Xuño,mes de S. Xoan.

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor mariajuana » sexta, 23 jun 2006, 15:59

Antonio José Francisco Rey desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje el día 09/06/2003, a la lista de FILLOS-L:Junio es el mes de San Juan.
En la noche del 23 al 24 de junio se celebra la llamada Noite de San Xoán.
Con sus famosas hogueras (cacharelas).Desde la fría Buenos Aires, muchos fillos palpitamos la festividad que se avecina...
Saúdos. Galicia vive en nós.
Antonio José Francisco Rey, Bos Aires - Arxentina
Neto de Muros - A Coruña
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor mariajuana » sexta, 23 jun 2006, 17:56

Antonio Francisco José Rey desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 23/06/2003, a la lista de FILLOS-L: Alguén dixo: "a felicidade está noutro lugar ou noutro tempo"
Non sei se é certo, máis podo decirvos que me noite de San Xoán en Galicia. Saltar polas cacharelas, olla-los rostros iluminados polo lume, comer sardiñas asadas, agardar o novo día para ver baila-lo sol no ceo...
Ben sei que a morriña fai que a miña alma voe por enriba do océano; quizais hoxe, cando o meu corpo estea deitado, una meiga regalará un soño ao meu espírito galego... Quizais. Antonio José Francisco Rey
Bos Aires - Arxentina
Neto de Muros - A Coruña
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor mariajuana » sábado, 24 jun 2006, 19:31

Enrique Rodríguez Álvarez desde las riberas del canal de Panamá envió el siguiente mensaje, el dia 23/06/2003,a la lista de FILLOS-L:Estoy muy de acuerdo con lo que dice, mi hermano
Antón de Muros. Me gusta muchos ese nombre, como
muy de leyenda, de bardo celta. Yo sufro también de
esa morriña genética. Pero antes de que embargue mi
alma y me deprima, he organizado mi San Xoán
esta noche (anoche no pude...) así que hoy monto
en el patio de mi casa la hoguera, asaremos...no
sardinas pero algún parguito pequeño. Buen jamón,
chorizos, quesos y vino.Y saltaré la cacharela
como si estuviera en mi hogar gallego. Estaremos
con Monabell y su familia, celebrando San Xoán
como Dios manda, carallo!!!.Y a propósito de San Xoán,
no se en otros países de Latinoamérica (podía ser tema de la lista),
pero aquí en Panamá se celebra hoy en todos los pueblos del interior
de la república. Hay bailes, celebraciones folklóricas, corridas de toros,
misas, etc...en un pequeño y pintoresco pueblo de las montañas,
centrales de Panamá, una de las celebraciones de San Juan
consiste en una cabalgata en la tarde. Los varones del pueblo,
salen muy engalanados a lucir en una cabalgata sus mejores
caballos. Pero en la mañana, tiene lugar la "cabalgata
de caballos de palo" que la escenifican todos los niños del
pueblo (nunca jugaron ustedes con un caballo hecho
de palo de escoba y arreglado por uno mismo ?),bueno
de eso se trata.También empezamos a gozar en estos días
de San Juan del llamado "veranillo de San Juan", aunque
estamos en el hemisferio norte,en Panamá estamos en "invierno",
porque estamos en la época de lluvias casi diarias,
(inicia en fines de Abril hasta fines de Diciembre) y nuestro
"verano" es, época de sequía y radiante sol y fuertes brisas
(de Enero a Mayo) . Por eso, en estos días se da el veranillo
de San Juan, unos cinco a siete días de ausencia de lluvias
muy conocido por los campesinos. Deben ser interesante
las costumbres particulares de la noche de San Juan en cada país
de esta América hispana. Un saludo. Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
desde las riberas del canal de Panamá-Ourense-Lugo
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 25 jun 2006, 04:05

Monabell Freire desde Panamá, envió este mensaje el día 23/06/01 a la lista Fillos-L:Noches de San Juan....

Queridos amigos todos: primero que todo yo también soy muy curiosa, cualquiera te lo puede decir ;-)
En cuanto a San Juan es una fiesta muy especial en Galicia. Te cuento que mis padres se fueron hace unos días y conversando con ellos ayer, mi padre me dice "Mona el domingo es San Juan no lo olvides".Así empecé a recordar las historias que mi padre y mi tío año tras año nos narran sobre lo que hacían en su aldea la víspera de San Juan. Mi padre es de una aldea que se llama Vilariño, en el ayuntamiento de Forcarei (Terra de Montes), provincia de Pontevedra.. Su aldea es como tantas otras de Galicia, en este caso rodeada de montañas agrestes, pero con curiosas costumbres como la de la noche de San Juan.. Me cuenta mi padre que en la víspera de San Juan, o sea hoy, los jóvenes robaban los carros de las vacas a los vecinos (sabrá Dios porque) y que hacían una gran fogata en el medio del pueblo donde todos bailaban alrededor y quemaban ropa y cosas viejas para alejar a los malos espíritus.
Mi abuela levantaba a su prole antes que saliera el sol del día 24 para que subieran al monte y que los primeros rayos del sol de San Juan bañara sus cuerpos. Ese día el sol bailaba, y mi padre y mi tío aun hoy juran que lo vieron bailar muchas veces durante su niñez (seguro que habían tomado mucha queimada mientras bailaban alrededor de la fogata) ;-).
De todas formas es una fiesta que se celebra en grande y hay que realizar algunos rituales que les paso a contar:

1. Si están en Galicia y quieren tener un baby más rápido que ligero, pues chicas, a recibir las nueve olas a la playa de La Lanzada. No se si llegará el bebé, pero una pulmonía seguro que si porque el agua esta congelada.

2. Recojan pétalos de flores y colóquenlas en una vasija con agua. Hoy en la noche coloquen la vasija bajo la luz de la luna. Mañana mis queridas amigas, con esa agua se lavan la cara y el cuerpo. Hasta el próximo San Juan estarás bellas bellas, no habrá quien pueda con ustedes. Los hombres también pueden hacerlo, el problema es que van a ser como miel para las abejitas de los alrededores ;-)

3. Tomen una hoja de papel blanca y en el centro echen tinta (china o de las que usan los niños en la escuela) doblen la hoja en la forma que quieran y déjenla hoy a la luz de la luna. Mañana aparecerá una figura, eso es lo que San Juan les tiene reservado para el año.

4. Y por supuesto si pueden hacer una fogata, bailen alrededor de ella con alegría para que todo lo malo se vaya con el fuego purificador.

¿Que les parece? hagan lo que les dije no falla. A mi en la figura siempre me sale un avión y dicho y hecho, en julio siempre me voy a Galicia jaja. San Juan es muy poderoso ;-) Ojalá les guste la historia y recuerden hoy es una noche mágica, todos sus sueños se pueden hacer realidad.
Con cariño
Monabell Freire
Panamá-Panamá
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor sbaezagarr » domingo, 25 jun 2006, 04:51

Inés Abeijón desde Nueva York, envió este mensaje el día 23/06/01 a la lista Fillos-L:Dia e noite de San Xoan
Manha e o 24 de xunho ou o que tamen podemos celebrar como dia de San Xoan.
Vou compartir con vos un dos "rituais" deste dia tal e como o celebrabamos en Galicia. Lembrome que de pequena, minha nai chamabanos para que nos erguesemos cedo e ver baila-lo sol. Hai unha crenza que di que o sol baila na manha de San Xoan. Minha nai foi quen me ensinou esta estrofa:

San Xoan pideulle a Cristo
que non o adormentase,
para ver baila-lo sol
o dia da sua romaxe.


Asi conseguiu moitas veces que unha dorminhona coma min se erguera cedo cada 24 de xunho. Eu non cria nestas cousas, pero mais dunha vez vin como o sol parece que se move tan pronto sae nese dia, de esquerda a dereita e de arriba abaixo. Eu nestas cousas non son experta, pero ver.. eu vino. Logo lavabamo la cara ca auga de herbas que colliamos o dia antes e deixabamos na azotea toda a noita. Eran herbas de romeiro, e doutras prantas con forte olor. Durante o dia sempre o celebramos xa que coincidia co cumpreanos do meu avo (que seguira cumprindo onde queira que estea, manha son 99 do seu nacemento) e tamen o seu santo, chamabase Jose Juan. Agora o destinho quixo que seguiramos celebrando, xa que o meu home tamen cumpre, e tamen se chama Xan.
E pola noite faciamos as tradicionais fogueiras (cacharelas) e saltabamos por encima unha e outra vez, facendo que a noite se unira co dia seguinte. Unha noite maxica.
Este dia de San Xoan segue a ser para nos un dia moi especial.
Saudos a todos e felicidades os Xans (Xoans), e Xoanas.
Inés Abeijón Cernadas
Filla de Galicia
Esteiro (A Coruña) ---> Ossining (Nova Iork)
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor sbaezagarr » quinta, 24 jun 2010, 01:02

Enrique Rodríguez desde Panamá, envió este mensaje el día 16/06/02 a la lista Fillos-L:
A Noite de San Xoán
Hai moitas cousas que falar das crenzas e ritules da Noite de San Xoán. Imos a falar un pouco día a día.
A noite do 23 ó 24 do mes de San Xoán, ou sexa a noite do víspora, e mailo
día do santo, que é o 24, coincidindo co solsticio de verau, cando o sol,
chegado ó máis outo do ceo, vai encomenzar a baixar, cando se dá, nas nosas
latitudes, o día máis longo do ano, dende o cual os días encomezan a
debecer, é a data, dun cabo ó outro da área xeográfica do ciclo cultural
européu ou occidental, o instante cecáis mais sinalado pra reviviren tódalas crencias e costumes dos nosos antergos máis remotos, conservadas na
lembranza máis ou menos neboenta e nos degoros inconscentes da xente das
camadas populares.
\\\\\\\\\\\\\\\"Carballos bentos, - dí Salomon Reinach - herbas collidas no día de San
Xoán, exvotos pendurados nas ponlas, curaciós conseguidas pasando a traveso
do burato dunha peneda ou pola fendedela dun árbore, isto todo prolonga
deica nós as ilusiós... do tempo que pasóu... Cando os paisanos choutan ou
fan choutar ás súas bestas a traveso das flamas das fogueiras do San xoán,
practican un vello rito céltigo.\\\\\\\\\\\\\\\" O autor dí esto todo, falando
precisamente dos celtas e das súas creencias e cerimonias. E calquera galego que o lea, non ha poder menos de se lembrar de cousas vistas facer ben veces na nosa Terra.
AS CANCELAS....
Na noite de Sa Xoán, nas máis das aldeas de Galiza, os mozos \\\\\\\\\\\\\\\"andan ás
cancelas\\\\\\\\\\\\\\\". Consiste en iren uns cantos xuntos, ou todos, polas casas ds
veciños, entraren nos curros, nos pendellos e nas cortes, colleren os
carros, os xugos, os arados, grades, escadas e trebellos de toda caste, sin
que os donos se enteren, e levalos. O que fan coíles varía asegún os lugares ou asegún a idea que se lles veña á cabeza: o máis común é polos todos xuntos nun sitio onde toda a xente os vexa á mañá, sexa no adro da eirexa, sexa na praza ou no campo da festa, sexa nun camiño por onde pase moita xente; ás veces, póñenos atrancando o camiño principal, pra que ninguén poda pasar, ou mesmo atrancan os camiños con árbores caídos, trabes, leña ou calquer impedimento. Ou meten os carros e os trebellos nun río; ou levan os dunha casa pra outra é o contrario. O caso é facer rír á xente e que os donos leven ben traballo pra recoller as cousas e volvelas traguer pró seu sitio. Dende logo, que ninguén se pode encabuxar por esta broma, sinon levala a ben e celebrala moito.
AS FOGUEIRAS.....
Chámanse lumes, lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas. Alcéndense xa nas primeiras horas da noite, despóis da cea. En moitos lados alcenden iste lume con leña e ramallosa canto máis verde millor, de modo que dea moito fume, pois iste é bó pra afuxentar as bruxas e os espíritus ruís e pra purificar á xente. En torno ás grandes fogueiras danza e canta a multitude,indicando o seu carácter pruficador o salto dos mozos e mozas por riba do lume.
As fogueiras, como as cancións, respóstanse unhas ás outras.Así pasan a
noite cantando e dando voltas arredor do lume, ou brincando por riba da
fogueira uns atrás dos outro, sin medo de se queimaren, facendo invocacións
como:
\\\\\\\\\\\\\\\"Salto por enriba
do lume de San Xoán
pra que non me trabe
nin cobra nin can\\\\\\\\\\\\\\\"

Nalgúns sitios, as moza que brinquen por riba da fogueira, sin tocar nas
flamas, din que se casan dentro dun ano. Pra ben ser, compre saltar varias
veces, sempre en número impar, recitando a fórmula e saltando unha vez pra
un lado i outra vez pra outro. O acto de saltar chámanlle en moitos lados
salvar. O millor, sobre todo prós que están enfermos, principalmente de pel, é brincar en pelico, ou sexa encoiro, pró cual os demáis que están alí, retíranse. Tamén pasan ós nenos por riba do lume, entre o padriño e a
madriña, ou ben as consabidas tres Marías, empregando a coñecida fórmula:
\\\\\\\\\\\\\\\"Enfermo cho dou, devólvemo sano\\\\\\\\\\\\\\\"; logo envólveno nunha saban de liño que
non fora mollada.
ENFEITAR AS CASAS......
É tamén costume poñer espetadas nas xuntas das pedras na parede das casas,
penduradas nos corredores ou sinxelamente pousadas no peitoril das fiestras, herbas e frores do tempo, que aparecen alí á mañá cedo, semellando adornos.
Nalgúns lugares esto é un obsequio que lle fan os mozos ás mozas quenes,
unha vez cumprida esta obriga, xúntanse entre eles e van cantarlle as copras que a inspiración do momento lles fai saír das gorxas.. Tamén se fai o mesmo coa intención máxica de escorrentar diaños e meigas.
E déixo para mañá outra parte.....
Unha aperta
Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
dende as ribeiras da canle de Panamá-Ourense
Última edição por sbaezagarr em sábado, 08 nov 2014, 21:36, editado 1 vez no total.

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Xuño,mes de S. Xoan.

Mensagempor sbaezagarr » quinta, 24 jun 2010, 01:38

Enrique Rodríguez desde Panamá, envió este mensaje el día 17/06/02 a la lista Fillos-L:
Máis da A Noite de San Xoán
Agora imos coa segunda parte de A Noite de San Xoán.....
O BAÑO DA MEDIA NOITE
Na noite de San Xoán envivécese e colle maores virtudes que nunca a auga das fontes santas e milagreiras. Polo tanto, esa auga vólvese como un remedio universal que compre aproveitar meténdose nela ou, sinxelamente, lavándose ás doce en punto da noite.
O pior é que tamén as bruxas fan usanza da auga destas fontes. Miden e reparten a auga de cada veciño, mais si queren mal a algún bótanlle a auga polo lombo. Outras veces lévana pra prepararen os seus meigallos. Tamén din que si, ó romper o día, tocan na auga, descobren os seus segredos e quedan limpas da bruxería. Non son somentes as bruxas das que din que andan soltas nesta noite milagreira sinón tamén os encantos, moitos dos cuales non se deixan ver máis que na amañecida de San Xoán . Por esta causa, o doente que vai tomar os baños nestas fontes tén que ter coidado de non se deixar levar do medo que lle poñan os aparecidos que pode atopar no camiño.
A FROL DA AUGA
Un dos misterios máis extranos e máis poéticos da noite de San Xoán é iste da fror da auga. A fror da auga é a que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como si fora a tona en que viñeran á superficie tódalas virtudes e maravillas.
De certas expresiós que aparecen en ditos e coplas deducen algús como si esta fror da auga fora traguida por un páxaro no bico. Pode haber aiquí un trabucamento co acreencia de que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de San Xoán trai un paxaro no peteiro e deita nunha fror tén as mesmas virtudes que a fror da auga. Tocantes a calquera das dúas cítase a seguinte fórmula:
Día de San Xoán, alegre,
meniña, vaite lavar,
pillarás auga do páxaro
antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.
Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar.
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraióu,
xa arraióu,
tódalas meigas levou.
Peladas era
peladas serán
todalas meigas
que andan polo chan.
Peladas son,
peladas eran
tódalas meigas
que andan pola terra

AS NOVE ONDAS
O caracter purificador - e tamén fecundador - das augas ponse de manifesto na tradición do baño das nove ondas, de forte tradición na praia de Lanzada, en Noalla - Sanxenxo. Ademais de ser un rito manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres esteris. Hanse bañar compretamente en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade teñen valor, asegún dín, non son nove sinón sete.
Cóntanas de dúas a nove, contando as nove pra colleren a ola grande, mais, en realidade, son sete as que toman. Nun romance popular que data sen dúbida do século XVI, a sabia, que denencanta ás que eran víctimas do sortilexio das meigas, ordénalles a purificación con estas palabras:
Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levarédes con vosco
as nove follas da oliva

Na xurisprudencia irlandesa, a distancia de nove ondas foi a que se estableceu entre inimigos, coma se creesen que estas foran bastantes para purificalos dos seus mutuos odios. E, cousa singular, o primeiro que pronunciou esta sentencia foi o bardo Amergin, que as lendas fan ir de Galicia a Irlanda.
AS HERBAS de SAN XOAN
Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos e certas herbas recendentes, e deixase toda a noite ao descuberto -prefrible sobre o tellado- pra que adequira o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán
tódolos membros da familia, en especial os nenos, teñen que lavarse con esta auga milagreira, que, por certo, arrecende maravillosamente (ule a rosas, xa se ve)
É unha usanza común a toda Galiza o recoller na tarde e na noite de San Xoán diferentes herbas e frores, botalas en auga e deixalas na auga ó sereno pra que collan o orballo desta noite prá mañá lavárense todos naquela auga. As herbas que se collen pra iste uso son: os sanxoáns, alcroques ou abrulas (dixital); o fiuncho ou fiollo; o codeso; o fento macho; o trovisco; ponlas de nogueira, ponlas de ameneiro ou amieiro; espadana; sabugueiro; romeu; malvas; artemisa; arzáis; rosas de nabo; ágramo; herbas de San Pedro; rosas de sábrego; poutas de lobo; herba de nosa señora (matricaria); follas de carballo, castiñeiro; rosmaniño; perpetua; roseiras;...Esta auga, en que estiveron de remollo as herbas, tén propiedades manciñeiras, máxicas, pra curaren dos aires lurpios, envexas, etc. e cosméticas, pra pór mais bonitas ás mozas e darlles bós coores e finura de pel. Na noite de San Xoán, si as mozas meten certas herbas debaixo do cabezal poden ver en soños ó home con que van casar. Pódese saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan e vendo pró outro día si están verdes ou si secaron; así iralleó que está lonxe, ben ou mal.
Tamén é a noite propicia pra curaren ós nenos do engadino e das esbrilladuras. Fenden en dous un carballo e pasan ó rapaz pola fendedela, intervindo dúas Marías ou unha María e un Xan, pasándollo un ó outro tres veces decindo \\\"Toma María - Daca Xoán - Doucho crebado - Darásmo Sán\\\". Logo atan o árbore ben atado, asegún estaba, e si solda é que o neno cura, sinón é que non cura.
O ORBALLO
As mesmas virtudes, e aínda maores, que as da auga desta noite, tén o orballo. Cecáis as das augas, as das herbas, as dos árbores, lles veñan do orballo, como indica a condición de deixar as cousas ó sereo.
Pra curar a sarna, durmen os enfermos en coiro, antremedio do centeo, pra colleren o orballo da noite toda; ou métense polas searas molladas á mañanciña, enantes de saíro o sol; ou embórcanse a esa hora na herba dos prados; ou refréganse contra dun carballo, ás doce da noite, deixando a roupa pendurada nunha ponla.. O orballo de San Xoán élle moi bó tamén á facenda, polo cual en moitas partes de Galiza sácana pra que o tomen, ou fan que crucen un riachuelo (ou que pasen por riba das cinzas da fogueira da noite anterior). O orballo desta noite dá virtudes, ou fai medrar as das herbas manciñeiras polo que, recollidas nese intre, son moito millores.
Aínda acontez que o que non teña escrúpulos en se valer das forzas endiañadas pódese facer doadamente, nesta noite, cun demiño familiar que o obedeza. Pondo un lenzo ou unha servilleta de lamanisco por riba ou por baixo dun fento, atópaa á mañá chea de demiños pequerrechiños. Esto debe ter relación co que se dí no Ciprianillo encol da semente do fento. No Ciprianillo, como nas Gacetas referentes ós tesouros, fanse moitas menciós da noite de San Xoán, incluso como a máis doada prós desencantamentos.
Tamén hai que falar da \\\"sorte do ovo\\\" : ás doce en punto da noite de San Xoán cáscase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa despóis ó sereo deica que amañece. Despóis, á mañá, vaise ver e o ovo tomóu a forma unhas veces dun barco, outras dunha capela, outras doutra cousa calquera, e polo que alí se vé adivíñase ben cal sexa a sorte se ha ter no ano, deica o día de San xoán do vindeiro, os acontecementos e traballos que se han pasar, o oficio do home con quen a moza ha casar, etc..
Polo derradeiro, o orballo de San Xoán favorez tamén ás cousas inanimadas:
posta ó orballo de San Xoán a roupa de lá, non colle a couza ou traza, polo cual aconséllase, enantes de gardala nos armarios, póla á orballada desta noite.
Autores ocultistas recollen tradiciós máis ou menos atinadas da Edade Media e do Renacimento; así se fala do orballo en relación co sol e máis cos astros, como si o orballo trouguera disolta a luz solar ou a enerxía astral; os alquimistas falaban do ros coctus, en relación coa pedra filosofal. Or outro lado, o orballo tén súa significación en certos sistemas de meiciña naturista e similares, como na hidroterapia do Abate Kneipp, o cual aconsellaba os paseos á mañá, cos pés descalzos, riba da herba mollada.
Unha aperta,
Dr. Enrique Rodríguez Álvarez
dende as ribeiras da canle de Panamá-Ourense


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes