Página 1 de 2

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 13:35
por xestor
A raíz imos probar a facermos aquí a nosa propia votación das 7 marabillas de Galiza.

Votade pola que queirades e despois veremos cales foron as 7 máis votadas. Acéptanse novas opcións. (Ollo, deben ser arquitectónicas ou artísticas e non naturais!!!)

Eu vou ir engadindo algunha: A Ribeira Sacra.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 13:36
por xestor
Veña, facede outras propostas, que canto antes as incluamos, antes levarán votos.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 14:23
por esteirana
Horreo de Carnota, símbolo de construcción tradicional galega.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 14:31
por esteirana
Por certo, agora estánse a nominar as novas 7 maravillas da natureza en todo o mundo. Por que desde Fillos non facemos unha campaña para lograr que se inclua algunha das nosas maravillas naturais?

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 15:32
por xana
O meu voto foi para Santiago, por suposto :D Aínda que estiven dubidando moi seriamente entre Compostela e o monte de Santa Tegra, que para min é unha síntese moi boa do ser galego:o castro, a presenza do Atlántico, o contacto con Portugal, a importancia do río e mais da natureza, os celtas...

O que non entendín foi isto:
Admin Escribeu:(Ollo, deben ser arquitectónicas ou artísticas e non naturais!!!)
Eu vou ir engadindo algunha: A Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra non é unha marabilla da natureza?

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 15:57
por xana
Hai un tempo unha amiga miña regaloume un deses calendarios que levan unha foto bonita por detrás. A foto en cuestión era a seguinte:

Imagem

É algo parecido á enquisa das marabillas galegas avant la lettre, non si? Inclúe (de abaixo para enriba, e de esquerda á dereita) a muralla de Lugo, unha vieira, a catedral de Santiago, a Peregrina, cerámica de Sargadelos, a Torre de Hércules, marisco (non me preguntedes cal, nunca souben distinguilos!), a ponte vella de Ourense (creo que é de Ourense, se me equivoco, corrixídeme!), unha palloza do Cebreiro (ou o Monte de Santa Tegra? tampouco non estou segura) e mais o Pazo de Castrelos.

Digo todo isto como curiosidade, e para propoñer que se engada á lista, ademais do hórreo de Carnota que dixo esteirana, algún pazo. O de Meirás, o de Castrelos ou algún outro. Por exemplo :D

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: terça, 17 jul 2007, 19:18
por xorxelois
Puxen a Catedral, aínda que a miña verdadeira opinión é: O pobo galego en conxunto; unha marabilla única, de natureza cultural (de xeito que eche unha opción válida).

Unha forte aperta dende estoutra beira.
XL
(Bos Aires)

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 08:47
por xestor
esteirana Escribeu:Por certo, agora estánse a nominar as novas 7 maravillas da natureza en todo o mundo. Por que desde Fillos non facemos unha campaña para lograr que se inclua algunha das nosas maravillas naturais?

Agh, non digas nominar!!! Tremendo anglicismo! ;-D

Onde se pode ver esa info? Si, non costaría moito poñer en marcha esa campaña, pero primeiro teriamos que poñernos de acordo en cal propoñer.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 08:48
por xestor
Xana Escribeu:O meu voto foi para Santiago, por suposto :D Aínda que estiven dubidando moi seriamente entre Compostela e o monte de Santa Tegra, que para min é unha síntese moi boa do ser galego:o castro, a presenza do Atlántico, o contacto con Portugal, a importancia do río e mais da natureza, os celtas...

O que non entendín foi isto:
Admin Escribeu:(Ollo, deben ser arquitectónicas ou artísticas e non naturais!!!)
Eu vou ir engadindo algunha: A Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra non é unha marabilla da natureza?

...pero tamén arquitectónica. Por que pensas que se chama sacra? É pola cantidade de igrexas, coido que sobre todo románicas da bisbarra. Máis info no noso web amigo:

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 08:52
por xestor
Xana Escribeu:Hai un tempo unha amiga miña regaloume un deses calendarios que levan unha foto bonita por detrás. A foto en cuestión era a seguinte:(...)

Digo todo isto como curiosidade, e para propoñer que se engada á lista, ademais do hórreo de Carnota que dixo esteirana, algún pazo. O de Meirás, o de Castrelos ou algún outro. Por exemplo :D

Moi boa a foto, lémbrame aquela serie clásica de láminas de "maravillas de galicia" ou algo así... non lembro exactamente. Por certo, por que non a subes ao noso álbume?

Sobre o dos pazos, puxen o de Castrelos, porque o outro que suxires dame arrepíos só de pensar quen vivía alía... =:-((