Página 1 de 1

Unha circular oficial insta á \'expulsión exprés\' dos inmigrantes

Enviado: quinta, 11 fev 2010, 11:02
por pilarmabel
Segundo o Foro Galego da Inmigración
O Foro Galego da Inmigración asegurou hoxe ter constancia da existencia dunha circular –1/2010–, asinada polo Comisario Xeral de Estranxeiría e Fronteiras, na que se recolle a \'expulsión express\' de inmigrantes nun ambiente de \'máximo secreto\' e no que a organización considera unha mostra da \'persecución policial\' contra este colectivo.
Precisamente o Foro remitiu hoxe senllos escritos á Subdelegación do Goberno na Coruña e ao Inspector Xefe da Brigada de Estranxeiría da Comisaría de Santiago para solicitarlles que \"aclaren a realidade desta Circular\" e que \"informen sobre as consecuencias\" que esta orde podería \"supor para as persoas inmigrantes residentes en Galiza\".
Segundo a información dada polo Foro, a circular incluiría a directriz de tramitar os expedientes de expulsión de inmigrantes \"o máis axiña posíbel e no tempo mínimo imprescindíbel\" así como manter estes procedementos \"baixo o máximo secreto\". Este \"segredo\", explicou o Foro, \"sorprendeulles até aos mandos policiais\" que tiveron acceso ao documento, datado o 25 de xaneiro, xa que as instrucións que \"afecten ao dereito de defensa dos estranxeiros\" é necesario \"facelas públicas\".
Identificación
Ademais, o Foro asegura que o texto do documento indica que \"a reforma da Lei de Estranxeiría non supón novidade ningunha que implique un cambio na actuación das unidades de estranxeiría na vía pública\" e insta á \"detención preventiva de calquera que, aínda sendo regular, non poida acreditalo nese momento na rúa\". \"A circular até introduce unha nova figura xurídica que non aparece na lei, a detención a \'efectos de identificación\'\", explicou o Foro.
Para a asociación, o \"espírito da orde\" queda \"especialmente patente na súa preocupación por que haxa sempre, as 24 horas do día, alguén na comisaría con potestade para iniciar o expediente de expulsión o máis axiña posíbel\", asegurou o colectivo.
Pola súa banda, fontes da Subdelegación do Goberno na Coruña negaron a Europa Press ter coñecemento da existencia unha circular desas características.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

Unha circular oficial insta á \'expulsión exprés\' dos inmigrantes

Enviado: quinta, 11 fev 2010, 21:28
por mariab
Paréceme de vergoña o que están facer as nosas autoridades, do que sabemos unha mínima parte.