A Xunta presenta en Arxentina as opcións de retorno a Galicia para emigrantes

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Xunta presenta en Arxentina as opcións de retorno a Galicia para emigrantes

Mensagempor cachafeiro » domingo, 20 jun 2010, 21:03

A Xunta presenta en Arxentina as opcións de retorno a Galicia para emigrantes
20/06/2010 - AGN
A cidade arxentina Mar de Prata acolleu o sábado a primeira de catro conferencias que se celebran estes días en Arxentina e Uruguai para dar a coñecer as opcións de retorno a Galicia que teñen os emigrantes galegos e os seus familiares.
O responsable do programa de mediación intercultural da Administración autonómica, José Otero Paradela, acudiu ao Centro Galego de Mar de Prata para presentar os requisitos legais, incentivos, programas sociais e axudas ás que poden acceder os emigrantes se regresan á comunidade.
O técnico da Xunta expuxo os trámites consulares que hai que realizar antes de abandonar o país de acollida, así como as inscricións ante as autoridades españolas e a tramitación do \"certificado de emigrante retornado\" que teñen que xestionar no momento do seu ingreso novamente en España. Este documento permitirá obter unha discriminación positiva por un tempo ante as administracións e organismos sociais españois, segundo explicou.
Axudas para os retornados
Tamén se referiu ás axudas específicas da Secretaría Xeral de Emigración para galegos retornados e as súas familias. Informou que a convocatoria deste ano está aberta desde abril ata setembro. Esta orde de axudas teñen como fin atender situacións de necesidade ou precariedade económica derivada do retorno a Galicia de calquera emigrante ou familiar.
Poderán ser beneficiarios das axudas os cidadáns españois que tiveron a súa residencia no estranxeiro e que antes de emigrar tivesen a súa última residencia administrativa en Galicia. Tamén os familiares das persoas con estas características. A contía das axudas é variable e establécese segundo as características de cada caso concreto. Para acceder ás axudas é necesario carecer de bens, rendas ou ingresos suficientes.
http://www.galiciae.com/
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes