Tradicions e costumes... MAGOSTO

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 12 nov 2006, 06:01

Mónica Suárez Groba desde Argentina, envió este mensaje el día 25/10/01 a la lista Fillos-L:MAGOSTO: o reinado da castaña

A castaña recupera en novembro a relevancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos.
Son dias para renderlle culto....... É o Magosto...

Introducción

O aire das frias noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinoccio, un costume que nos últimos anos se intenta recuperar.

Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres e cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.

O rito que acompaña a noite no lle falta de nada.
Festa de mozos e mozas, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.
Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispoñense as castañas, que seran cubertas por un novo manto de foupa.
Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para xantar.
Con viño -nalgúns lugares adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menu, e a sobremesa poñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada.

Os nenos non faltarán o seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno e lume, tenta irmandar e galego cuns devanceiros es que segue unido polo vencello da tradición.


"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco.

Por San Martiño celebranse reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

Tradicionalmente, os galegos facían esta festa, na que aparecía tamén o compoñente purificador do lume, para honrar as colleitas.
En tempos pasados o banquete remataba con lendas e contos fantásticos relatados polos maiores, e os cativos tisnábanse uns a outros a face coa borralla do lume.

A orixe do termo

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que ven do latín -latín magus ustus - algo asi co significado -gran fogueira, outros especialiastas pensan que Magosto deriva do latín ?magro- coa equivalencia de grande, con algo de ?magus- máxico o feiticieiro.

****************************

Un bico grande para todos, dende Bos Aires,
Mónica Beatriz Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » terça, 14 nov 2006, 00:58

Inés Abeijón desde Nueva York, envió este mensaje el día 26/10/01 a la lista Fillos-L: "MAGOSTO: o reinado da castaña"

Pois agora que me dou conta, estamos no tempo das castañas.........
Vaia Mónica, xa se me fixo a boca auga o ler isto!

Teño que pasar polo super a mercar castañas para face-lo primeiro magosto do outono. A mín non me gustan as cocidas, pero encántanme as castañas asadas. Poñense no forno cortándolle un pouquiño a pel para pelalas mellor despois. Son moito mais sabrosas se non se deixan enfriar. Mmmmm!

Inés Abeijón Cernadas
Filla de Galicia
Esteiro (A Coruña) ---> Ossining (Nova Iork)


Enrique Rodríguez A. desde Panamá, envió este mensaje el día 26/10/01 a la lista Fillos-L:"MAGOSTO: o reinado da castaña"

Muy bueno O Magosto, Mónica, eso complementa un tema que voy a enviar en esta semana sobre los castiñeiros y las castañas (ya estamos en el tiempo).......

Un abrazo,

Dr. Enrique Rodríguez Alvarez,
dende as ribeiras da canle de Panamá - fillo de Ourense -
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » quarta, 15 nov 2006, 00:20

Mónica Suárez Groba desde Argentina, respondió el día 27/10/01 a la lista Fillos-L:MAGOSTO: o reinado da castaña

Enrique e Inés:

Hablar sobre las castañas y los castiñeiros me trae muchos recuerdos hermosos.
Mi abuela, cada año, cuando ya era la estación, siempre compraba castañas para asarlas.......... y en mi casa tampoco faltaban nunca en las Navidades.......... siempre me contaba cuando de pequeña, iba a recogerlas.

Me emociona mucho este tema porque atesoro esos momentos inolvidables en mi corazón...

Un bico grande, dende Bos Aires,

Mónica B. Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor mariajuana » quarta, 15 nov 2006, 02:40

María Luisa Álvarez Gutiérrez desde A Fonsagrada Lugo, envió el siguiente mensaje, el día 29/10/2003, a la lista de Fillos-L:O Magostos e as castañas.
O venres faremos un magosto no colexio. Estarán os nenos e nenas e virán tamén os seus pais, e algúns ex-alumnos. En todos os colexios de Galicia (ou case todos) se celebra cada ano o Magosto por estas datas, anque en algúns celebran tanto ou máis o Halloween...
Para soutar castañas usábanse aquí os fustes (unha peza de madeira flexible e dobrada a modo de pinza para apañar castañas sen picarse cos ourizos) e un peselo (cestiño) Nós tamén soutamos así as castañas. Anque para os nenos é un xogo, permítelles coñecer todas estas cousas que herdamos, e mantér viva unha tradición que esperamos que eles transmitan ós seus fillos...
Logo picamos as castañas (cortámoslles un anaquiño)para que non estoupen e se perdan, pero sempre deixamos algunha enteira para facer algo de ruxida. Nós asamos as castañas de diferentes maneiras: Un ano fixemos como indica Enrique, colocando unha capa de bullo de piñeiro, outra de castañas e outra de bullo. Outro ano fixemos unha fogueira e logo que se consumiron os troncos metemos as castañas no remole (entre as brasas)( Así asábanse tamén os chourizos novos envoltos nunha folla de verza) para probalos :-)) Outro, buscamos tambores de lata afuracados para asalas enriba do lume dándolles voltas... O que nunca falta, como dí Enrique, son as caras tiznadas ó remate da festa.

María Luisa Álvarez
A Fonsagrada-Lugo
Socio nº 43 de Fillos de Galicia
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor mariajuana » quarta, 15 nov 2006, 03:26

María Juana Magadán López desde Bahía Blanca Buenos Aires Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 30/10/2003, a la lista de Fillos-L:Recuerdos...
Hace años , en cada casa había un tambor , preparado especialmente para asar las castañas, en esta época del año se ponía a mano, ahí por la cocina...
Para usarlo se colgaba de la "gramalleira." En su momento, alguno de la familia lo hacía girar sobre el fuego, hasta que las castañas estaban asadas, si es cierto que nunca faltaba el chistoso o el más diablo, que muy calladito , ponía un puñado de castañas sin haberles abierto un poquito la cáscara y luego, como tú lo dices Marisa, era la sorpresa y las risas...
Entre las cestas, los cestos las fustes había otro elemento, que no recuerdo como se llama , era una especie de delantal, de tela rústica, o de telar, todo bolsillo, donde se ponían las castañas sueltas, "apañadas," cuando se juntaban los "ourizos" en el cesto, éstos pasaban a las cestas y luego a la " curripa." Esas castañas sueltas eran las primeras que se comían y por supuesto las más sabrosas. Cosecha que es toda una historia ...!! Se seguirá haciendo en algún lugar...?
María Juana Magadán López
Bahía Blanca Argentina
Villaframil A Fonsagrada Lugo
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 07 out 2007, 03:14

Rosa Merchi desde Brasil, envió este mensaje el día 26/10/01 a la lista Fillos-L:MAGOSTO: o reinado da castaña

Sí Inés, pero las mejores son las compradas en el castañero, aquel con el horno en la esquina de la calle.......comprabas un cucurucho y lo repartías en los bolsillos del abrigo para calentar las manos mientras las ibas comiendo.........
¡eso sí que me devuelve a la infancia! ...mucho las echo de menos.

Aquí las que nos llegan, además de ser carísimas (debe ser porque vienen de Portugal) muchas salen estropeadas, yo creo que hasta son viejas, es muy difícil comprar castañas ricas........ y además, asadas en casa no saben lo mismo ;-) el chiste era el comerlas por la calle.

Apertas dende Brasil
Rosa Galega de A Coruña
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 23 mar 2008, 08:06

Lisardo Fernández desde Montevideo, envió este mensaje el día 27/10/01 a la lista Fillos-L:MAGOSTO é magostiño

Esto do magosto faime lembrar de cando vivía en Caracas, nos tempos que chegaban castañas...(non sei agora) Como di Inés, poñíamolas no forno facéndolle o mesmo corte na pel...... É xuntábamonos todos na casa da miña prima Carmen, que agora vive en Ourense.
Os meus pais, os primos, alguns amigos e o invitado mais importante: unha bebida de cor escuro que todos sabedes o que é.... manda carallo!!

Qué magosto !!!!

Agora, en Montevideu, non temos castañas, polo menos eu non sei se as mercan nalgún sitio (ti sabes Lopez Faraldo ?)

De calquer modo, vivimos perto do Jardín Botánico e alí hay castiñeiros.
As castañas non chegan a madurar ben, pero temos feito a proba e quedanche moi ben.....Enton agora, facemos un magostiño
:-)

Lisardo
Montevideo
Rairiz de Veiga
Caracas
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor sbaezagarr » segunda, 03 nov 2008, 07:06

Enrique Rodríguez desde Panamá, envió este mensaje el día 26/10/02 a la lista Fillos-L:O MAGOSTO

El Magosto es una de las tantas fiestas que se celebran en Galicia.
Se celebra en el mes de Noviembre, una vez efectuada la recolección de las castañas. La castaña recupera con el Magosto, aunque sea por un mes, la importancia que tuvo como principal fuente de alimentación de Galicia, antes del arribo del maíz y la patata.

En Noviembre, nuestra Galicia se llena del aroma de la castaña asada.
Y con el Magosto se busca recobrar una tradición festiva ancestral que bien puede remontarnos a nuestros ancestros celtas.
El Magosto celebra el final de todas las cosechas anuales, siendo la castaña la última cosecha efectuada.

El Magosto me trae profundos recuerdos de mi infancia.
Dentro de las arraigadas tradiciones que mi padre guardaba, no faltaba la compra de castañas en el supermercado recién llegadas de la amada Galicia.

Y mientras las asaba en la estufa de nuestra casa, se sentaba conmigo a contarme que cuando era niño y se acercaba el fin del otoño salía con sus padres y hermanos a cosechar las castañas que luego comerían y venderían para su sustento. Por algo su aldea se llamaba O Castiñeiro.

Y me contaba, con su característico verbo retratista, como al fuego de la lareira, sobre una hoja de latón, se asaban las castañas y se tomaba el "viño xoven" de la primera cosecha, y si cuadraba la abundancia se acompañaba de unos chorizos con pan.

Otras veces eran asadas en descampado, bajo la luz de la luna, si salía.....donde los gemidos agudos de la castaña al asarse podían confundirse con el aullido de un lobo en la lejanía.
A aire libre, las castañas eran acomodadas sobre un manto de "foupa" sobre la tierra. La "foupa" consistía en agujas de pino y toxos, sobre ésta se colocaban las castañas y por encima un nuevo manto de "foupa" y se le daba candela a la foupa. Cuando las llamas menguaban en brasas moribundas indicaba que ya estaban listas las castañas para ser comidas.

Una vez apagado el fuego, los niños se apropiaban de un tizón y se tiznaban el rostro, mientras los adultos contaban relatos de "bruxas e pantasmas". Todo este relato de mi padre resultaba tan apasionante como el mejor cuento para dormir que a un niño le pudiera ser contado.

Por eso, el tiempo de la castaña va en mi sangre y con la memoria mi padre.......tiernos recuerdos de tiempos idos...... como un día en que me tizné toda la cara......era muy crío para entender las lágrimas que aparecieron en los ojos de mi padre cuando me preguntó:
"qué haces todo tiznado, hijo?"
y yo le repondí:
"jugando al Magosto, papá".

un abrazo a todos

Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
desde las riberas del canal de Panamá-Ourense
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:52, editado 1 vez no total.

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Tradicions e costumes... MAGOSTO

Mensagempor arisil » quarta, 19 nov 2008, 00:09

Catro castañas asadas.



O MAGOSTO E A SOCIOLOXÍA ALIMENTARIA DA CASTAÑA



A etimoloxía da palabra magosto é un tanto confusa. Hai filólogos que a consideran derivada do latín magnus ustus, gran fogueira, polas caharelas ou grandes fogatas que se fan nun magosto; algúns decántanse por magnus, maxia ou magno. Outros indican unha procedencia celta da palabra mag, campo.

O magosto é unha celebración festiva de carácter cíclico porque representa o paso a outro ciclo agrícola; de festa relixiosa porque se fai en vésperas do día de Defuntos; é gastronómica porque coincide coa matanza, co viño novo e coa colleita das castañas. É a festa gastronómica máis vencellada coa castaña.

Todo magosto comeza polo ritual de recolle-la leña para a cacharela, que simboliza ó deus sol, dador de vida e purificador das ánimas. Os veciños aportan as castañas e outras viandas ?chourizos, empanadas, cocido, augardente e patacas? para unha comida conunitaria e sacra que simboliza os vencellos sociais da comunidade. O lume da cacharela serve para dar gracias polos froitos recibidos, por tanto é un sacrilexio apagalo. En resume: unha festa pagana reconvertida en gastronómica e cultural que posiblemente xenerase nos galegos esa afección polas festas con foguetes e bombas de palenque que tanto iluminan o ceo nas noites de foliada.

Hai anos, no tempo dos magostos era doado toparse coas castañeiras vendendo a súa mercancía nas esquinas dalgunhas rúas de Compostela, Ourense, e outras vilas, berrando ¡que ferven, castañas quentiñas!.

Rafael Alberti4 fálanos delas: ?seguramente porque estase achegando o Nadal, tódalas castañas voaron dos seus ourizos. E tódalas castañeiras, dende as máis novas ata as máis ancianas, recóllennas baixo a aba entre as pernas, quecendo e torrando alí a súa mercaduría. Non toparon mellor lume?.

Hoxe aínda podemos topar vendedores ambulantes cunha vella locomotora asando castañas na rúa, colaborando a face-la paisaxe típica do magosto urbán, xunto cos cucuruchos de papel cheos de castañas quentes que a xente devora con ledicia.





CASTAÑEIRA



A cultura da castaña está tan vencellada ós galegos que topamos con apelidos como Castiñeiras e Souto, ou topónimos coma Sequeiros, Cequeril e Souto. Pero non só esto. A nosa conducta alimentaria sostense sobre pautas colectivas: os alimentos inxeridos, xeitos de cociñalos, emocións e recordos, os símbolos alimentarios ou normas no reparto. Non abonda con que unha cousa sexa comestible para que remate sendo comida, é preciso que forme parte da configuración da imaxinación gastronómica e que sexa recoñecida como símbolo de autoafirmación no grupo, creando así un pasado gastronómico con raigame na nosa personalidade. No caso galego, a imaxinación gustativa, a tradiconal e costumista, é, según o principio de sedimentación alimentaria5: pulpeira, lampreeira, marisqueira, sardiñeira, lacoeira, empanadeira, caldeireira, castiñeira e queixeira. Habería que engadirlle a imaxinación da mentalidade festeira gastronómica, filloeira e augardenteira.



VOCABULARIO GALEGO DA CASTAÑA

Os países da riveira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut. Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.



Arbus panis: os romanos chamabanlle ó castiñeiro árbore do pan, xa que nos tempos de malas colleitas facíase o pan con fariña de castaña.

Barexar: trasnada dos cativos que van roubar castañas ós vecinos para o magosto.

Bullote: torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos.

Cacho: tixolo.

Coco: verme da castaña.

Caldudas: potaxe de castañas secas cocidas.

Debullar: quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.

Enxerimento: superficie onde remata a castaña.

Moreas: xeito de xunta-los ourizos para golpealos e separa-la castaña do ourizo.

Petela: pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo.

Picós: anacos das cascas procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para ceba-los porcos.

Rangalleira: Dise que o día do magosto o viño ?corre á rangalleira?.

Suchar: Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar.

Taloura: vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ourizos; tamén é bareiro.

Tixolo tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho.

Tonas: cascas da castaña.

Trasmocho: castiñeiro que medra máis ó ancho que ó alto pola acción do home, que o poda coma se fose un frutal. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos polas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore.

Xemas: partes da castaña.



Tipos de castaña:



Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou.

Brava: a do castiñeiro bravo, sen inxertar.

Bullada: a que xa pasou pola bulla.

Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho.

Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.

Crouco: a que é pequena.

Degaro: a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos.

Degraída: cae do ourizo ó chan xa madura. Degaros.

Enxeridas: formadas por varias pezas.

Longal: tipo de castaña portuguesa.

Maia: a pilonga ou seca, e afumada.

Mamota: cocida coas dúas cascas, zoncho; é a castaña mal asada que non pela ben.

Pilonga: castaña seca.

Zoncho: a mamota. Os cativos enfíanas nun cordel a xeito de rosario para comelas.

No Caurel:



Abarqueira: a castaña baleira.

Bravas: hai anos que se dan e outros que non saen.

Picois: as que se desprecian cando se escollen ou que parten ó debullalas para quitárlle-las tonas durante o bandoxo.

Presa: froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende moita cantidade de castañas. Dise que estas castañas non son as máis sabrosas.

Raigonas: son as segundas en caer da árbore; as mellores para comer e as que mellor pelan.

Velliñas: é moi oscura e debúllase mal.

Vérdeas: as máis sabrosas e as que máis abundan, xunto coas presas.


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes