que sorte tiven de nacer

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

que sorte tiven de nacer

Mensagempor jorgegustavot » terça, 08 abr 2008, 18:31

Que sorte tiven de nacer,
para estreitar a man dun amigo
e poder asistir como testemuña
ao milagre de cada amencer.

Que sorte tiven de nacer,
para ter a opción da balanza,
sopesar a derrota e a esperanza
coa gloria e o medo de caer.

Que sorte tiven de nacer,
para entender que o honesto e o perverso
son donos por igual do universo
aínda que teñan distinto parecer.

Que sorte tiven de nacer,
para calar cando fala o que máis sabe,
aprender a escoitar, esa é a clave,
se se ten intencións de saber.

Que sorte tiven de nacer,
e dígoo sen falsos triunfalismos,
a vitoria total, a dun mesmo,
concrétase no ser e no non ser.

Que sorte tiven de nacer,
para cantarlle á xente e á rosa
e ao can e ao amor e a calquera cousa
que poida o sentimento recoller.

Que sorte tiven de nacer,
para ter acceso á fortuna
de ser río en lugar de ser lagoa,
de ser choiva en lugar de ver chover.

Que sorte tiven de nacer,
para comer a conciencia a mazá,
sen o medo ancestral á sotana
nin á vinganza final de Lucifer.

Pero se, ben que se...
que algún día tamén me morrerei.
Se agora vivo contento coa miña sorte,
sabe Divos que pensarei cando a miña morte,
cal será na agonía o meu balance, non o sei,
nunca estiven nese transo.

Pero se, ben que se...
que na miña viaxe final escoitarei
o ambiguo tañir delas campás
saudando o meu adeus, e outra mañá
e outra voz, como eu, con outro acento,
cantará aos catro ventos...

Que sorte tiven de nacer.
A.CORTEZ

recon
Mensagens: 6
Registado: sábado, 15 set 2007, 02:26

que sorte tiven de nacer

Mensagempor recon » quarta, 09 abr 2008, 01:04

Que sorte, também, tive de nascer para ler este lindo poema.

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

que sorte tiven de nacer

Mensagempor jorgegustavot » quarta, 09 abr 2008, 15:14

a verdade que son versos moi bonitos, pero ademas é unha cancion de alberto cortez, se o queres escoitar vasche ao programa ARES e o baixas, pos o autor, buscar e saen todos os temas, se nunca o escoitaches hacelo que non ten desperdicio, é un gran poeta e cantor. saúdos gustavo

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

que sorte tiven de nacer

Mensagempor lopez » quarta, 09 abr 2008, 22:50

Faltou QUE SORTE TIVE DE NASCER GALEGO RSRSRSRSRS


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes