de San Juan,
unos cinco a siete días de ausencia de lluvias muy conocido
por los campesinos.
Deben ser interesante las costumbres particulares de la noche
de San Juan en cada país de esta América hispana.
un saludo.
Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
desde las riberas del canal de Panamá
Ourense-Lugo


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes