Os virus da inxustiza

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Os virus da inxustiza

Mensagempor cachafeiro » sábado, 03 abr 2010, 16:00

Os virus da inxustiza
LAURA CAMINO
A ONG Médicos do Mundo denuncia que 10.000 inmigrantes carecen de acceso á sanidade en Galicia, unha violación do recollido na carta de Dereitos Humanos
De tipo burocrática, cultural ou por desinformación. O abano é amplo pero as barreiras existen e impiden actualmente que arredor de 10.000 inmigrantes accedan á sanidade galega. Así o denuncia a ONG Médicos do Mundo con motivo da celebración, o próximo día 7 de abril, do Día Mundial da Saúde.
O problema non é novo, vén de atrás e afecta a Galicia como a outras comunidades, aínda que a nosa non sexa, de entrada, destino prioritario da inmigración.
Non nace agora o fenómeno, pero si se agrava ante os efectos da crise, especialmente duros neste grupo de poboación. \"Os poucos que tiñan un contrato laboral máis ou menos estable e perden o emprego, quedan sen o aseguramento laboral ou a cobertura do sistema público, porque o contrato é requisito para poder obter a residencia ou o empadroamento\", explica o galego Felipe Noya, vicepresidente de Médicos do Mundo a nivel de España e Galicia, e tamén vocal de inclusión social na área autonómica. Nesta liña, advirte do \"paradoxo\" que se produce ao limitarse a atención sanitaria unicamente á situación laboral, cando en realidade é \"un dereito ligado á súa propia existencia\", tal e como recolle o artigo 25 da carta de Dereitos Humanos.
\"Desde principio deste ano rexistramos un aumento de persoas inmigrantes nos nosos dispositivos sanitarios por mor da crise, apunta Noya, que alerta dun \"efecto dominó do que só se percibe a punta do iceberg\". Así, a ONG pon o acento sobre o \"descoñecemento da realidade sociosanitaria\" do colectivo estranxeiro posto que, en contra do que se acostuma pensar, os que veñen son maioritariamente \"xente nova e sa que enferman nos países de acollida por doenzas non moi raras asociadas ás condicións de vida, ás abusivas xornadas laborais\" ou que se ven afectados por problemas psíquicos\" producidos pola propia experiencia migratoria, apunta.
Ante este descoñecemento, para denunciar a precarización e reclamar a equidade da cobertura sanitaria, a ONG sensibilizará cidadáns, médicos e autoridades galegas a través da campaña \"A saúde: ben común de todas as persoas e para todas as persoas\".
Primeira guía de saúde para estranxeiros da comunidade
Con motivo do Día Mundial da Saúde, o próximo mércores día 7, Médicos do Mundo presentará en Santiago a primeira guía de saúde para as persoas inmigrantes editada en Galicia, unha comunidade cuxa situación nesta materia se asemella á das outras autonomías do Estado, pois presentan \"o mesmo nivel de desinformación\", explica Felipe Noya, que destaca a importancia de facerlle ver á sociedade galega cal é o verdadeiro problema. Unha realidade coa que a ONG tomou contacto a través dos seus dispositivos de atención directa. \"Nos últimos anos achégase moita xente inmigrante\" que non cumpre co perfil do destinatario -dirixidos á poboación en exclusión social, drogadicción, prostitución...-, algo que puxo de manifesto que \"existe un problema de accesibilidade ao sistema sanitario\" ao que hai que darlle resposta, conclúe.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-s ... ia-532219/

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes