Página 1 de 1

Meu apelido

Enviado: quinta, 12 nov 2009, 21:38
por cachafeiro
A raiz dunha inquietude de Claudia Valeiro por saber o significado do seu apelido, atopeime coa miña ignorancia sobre o meu.
Sempre pensei que Cachafeiro proviña do nome dun pobo e non que tiña a súa propia definición.
Teño unha amiga de apelido Monteiro que significa \"Home que se dedica a arrincar pedra\", o anterior dono da casa onde vivo era de apelido Castiñeira: \"Lugar ou sitio onde hai algúns castiñeiros\"
Púxenme a buscar o significado e isto foi o que atopei:
Cachafeiro: \"Persoa pachorrienta e calmosa que non se apura por nada\"
Xuro que non é verdade!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Meu apelido

Enviado: sábado, 14 nov 2009, 17:37
por victoriadiazmcswain
Ola Alexandra...gustame o significado do teu nome! Saleme ben ao meu...verdade... :-) Toria

Meu apelido

Enviado: sábado, 14 nov 2009, 17:56
por mariab
Pois nunca na vida escoitara esa palabra.Eu tamén pensaba que sería o nome dun sitio.