Apellido Andrade

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
sromero
Mensagens: 135
Registado: quarta, 24 jul 2002, 23:00

Apellido Andrade

Mensagempor sromero » terça, 24 mai 2005, 14:03

Hola:
Me gustaria conocer los origenes o significado de mi segundo apellido: Andrade.
Gracias.
Silvia Romero Andrade
Última edição por sromero em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Apellido Andrade

Mensagempor anamp » quarta, 25 mai 2005, 10:04

Ola, Silvia!
Tomo nota da túa pregunta, para incluíla no noso próximo envío ao Consultorio dos nomes e apelidos galegos do Faro de Vigo. E logo.... a agardar a resposta!!!
Saúdos!
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mill
Mensagens: 9
Registado: quinta, 12 set 2002, 23:00

Apellido Andrade

Mensagempor mill » quarta, 01 jun 2005, 19:45

Extraido da web http://www.xenealoxia.org, que volvo a recomendar aos interesados na historia e os apelidos.

ETIMOLOXÍA
Andrade parece ser un apelido, que tivo como orixe o topónimo San Martiño de Andrade; un pequeno couto nas terras de Pontedeume, onde os primeiros Andrade estaban situados como "miles", ou cabaleiros. También existe unha aldea chamada Andreade en Paradela, Lugo.

En canto a etimoloxía do topo Andrade, parece ser un antropónimo, ou sexa un topónimo derivado dun nome de persoa. Piel-kremer. His. Got. faino derivado de Andr-, Millán González Pardo en Top. Pontedeume, faino derivado do celta *Anderati.

COMENTARIO
A familia Andrade foi unha das familias galegas, que acadou "casa e estado", nas guerras dinasticas entre PedroI e o seu irmán Enrique de Trastamara. Foi tal o poder acadado por ista familia, e polo seu vástago maís importante Fernán Pérez de Andrade, (Conde de Andrade, de Pontedeume e señor das vilas de Ferrol, Pontedeume e os señorios de Serantes e Vilar; que moitos autores puñeron na súa voca a célebre frase, no momento do asesiñato do rei Pedro I......"Eu nin quito nen poño rei, mais axudo o meu señor". A familia chegou a dominar nunha primeira fase de expansión as terras de Cedeira, Trasancos, Bezoucos, Pruzos e Labacengos. O emparentar coa casa das Mariñas (Ver Mariñas), ista expansión chegará a situalos nas cidades de Betanzos e Coruña. Con Fernando de Andrade a familia chegaría a alcanzar o Tíduo de Conde de Vilalba e os seus señoríos.Tódolos esforzos que fixera Fernán Pérez II no seu testamento, para que a súa casa, apelido e armas, quedarán sempre por enriba de calquer outra casa nobre, que encontrara coa familia Andrade; ficaron esquecidos o casar Tereixa de Andrade con Fernando Ruiz de Castro, titular da casa Condal de Lemos. O apelido seguirá tendo presenza na caste nobiliar por unha rama residual, os Andrade de San Sadurniño, que recibirán do rei Carlos II "O enfeitizado" os tíduos de Marqueses de San Sadurniño e Vizcondes de Cerdido. Outras ramas secundarias da familia son, os Freire de Andrade e Pardo de Andrade.

Os Andrade xugaron un grande papel na historia de Galiza, entre eles Nuño Freire "O Mao", foi o detonante da primeira "Guerra Irmandiña". Os abusos que fixo a vila de Ferrol, o botar enrribas distes veciños, as cargas dos gastos da visita do infante Enrique de Aragón a Compostela, fixo que os ferroláns organizados en Irmandade e dirixidos por Roi Sordoe chegaran a tomar o castelo de Moeche e incluso cercar o conde no seu castelo da vila de Pontedeume.

Unha rama dos andrade pasaría a Portugal. Os principais ramos portugueses proveñen de Rui Freire de Andrade, que marchara para Portugal con seus dois fillos D. Nuno Rodrigues Freire de Andrade, mais tarde mestre da Orden de Cristo, e Vasco Freire. Ista rama chegaría a ser gobernadores da India portuguesa.

Outro campo donde os Andrade chegaría a alcanzar a gloría da súa nobreza, sería na das artes. Fernán Pérez, mandou traducir o galego "A Crónica Troiana". Fundou o mosteiro de Sta Catalina de Montefaro e engrandeceu os de San Xoán de Caaveiro e Monfero, onde serían enterrados os seus vástagos. Fixo levantar a Igrexa gótica de San Franciso de Betanzos, onde hoxe en día está enterrado xunto a súa dona, as súas arcas de enterramento son con moito a xoia dos monumentos funerarios galegos. Fixo ergue-la ponte sobor do leito do río Eume que contaba cun hospital enriba. No ano da súa construcción foi a ponte máis grande de Europa. Construíu o castelo de pena Leboreiro, o Pazo de vila de Pontedeume do que só fica a torre.

XENEALOXÍA
Se a grande obra de Vasco da Ponte non chegara mutilada os nosos días, houbera dito que a casa de Andrade remontase a Fortunio Bermúdez. anque a seguridade non é absoluta. Iste cabaleiro asina numerosos documentos na primeira mitade do século XII, xunto os Atániz e Menéndez. Os seus fillos serán Bermudo e Elvira Fortúniz. Nun documento datado en 1160, Bermudo Fortúniz, miles de Andrade, dona o mosteiro de San Xoan de Caaveiro unha propiedade en Alón, Vilarmaior. Os descendentes de Bermudo, serían Martín Bermúdez de Andrade e Pedro Bermúdez de Andrade. O primeiro foi prestameiro e o segundo só miles ou cabaleiro. No ano 1211 Pedro Bermúdez de Andrade xa chegara a prestameiro e casara con dona Urraca González, incrementando as súas posesión dentro da comarca de Pontedeume e no condado de Montenegro (Lugo). Seus fillos foron Lopo Pérez de Andrade, Fernán Pérez de Andrade I, e Urraca Pérez. Os fillos serían cabaleiros e prestameiros de Pruzos. Seguiría a saga familiar na liña de Fernán Pérez de Andrade I, no seu fillo Pedro Fernández de Andrade. Iste parece que foi o pái da figura principal da linaxe: Fernán Pérez de Andrade II, "O Boo" (Ver Nota de Freire al final), nacido nas derradeiras datos do século XIII. Nestas datas parece que a familia adouta o "dictus", ou alcume de "Freire". Xoan Freire de Andrade foi irmán de Fernán Pérez, iste tivo un fillo chamado Nuño Freire, chamado a xogar un importante papel na familia. férnan Pérez morre sen sucesión pois o seu fillo e herdeiro parece que morre na súa xuventude. A linaxe dos Andrade seguirá na liña do sobriño de Fernán Pérez II, Nuño Freire de Andrade dito "O Mao". Parece que a iste sucédelleo seu fillo que adouta o nome de Fernán Pérez. Tivo un fillo chamado Diego de Andrade, I Conde de Vilalba, iste casa con dona María de Haro das Mariñas, filla do todo poderoso Gómez Pérez das Mariñas, señor das Mariñas dos Condes e das Mariñas dos Freires. Ista herdará do seu pai o señorío das Mariñas dos Condes, as encomendas de Brives e Cambre, e varios señorios e castelos como o de Mesía. Iste pacto cerraría a competencia entre as dúas linaxes. A Diego de Andrade sucedeulle Fernando de Andrade, que destacaría nas campañas italianas do Grande Capitán. Extínguese a liña másculina dos Andrade e entronca a femenina con a poderosa casa de Lemos, revertendo nela todolos señorios, tíduos e castelos.

ARMAS
As armas dos Andrade, foron unha banda diagonal engolada por dúas cabezas de serpe. Seguíalle o lema: AVE MARIA GRATIA PLENA. Os antios Andrade tomaron como animais representativos das súa linaxe o oso e o xabarín, iconografía que quedou espallada e tallada en pedra por todolos seus estados.

Bibliografía
Cátedra. revista eumesa de estudios. nº8. concello de Pontedeume e diputación da Coruña.
El Monasterio de San Juan de caaveiro. carlos de Castro Álvarez. Historia e Arte. Diputación da Coruña.
Mariñan Pazo dos Sentidos. Jesús Ängel Sánchez García. Diputación de A Coruña.
Historia de Galicia. Tomo II. Baja edad media y Comienzos de la Edad Moderna. Faro de Vigo e Xunta de Galicia.
Comentario e Traducción: Xosé Lois lamigueiro.

Nota de Freire:
Segundo José García Oro "La nobleza gallega en la Baja Edad Media" (Bibliófilos Gallegos. Biblioteca de Galicia XX), o pai de Fernan Perez de Andrade (O Bó) foi Ruy Freire de Andrade, casado con Inés González de Soutomaior, que morreu na Coruña o 4 de xuiño de 1362 e no seu testamento elixira para o seu sartego a Igrexa de Santo Domingo, tendo coma testamentarios ós frades Gonzálo Sánchez e Fernán Rodríguez . Os seus herdeiros serían os seus fillos Nuño Freire, maestre da Orde de Cristo en Portugal, Juan Freire, Lope Núñez, Fernán Pérez, María Peláez e Sancha Núñez.

A fonte da que recolle García Oro os datos do testamento é a obra de Vaamonde Lores "Ferrol e Pontedeume"

HERÁLDICA
(1) De sinople, unha banda de ouro; bordura de prata cargada das letras de sable: ?AVE (en xefe), MARIA (no flanco sinistro), GRATIA (en punta) PLENA (no flanco destro)?.
(2) Armas: as máis comúns en Galicia traen, en campo de sinople, unha banda de ouro engolada en dragantes da mesmo; bordura de prata cargada das letras de sable: ?AVE (en xefe), MARIA (flanco sinistro), GRATIA (en punta), PLENA (no flanco destro)?.
Bibliografía: L.H.G.


Saúdos,

Roberto


Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante