As sete cruces do escudo galego

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
ossian
Mensagens: 6
Registado: sexta, 09 mar 2007, 23:14

As sete cruces do escudo galego

Mensagempor ossian » sábado, 17 mar 2007, 00:11

Saúdos. :D

É crenza estendida que as sete cruces brancas que aparecen en derredor do cáliz do noso escudo corresponderíanse coas sete capitais medievais do Antigo Reino de Galicia.
Mais lendo o libro de José Manuel Barbosa, "Bandeiras da Galiza", ó final parece que non son tal: que en primeiro era o cáliz e un feixe de cruces acompañándoo, máis que nada para encher o espazo baleiro do fondo; que logo se reduciron a seis máis outra cruz inserida na hostia e que, ó cabo, a cruz da hostia saíu fóra dela para aliñarse coas outras seis, sumando sete.
Así e a todo, chama a atención a coincidencia de que quedasen precisamente o mesmo número de cruces como de cidades capitais medievais. Doutra banda, Barbosa non achega nada de peso no seu libro, agás a súa propia palabra, para acreditar unha mera coincidencia.
¿Alguén sabe algo ó respecto? ¿Hai algo que demostre que as cruces se correspondan coas cidades ou, pola contra, non hai nada ou mesmo documentación en senso contrario?

Grazas de antemán.

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante