morte dun querido amigo

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

morte dun querido amigo

Mensagempor jorgegustavot » quinta, 12 jun 2008, 14:16

Isto mo envio unha amiga e crei que era bo compartilo cos irmáns galegos.

Morreu Sentido Común

Hoxe choramos a morte dun querido amigo: Sentido Común, que estivo entre nós durante moitos anos. Ninguén sabe de certo que idade tiña, posto que os datos sobre o seu nacemento fai moito que se perderon nos carreiros da burocracia.
Será lembrado por saber cultivar leccións tan valiosas como que "hai que traballar para poder ter un teito propio sobre a cabeza" e que se necesita ler todos os días un pouco"; por saber por que os paxaros que madrugan conseguen lombrigas e tamén por recoñecer a validez de frases talles como "a vida non sempre é xusta" e "talvez sexa eu o culpable".
Sentido Común viviu baixo simples e eficaces consignas ("non gastes máis do que gañas") e estratexias parentales confiables (?os adultos,non os nenos,están a cargo?)
A súa saúde comezou a deteriorarse rapidamente cando se aplicaron regras ben intencionadas, pero ineficaces: informes respecto dun neno de seis anos acusado de abuso sexual por dar un bico a unha compañeira de clase; adolescentes que deberon irse a outro colexio por denunciar a un compañeiro distribuidor de droga, e unha mestra despedida por reprender a un alumno indisciplinado, só fixeron que empeorase a súa condición.
Sentido Común perdeu terreo cando os pais atacaron aos mestres só por facer o traballo no que eles fracasaron: disciplinar aos seus ingobernables fillos.
Declinou aínda máis cando as escolas deberon requirir un permiso dos pais para administrar unha aspirina, pór protector solar ou colocar unha curita a un alumno -aínda que iso si, non podían informar os pais se unha alumna estaba embarazada e menos , se quería abortar.-
Sentido Común perdeu o desexo de vivir cando os Dez Mandamentos convertéronse en material risible, algunhas igrexas en negocios e os criminais empezaron a recibir mellor trato que as súas vítimas.
Para Sentido Común foi un duro golpe que un xa non poida defenderse dun ladrón na súa propia casa, pero que o ladrón poida demandarnos por agresión; e que se un policía mata a un ladrón, mesmo se este estaba armado, sexa inmediatamente investigado por exceso de defensa ou, cando non, acusado de gatillo fácil.
A morte de Sentido Común foi precedida pola dos seus pais: Verdade e Confianza, a da súa esposa Discreción, a da súa filla Responsabilidade e a do seu fillo Raciocinio.
Sobrevíveno os seus tres espantosos
medio irmán: Coñezo Os meus Dereitos, Outro Ten a Culpa, e Son Unha Vítima da Sociedade
Non houbo moita xente no seu funeral, porque moi poucos decatáronse de que se foi.

rosamerchi
Mensagens: 53
Registado: domingo, 05 dez 2004, 00:00

morte dun querido amigo

Mensagempor rosamerchi » sexta, 13 jun 2008, 04:36

Gustavo, iso sin que é dino de ler, de onde o sacaches home! Te felicito, es un gusto leerlo, pena que sea pura realidad, mejor sería que fuera un cuento.
bicos
Rosa dende Brasil
Galega de A Coruña

marajosmantianvzq
Mensagens: 11
Registado: quinta, 22 mai 2008, 23:18

morte dun querido amigo

Mensagempor marajosmantianvzq » sexta, 13 jun 2008, 18:07

Hola Gustavo, me gustó mucho el texto que compartes, como bien dice Rosa, es una pena que sea tan real y más penoso aun es que muy pocos se dieron cuenta de la falta que nos hace este querido amigo. Sin lugar a dudas ya veniamos previendo este desenlace luego de la irreparable pérdida de su familia. Como sucedió?
Nunca en mejor momento este mensaje que mandaste porque desde hace un mes aquí en Uruguay se han conocido varios casos de abuso infantil, los más comunes violaciones y asesinatos, también un caso de un padre que tenia la hija encerrada con el cual ya habia tenido 3 hijos. Sé que este tipo de cosas no son nuevas y que siempre sucedieron, pero es díficil imaginarse las situaciones que vivieron estos niños y uno se pregunta donde está el sentido comun de esos seres ( serán humanos?)que cometen dichos crímenes, donde el sentido comun de los vecinos y familiares que luego después de cometido el maltrato y cuando ya se hizo publíco comentan que si ya se sabia que la persona era agresiva ó borracho, también en el caso de las madres que presenciaron las violaciones y los golpes que le daban a su hija,una hasta ayudó a enterrar a la niña de 3 años bajo la cama del dormitorio, Luego las consideran como que tienen pequeñas alteraciones mentales, por lo tanto inimputables. Todos nos enfurecemos con estas noticias y pedimos pena de muerte ó que en la carcel les hagan lo mismo que ellos hicieron, pero creo que el modo de castigo no cambia que esto siga sucediendo y lo que necesitamos es hacer REVIVIR: LA VERDAD, LA RESPONSABILIDAD, EL COMPROMISO Y EL RESPETO, para con los que son victimas de la violencia y por lo tanto recuperar el SENTIDO COMUN .
Unha aperta.

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

morte dun querido amigo

Mensagempor jorgegustavot » sexta, 13 jun 2008, 18:26

grazas Rosamerchi e Maria jose polas súas palabras, ningun merito o mio mais que repetir o que unha mente lucida escribio. De todas as maneiras na miña terra tambien este sentido comun, o menos comun dos sentidos esta desaparecido ou fóra de uso lamentablemente. Poida ser que apareza ou se saque do arcon dos recordos e empécese a usar . bicos e apertas agarimosas. Gustavo


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes