Un ferrado de apelidos III y IV

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
refrey65
Mensagens: 48
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Un ferrado de apelidos III y IV

Mensagempor refrey65 » domingo, 30 jul 2006, 00:29

Un ferrado de apelidos (III)
Taboada, de Lalín, pregúntanos sobre o seu primeiro apelido, que é dos pouco difundidos. Se consultamos o Gran Diccionario de Xerais veremos que recolle o adxectivo brandido ?ostentoso, copioso, abundante?. Trataríase dun apelido vindo dun alcume referido á largueza, liberalidade, riqueza ou ostentación daquel que
fose o primeiro Brandido. Se así é, o apelido Brandido formará grupo con Brandão portugués e o Brandón que usaba o derradeiro Xuíz do Couto Misto independente. Este brandido viría da raíz, común a todos os dialectos xermánicos, brand(a) segundo informan Piel e Kremer. De aí procede moita onomástica persoal vella, algunha dela toponimizada e volta a se antroponimizar (vaia palabrotes!): Brandemirus (Brandomil), Brandiricus (Brandariz), Brandila e outros. O galicismo brandir, procede do franco ?xogar a espada?, difúndese na Península Ibérica no século XIV e del puido vir brandido.
14. BRAÑAS.- Na lexicografía galega obsérvase unha primeira acepción de braña: ?pasto ou panasco de alta montaña que se aproveita en verán?. Esta acepción é moi propia do Nordés galego e das Asturias, onde
os solos calizos son favorabeis á vexetación verde de altura (brañegos, para Noriega Varela, eran os montañeses próximos a Mondoñedo). Unha segunda acepción de braña é ?zona de lagoas?.En realidade, esta
segunda braña referíase originalmente aos panascos verdes que se forman ao se retirara auga das lagoas
nos estíos. Os limianos da miña xeración lembran ben cando o Lago Beón ou Lagoa de Antela secaba en
parte no verán deixando unha herba moi boa que os veciños daquela Veiga utilizaban para alimentar becerros de recría e despois vendelos ben grosos e coa pelaxe relocente. Polo tanto, en ambas e aparentemente
diferentes acepcións, as brañas son lugares nos que se dan panasqueiras ou pastos de verán. Segundo Leite
de Vasconcelos, unha hipotética *veranada ?lugar no que se pasa o verán? diu paso á palabra branda, relacionada certamente con braña. Tales brandas relacionadas coas brañas son as aldeas onde os pegureiros das freguesías do Castro Laboreiro (Melgaço), O Soajo (Os Arcos de Valdevez) e Quégoas (Entrimo) pasan
o verán por aproveitar os pastos altos e frescos, e permanecen de inverno nas aldeas chamadas inverneiras de modo semellante a como fan os vaqueiros asturianos e os pasiegos de Cantabria. Pois ben, digamos xa que o étimo de braña é o latín veranea derivado de uer/ueris ?primavera? que co tempo foi asumindo o significado que hoxe lle damos a verán. Benigno García Braña, de Eilao, é unha das personalidades asturianas que máis
teñen porfiado no recoñecemento do galego como lingua propia da Terra Eo- Navia.
15. BUCETA.- Usan este apelido 2.068 (LM) compatriotas e pode vir dun alcume pois buceta é o nome dunha embarcación tradicional. En Portugal, escrito boceta, significa (non sei se en galego tamén)
?caixiña oblonga?. Tamén a palabra é usada en Galicia co significado de ?vulva, xenitais femininos?. Freud ten divulgado a idea (existía antes ca el) de que as caixas e os receptáculos poden ser interpretados no universo onírico como vulvas, co cal cando os p o r t u - g u e - s e s falan na Boceta de Pandora poden hoxe mover a riso a moitos galegos e galegas que se cadra non teñan nocións de psicanálise. Porparte, a relación
entre a idea de ?receptáculo? e as formas de embarcación tradicional ás veces de cruzan en desprazamentos
semánticos moi curiosos, aos que hai que sumar outros que, modo obsceno, inclúen bruscamente a mención
da vulva. Así, dorna e gamela antes de servir para nomearen barcos significaron recipientes de madeira de uso doméstico. E a barca chamada gamela entre a ría de Vigo e Caminha por veces recibe o nome de artesa, tamén relacionada coa idea xeral de ?caixa?. Por outra banda, na lengua malfalada de Cangas soen dicirlle cona ás dornas de Bueu e Ons, e isto ocorre tamén con outras embarcacións de Galicia. De calquera das tres acepcións de buceta (?barco fisterrán, ?vulva? ou ?caixiña?) puido saír un alcume e, do alcume, derivarse o apelido. Pero de onde vén o nome buceta ?barco pequeno coa proa e a popa aguzadas?? O profesor Francisco Fernández Rei infórmanos, nunha xenerosa aportación a este Consultorio que moito agradecemos, de que se encontran doc o - mentadas pola Occitania Atlántica, e tamén pola Mediterránea, por Cataluña, así como en textos de lengua anglonormanda, e mesmo en inglés medio e en alemán, palabras que designan un
tipo de barco medievale que remiten unha forma primitiva bus, da cal se coñece un derivado diminutivo
catalán bosseta. Este sería o étimo de buceta, palabra que en galego é sen dúbida de importación e cuxo ufixo diminutivo denota unha orixe catalá, francesa ou occitana. Fernández Rei non descarta a posibilidade
dunha orixe remota e tal vez xermánica do nome bus e polo tanto da nosa buceta. E aínda nos advirte de que
un dos apelidos de orixe alxeriano (árabe ou berber) máis usados en Francia é Boucetta, co cal nos achamos ou ben frente a un apelido galego de orixe árabe (ou berber), como Benavides, ou ben perante unha curiosa coincidencia.
16. CABALEIRO.- Félix Caballero Wangüemert, de Vigo, pídenos información sobre Cabaleiro. Tratase dun apelido que perpetúa un alcume ennobrecedor (como Conde, Príncipe), no sabemos se inicialmente con intención irónica, da persoa que primeiro o recibiu. O nome cabaleiro significa ?persoa montada a cabalo?
e ?membro da orde da cabalería, indivíduo de categoría social alta?. Trátase dun derivado de cabalo, palabra que procede dun latín caballus/i que desprazou equus/i e que deixou descendencia por toda a Romania e máis. En canto á orixe remota do latín caballus, ela é controvertida: hai quen pensa nunha lingua
non indoeuropea balcánica ou lidia e ai quen pensa nun celtismo do latín tomado en empréstito desde o galo. En Galicia sase máis o apelido na súa forma galega correcta que na súa forma castelanizada.
17. CAMAÑO.- 9.600 (LM) persoas usan deste apelido na forma Camaño, como Manuel Camaño, dirixente ou, máis frecuentemente, cun a xeminado, Caamaño, or tradición. En galego medieval camaño significaba grande?, e ten o seu étimo no latín vulgar quam magnu ?qué grande?, como tamaño, seu xémeo, o ten en tam
magnu ?tán grande?. A procedencia deste apelido pode estar nun alcume aplicado a algún indivíduo de corpo grande ou moi forte. Pro tamén pode ser de orixe toponímica. Existe no Son a freguesía Caamaño e houbo unha fortaleza dita Castro Camaño que pertence ao grupo dos castelos, mosteiros e mansións que usaban nomes embelecedores e, por veces, estranxeirizantes, como Belvís, Benbibre, A Rocha, Milmanda, Nóvoa, Miragaia, que pudieron producir apelidos.
18. CASAS.- O significado deste apelido é transparente. Apelídase así laguen que procede dun lugar habitado que, tautolóxicamente, é chamado As Casas. Hai 2.036 (LM) galegos así apelidados. No latín, a palabra asa/ae significaba ?choupana, cabana, chozo de pegureiros?. Isidoro de Sevilla di que ?casa est
agreste habitaculum? ou sexa: pequena habitación non urbana e feita de paus tecidos. Esta palabra casa produciu descendentes en toda a Romania ao tempo que a clásica domus perdía vixencia. En canto
á orixe etimolóxica do latín casa, hai dúas opinións. Uns, como Ernout e Meillet, coidan que o -s- intervocálico denuncia a palabra como empréstimo ou itálica preindoeuropea. Outro xuízo é o de Pokorny, que nos di que vén da raíz indoeuropea *kat(l) ?trenzado de cadeas, cordas ou ramallo?. Segundo esta hipótese, a casa sería o habitáculo feito con canizos, igual ca os hórreos máis primitivos, entrelazados á aneira de latas. Despois chamaríaselle casa a calquera habitación humana.


Un ferrado de apelidos (IV)

19. CANAL.- Que non se trata necesariamente dun castelanismo é o primeiro que lle teño que decer a Manuel Gómez Ventoso que me pregunta sobre o apelido Canal. Trátase da forma máis cultista dunha
palabra que, evoluída, resultou cal, canle, quenlle e que conta con rica sinonimia como caldeiro, caldeirón, cano, levada, etc. O significado destas palabras fálanos en ?correntes de auga conducida artificialmente?.
Canal significa tamén ?parte máis fonda dunha masa de auga, estreito mariño?. O nome canal do que procede este apelido orixínase no latín canalis/is, derivado de canna/ae, que xa aparece en Plauto, segundo me teño informado, cun ?nnsimplificado en -n-, o que explica a súa perda na forma cal de significado idéntico
a canal. No caso de canna, conservou o -nn- xeminado, razón pola que en galego dicimos cana. Parece ser que aquela canna que diu lugar a canalis era de orixe grega (kánna) e de ascendencia semítica.
20. CAO.- Apelido galego de cuxo significado teñen hoxe os usuarios moi vaga idea. En galego cao significa ?de cabelo branco?. A algún antepasado dos actuais Cao dixéronlle así por chamar a atención o embranquecemento prematuro dos seus cabelos, poñamos por caso. O seu étimo é o latín canus/a/um ?branco?, como saben os latinistas, habitualmente aplicado ás persoas ás que o cabelo lles virou en branco
por efecto da idade. Adxectivo raro en prosa até a época de Traxano, logo galopantemente convertido
en moi vulgar.
21.- CARBALLO.- Descontando os Carvalho portugueses, usan en Galicia o apelido Carballo 10.347 (LM) persoas ás que sumaremos 2.023 Carballal, 2.160 Carballido e 2.766 Carballeira. Trátase dun fitónimo que, por alcume ou vía toponímica, pasou a apelido. Carballo é palabra galega que designa varias especies
vexetais do xénero Quercus, especialmente o Quercus robur. Despois da romanización lingüística, durante un
tempo competiron en Gallaecia dúas palabras para designar tal árbore. Unha, autóctona e adaptada ao latín
vulgar como *carbac´lu, e outra, en latín vulgar robore, puramente romana. Venceu *carbac´lu, que se
convertiría en carballo, e robore retirouse deixando atrás algún nome común (rebolo) e sobre todo moitos
topónimos: Reboreda, Rebordechán e así. A raíz de carballo é prerrománica e preindoeuropea ou sexa,
sobrevivinte, do estrato lingüístico máis antigo (SPR1). Constitúe, con outras verbas do grupo, un enigma arcaico que ultrapasa Galicia e atines amplas áreas de Europa onde aparecen toponimia e léxico concomitante
con carballo. Escoitemos Elixio Rivas cando fala da base *K-R ?rocha, cousa de constitución dura, planta de monte áspera e dura?. Dase como preindoeuropea: Alessio, Fouché, Dauzat, Tagliavini...// A base *K-R houbo de se multiplicar en enfatizacións e gran número de alternancias, para encher o campo semántico tamén na flora de montaña e de constitución dura. En Carp- (Cf. montes Cárpatos, cordal entre os
Alpes e Hungría), é o gal. Carpaza ?érica anana?, típica dos nosos montes; o abundancial: carpanzal,
carpaceira, carpacedo.// Máis abunda na forma sonorizada Carb-. Por Galicia, N. Port. E parte do leonés, vive carba ?cerqueira de carballo miudo? ou tropeza. Forma derivada, moito máis extensa, é o gal. carballo,
port. carvalho, leon. carbajo, ast. carbayu. O vasco karbara ?tronco, toro?, corresponde co gal. e sant gáraba, ast. garabu, garbu ?rama delgada?. No port. gravalha, cabirzo ?tropeza?; salm. cabirzo ?tropeza de carballiza? e carbizal ?lugar de cabirzo?. Derivado parello é o it. dialectal (Volscos) garbasso ?tropeza?,
?carballo novo?... Respondo co arriba escrito a Xavier Molares Carballo, de Lavadores c o m a case todos
Os Mol a - res do Universo Mundo.
22. CARNEIRO.-
Os galegos que usan deste apelido fano, na súa maioría, na forma castelanizada. Estamos perante un apelido
procedente dun alcuño ou alcume. Na actualidade, os individuos da especie doméstica agnus carnarius
s o n designados entre nós cos nomes: ovella (tamén perica) para a femia de ventre, carneiro para o macho colludo, cordeiro para o ejemplar novo destinado a ser comido e año igualmente ca o anterior ou para un recén nado. Existen os apelidos Ovella, Cordeiro e Carneiro, e tamén Cordo (cordo ?animal nado erodiamente ou con retraso?). Parece que o nome carneiro non vén dun latín carnarius, senón que é un derivado románico de carne (do latín caro/carnis, que nun principio significaba ?ración alimenticia?) Así carneiro sería nun inicio o macho capado desta especie destinado a ser comido e logo o significado centraríase en ?macho reproductor?. Algunhas características do carneiro (forma da testa, agresividade ou outras) darían pé á atribución deste alcume. Teño entendido que en todas as culturas do mundo aparecen lcumes que significan ?carneiro?.
23. CASARES.- Este apelido é toponímico: en todo o país hai lugares chamados Os Casares, Casares.
Apelidos relacionados con Casares son Casar, Docasar, Casal, Casais, Casás, todos toponímicos.
A forma primeira debeu de ser casal, do baixo latín casalis, derivado de casa. O paso do l ao r sería
xa plenamente romance. En Galicia casar/ casal a s ó c i a s e coa idea de casa de labor ou pequeno
conxunto de casas rurais. Na Terra Cha emprégase a expresión lugar acasarado que aparece nalgún
relato de Fole. Darío Xohán Cabana define para nós lugar acasarado como ?o conxunto de terras dunha explotación agraria familiar vinculada a unha casa (normalmente algo máis de 2 Ha de labradío,
uns prados e algo de pasteiro, toxal e carballeiras)?. É apelido usado polos famosos científicos Casares, polo republicano Casares Quiroga e polo escritor Carlos Casares entre outras persoas destacadas, como
a actriz galegofrancesa María Casares (ou Casarès, como se escribía no París da miña mocedade).
24. CATIVA.- Juan Cativa Tolosa, arxentino, pregúntame se o seu primeiro apelido é galego. Serao, aínda que eu descoñezo xente que o leve. Por cima, resulta raro o apelido en feminino poisque en Galicia son
pouquiños os matrónimos e o depósito xeral dos nosos apelidos é case totalmente masculino. Se aceptarmos a posibilidade dun apelido galego Cativa, teremos que situar a súa orixe no adxectivo e sustantivo
cativa/o usado de antigo entre nós e de curiosa evolución semántica. Do latín vulgar *cativa/u procedente do verbo capio saiu o idéntico cativa/o co significado primigenio ?prisioneiro, privado de liberdade?. Como
escribe Ramón Lorenzo, «cativo, ademais de ?prisioneiro, preso?, podía significar na lingua antiga ?desgrazado, infeliz, miserable, mau, ruín, escaso, pouco, pequeno, raquítico ». Foi palabra de moito uso poético até o século XV. Hoxe, tanta polisemia enmagreceu algo e cativo/a so pode significar
?pequeno, de inferior calidade, pobre?. No uso moderno destaca o significado de ?neno/ a?. Cativo, como ?preso?, tende a españolizarse en cautivo; mágoa.
25. CERNADAS.- Na toponimia galega e portuguesa son moitas as poboacións que aparecen co nome de Cernadas/As Cernadas e tamén cos derivados Cernadelo, Cernadinha, Cernado, Cernalla e outras. De aí
procede o apelido Cernadas, que usan 2.062 (LM) galegas e galegos na actualidade. Os onomasticistas teñen proposto hipótesis etimolóxicas moi diversas para Cernadas. Moitos participan na crenza, divulgada por Moralejo Lasso, de que Cernada provén do latín *cinerata, isto é: ?terra reducida a cinsa?. J.P.
Machado, de xeito menos verosímil, identificou cernada coa palabra indígena sénara/senara que produce
en galego o dobrete senra/seara ?monte que é rozado para sementar cereal, barbeito comunal?, o cal
me parece raro xa que nunca ou case nunca cernada aparece escrito con s- inicial nin en Galicia nin en
Portugal. Debemos identificar Cernada, ao meu xuízo, co sustantivo cerne/cerna ?partes interiores das árbores? e co verbo cernar ?demoucar, chapodar, cortar polas e troncos?. O cal se remonta, probablemente, ao latín circinus ?compás, círculo?, de onde o verbo circinare ?cortar en redondo, recepar, desmouchar?. Polo tanto, é posíbel que as Cernadas da nosa paisaxe toponímica, de onde vén o apelido, fosen un día terras boscosas que o home roturou, cernou ou talou para constituir labradíos. A hipótese prelatina,
que tamén foi formulada, non me semilla demasiado críbel. Diego Antonio Cernadas de Castro era un arroutado escritor galego no século XVIII.

X.L. Méndez Ferrín. El Faro de Vigo

Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante