Morriña de vós.

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Morriña de vós.

Mensagempor anavilat » quinta, 01 nov 2007, 09:25

Gostariame que moitos dos que entrades aqui só a mirar de vez en cando, ou acabades de ingresar nesta Comunidade entendesedes algo, somos isto... "familia lonxana"
Recordote Marisa, recordo o teu sorriso naquela primeira Xuntanza, non sabes a tranquilidade que me deu e segue a dar!!!
A Lili e Daniel ou Daniel e Lili, canto vos debo os dous!!!!
Graciela, ainda que lonxe e eu non moi dada a escribir nin estenderme moito, no pouco que o fago... cantas risadas me tes regalado!!!!!!!!!
Martinho, onde andas? Grazas por aqueles cafés e miles de confidencias... e non tes nin idea de todo o que teño por contarche cando aparezas!!!! XD
Nino, o carrouchiño da Marisa, es un ceo, pero non podía ser de outra maneira tendo a quen tes o carón.
Carmen = ccdlugo, ainda temos pendente un cafeciño!!!! Que non se che vai esquecer!!!!XD Grazas por ser como es!!!
Inés e Juan, isa churrascada, que??? E a presentación oficial dos futuros fubolistas da Selección Galega ou os Fillos de Fillos de Galicia!!! XD
Manuel = Manu = Presidente Republicano dos Carrouchos. Inconfundible a primeira vez que te vin!!! Camisola da Nación Mundial Galega!!!! Non podia ser de outra maneira!!! Grazas por escoitarme ainda que moitas veces non teña nada que dicir.
Lopez!!!! Para cando outro cafeciño en Melide? Miles de bicos a túa irmán e teu pai... e se non che queda ningun para ti e para a túa carrouchiña, pide, que teño un peto cheo deles.
RosaMerchi, quedaría escoitando todo o que tes para contar sen pestañexar un segundo. Grazas por aquela volta de Melide chea de recordos!!!
Palas de Rei, puxenche cara, puxenche voz... faltanos a Xuntanza!!!!!!
Antas, a ti só te teño rexistrado con voz!!! Nada, que en Chantada, vou descubrir.... de quen ves sendo!!?? XD
Mary566 o Luns día 5 estareite esperando como dixen!!!!!! Bicas a Terra e despois... ise abrazo que nos debemos xa hai tempo!!!!!
Bershky, espero botar isas risadas do bate contigo a beira!!! Menudos dous pés para un banco!!!XD
E tantos e tantos que poden quedar no olvido, pero sen olvidarme deles... Non por iso son menos importantes, non por iso deixan de ter o seu sitio, non por iso son menos...
Grazas por todo o que me dades.
Entendedes agora, algo mellor o que significa; Fillos de Galicia????
Entón, a que esperades para facervos Socios e que isto siga adiante???
Chuchos a moreas.

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Morriña de vós.

Mensagempor mary556 » quinta, 01 nov 2007, 17:01

Hermosas palabras, mi querida Ana...
Revelan tu corazón generoso y solidario; tu compromiso; tu integración a la Galicia universal, que formamos todos...
Eres una IRMÁ de FILLOS, con mayúscula!
¡Qué suerte que podré darte ese abrazo en persona, que tenemos pendiente...
Dios quiera que así sea...
Y será en el orden que tú indicas: primeiro, bico ó chan; e despois unha aperta moi, moi forte!!!
¡Quérote moito!

Ah! Xa séi ca ti máis Bershky estades a rir, cando coidades ca vóu falar galego, ha,ha,ha...
Perdoa, miña Rosalía de Castro...

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Morriña de vós.

Mensagempor casdeiro » quinta, 01 nov 2007, 18:22

Tamén quero darche as grazas, Ana, por lembrarnos o que significa Fillos. Moitos á veces nos perdemos na inmensidade deste proxecto, sobre todo os que nos toca estar ao pé do canón do diario, dos amargores da falta de apoios e de finaciamento e de incomprensións duns e doutros. Menos mal que temos xente coma ti que nolo lembra, que sempre está aí co sentimento a flor de pel e nos volve traer o lado humano desta como dis ti, Familia que é Fillos de Galicia e que sempre seguirá a ser, contra o trebón! :-)

Desta volta imos ter un chute intenso deste lado humano, nun ambiente de festa que ha ser inmellorable!!! Mágoa que por unhas razóns e por outras a presenza de algúns membros desta familia vaise ver imposibilitada. Estarán no noso corazón e na nosa fala sen dúbida!

Grazas.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Morriña de vós.

Mensagempor bershky » quinta, 01 nov 2007, 18:55

      
Anavilat Escribeu:Bershky, espero botar isas risadas do bate contigo a beira!!! Menudos dous pés para un banco!!!XD


De primeiro un forte apreixo, e logo escoitarmos os sons das nosas risas.

Aloumiños, carrouchiña miña ;-)

ccdlugo
Mensagens: 71
Registado: segunda, 31 jul 2006, 10:14

Morriña de vós.

Mensagempor ccdlugo » quinta, 01 nov 2007, 23:21

Ai carrouchiña!! Ti sí que es grande!! E animosa! E con moita enerxía! Eu tamén quería ter esa enerxía, esas ganas de estar en todos lados.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Morriña de vós.

Mensagempor esteirana » sexta, 02 nov 2007, 14:21

Anavilat!! Gracias por lembrarnos o que todo isto significa. Xa lle darei a Juan un tirón de orellas por non ter preparado a churrascada (eu non son moi boa nisto que se me queima a carne) e iso que o verán de San Mariño foi grande dabondo para poder celebrar. Seguro que nos fai agardar a vindeira primavera, pero sen ela non quedaremos. E a xuntanza Fillos de Fillos! mimadriña! eu xa tiña ganas de que o meu fora coma o teu pero tempo ao tempo, que axiña terá lugar.

Ben, tiñamos moita ilusión de ir a Chantada pero non vai poder ser por mor dun "castañazo" familiar. Xa vos explicarei. Estaremos en espíritu e para outra será.

Apertas!


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes