Denuncian que desde la Xunta de Galicia estarían extorsionando a las autoridades

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Denuncian que desde la Xunta de Galicia estarían extorsionando a las autoridades

Mensagempor rubi » terça, 29 dez 2009, 16:47

Novas presións da Xunta no Centro Galego
29/12/09
Agrupacións de emigrantes aseguran que a Consellaría de Sanidade está a aplicar a chantaxe e o afogamento financeiro.
Varios socios do Centro Galego de Bos Aires denuncian a chantaxe aos que os está a someter a Xunta co obxectivo de conseguir máis apoios á xestión privada do hospital. Segundo apuntan varias agrupacións políticas da emigración de distinto signo, o Goberno débelle á Fundación Galicia Saúde preto dun millón de euros en programas xa executados. Esa débeda, segundo denuncian, pretende facer presión até que o vindeiro 13 de xaneiro o novo xerente da empresa asuma o control do hospital.
Esta información, facilitada polo BNG na capital arxentina, contradí as manifestacións da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que afirmara no Parlamento que o Goberno non lle debía cartos á Fundación. A resposta chegou despois de recibir unha carta remitida por Unión Gallega que acusaba a conselleira de impoñer o afogamento financeiro desa fundación para lograr o seu obxectivo despois de infundir o temor nalgúns directivos do Centro Galego.
Segundo as denuncias dos emigrantes, esas tácticas de afogamento financeiro son ben coñecidas en Arxentina, en referencia a operacións levadas a cabo por Carlos Ménem para xustificar numerosas privatizacións. Esta situación obrigou a actual xerencia do centro a aumentar o crédito dunha financeira para poder pagar soldos, o que provoca unha situación terríbel. A tensión causou un enfrontamento entre Unión Gallega e os representantes da Xunta, por consideraren inapropiadas as formas empregadas polo secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, na súa última visita a Arxentina.
Así mesmo, varios socios lembran que Pilar Farjas ten plenos poderes para decidir sobre o contrato de xestión do hospital do Centro Galego, despois de que os patróns das agrupacións afíns ao PPdeG lle concedesen un poder xeral para asinar un acordo coa empresa 3A Recoletas, o que cualifican dende Bos Aires como un cheque en branco.
Fuente: http://www.vieiros.com/nova/77728/denun ... o-hospital
Rubí
Buenos Aires-Argentina

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Denuncian que desde la Xunta de Galicia estarían extorsionando a las autoridades

Mensagempor arisil » quinta, 31 dez 2009, 21:32

Esta vez te equivocas Alejandra, a mi lo que pasa en el Centro Gallego me importa poco, por no decir nada.
Tu crees que Arisil va a triangular una opinión sobre algo dirigiendose a otra persona? me decepcionas por pensar asi, a mi el centro gallego no me importa por eso no me dirigi hacia Alejandra, es mas ni siquiera lei lo que pegaste, el dia que tenga que dirigirme a ti sobre algo que publicaste este o no este de acuerdo no tengas dudas que lo hare como lo he hecho siempre.
Alejandra, te deseo lo mejor y que el año entrante sea con salud y mucha felicidad para ti y todos tus seres queridos.
Arisil

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Denuncian que desde la Xunta de Galicia estarían extorsionando a las autoridades

Mensagempor arisil » quinta, 31 dez 2009, 21:35

Mira Rubi, como dije anteriormente a mi el Centro Gallego me tiene sin cuidado, yo fui socio hace muchos años y se como era por algo me borre.
Antes de pasar al punto, que me interesa te dire algo sobre el Centro Gallego, lo conozco por haber sido socio y por conocer a muchos que han estado al frente del mismo, el Centro Gallego fue y sera un barril sin fondo, mucha gente lleno sus bolsillos de los fondos que le mando desde siempre la Xunta un tiempo Don Manuel, luego Touriño y ahora Feijoo, porque no le preguntas a los gallegos que estan en Galicia, si estan de acuerdo en que envien fondos de sus impuestos para ayudar a gallegos inescrupulosos que se llenan los bolsillos en detrimento del Centro Gallego?
Ademas en la actualidad ya no son solo gallegos los que se atienden en el mismo, diria que casi toda Latinoamérica.
Mira Rubi, por todas tus publicaciones deduzco a que partido eres afin, pero sabes? Eso es lo que menos importa, a lo que voy es que no eres imparcial en lo que publicas eres parcial,nunca te vi publicar nada en contra del PSOE ni del bng, siempre en contra del P.P. aparentemente para ti y para muchos otros todo lo hacen bien, no se porque Touriño no ha sido reelegido, parece que los gallegos que viven en Galicia no estan de acuerdo contigo.
Nunca te vi publicar ni criticar a Touriño por la oficina que habian montado aca en Argentina, que le salia a los gallegos unos cuantos euros.
Que no estornude Feijoo, le van a echar la culpa de la gripe que van a tener los gallegos por el frio que hace.
Creo no tener cabida en fillos, porque no pienso como piensas tu, dices que busco provocar, no es eso el problema es que no pienso como tu, muchos que estaban asiduamente en fillos no estan mas, nunca te has preguntado porque?
Y luego pides que la gente participe y se integre, pero eso si que piense de izquierdas, sino esta listo como lo estoy yo, lo unico que recibi siempre fueron palos porque?
Pues muy simple no pienso como tu y como muchos otros, no se acepta gente con otros pensamientos que no sean los mios, verdad Rubi?
Ademas Rubi, no amenaces que feo esto que dijiste (pero no esperes encontrarme otra vez si buscas camorra, porque no me encontras.) que quiere decir camorra??
Yo no busco nada Rubi, solamente busco expresar mis ideas y pasar un tiempo ameno, frente a la compu conversando con gente de mi tierra, nada mas que eso, pero claro tenemos un problema…..no pienso como piensas tu, por eso me censuras, y amenazas con que no te “ encontrare otra vez “ y porque lo hiciste??
Arisil

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Denuncian que desde la Xunta de Galicia estarían extorsionando a las autoridades

Mensagempor cachafeiro » terça, 12 jan 2010, 22:40

A emigración recorre á xustiza arxentina contra a privatización do hospital
Colectivos contrarios á xestión privada do Centro Gallego levarán a decisión da Xunta aos tribunais
Miguel Pardo | 11/01/2010
A Xunta terá que enfrontarse á xustiza arxentina pola privatización da xestión do histórico hospital do Centro Gallego de Bos Aires. Así o confirmaron a este diario membros dun colectivo de emigrantes contrario a esta decisión do Goberno galego, que xa están en contactos cos seus avogados para presentar un recurso en vindeiras datas.
“Imos esgotar todas as posibilidades porque agora xa non temos nada que perder, estamos facendo consultas aos nosos avogados para presentar o recurso en canto poidamos”, di un dos representantes de Unión Gallega, unha das dúas agrupacións políticas do Centro Gallego contrarias á privatización e que continúa sen recibir información ningunha do contrato entre o Executivo galego e o grupo privado castelán 3A Recoletas. “Oficialmente non sabemos nada”, lembran.
Os termos do contrato, que xa adiantara Xornal, inciden en ceder, sen concurso e directamente, a xestión do histórico hospital da emigración á empresa privada. No entanto, os cambios efectuados tras as protestas xerais dos colectivos de emigrantes engadiron un xestor da Xunta sen apenas poder, pero tamén 9,3 millóns máis de subvención a través da Fundación Galicia Saúde. En total, 37,2 millóns durante 13 anos, “un choio de contrato”, tal e como o definiu a oposición, que só obriga a 3A Recoletas a achegar 8 millóns de euros.
Os emigrantes que presentarán o recurso ante a xustiza arxentina teñen claro que sairá adiante e que os tribunais lles darán a razón, pero lembran tamén que o propio Goberno arxentino está xa á expectativa. “O centro non pode ter ánimo de lucro ao estar incluído entre as entidades mutualistas arxentinas”, lembran os futuros demandantes.
De feito, o Inaes (Instituto Nacional de Asociativismo y de Economía Social), que forma parte do Ministerio de Desarrollo y Acción Social da República Arxentina e que lexisla e controla a economía social das mutuas, está alerta. Considera que 3A Recoletas podería aproveitarse “dun ente ficiticio que lles permitiría administrar a institución aproveitándose da figura xurídica de mutual do Centro Gallego”.
Unión Gallega e todos os emigrantes contrarios á privatización confían na xustiza e na vixilancia do Estado arxentino, pero temen tamén que o Inaes acabe retirando a condición de mutua ao hospital, o que suporía a fin da institución tal e como fora creada, e que o sanatorio pasase a tributar como un centro privado. Nese caso, o hospital perdería certos privilexios como a exención dalgúns impostos, ao converterse xa nunha entidade con ánimo de lucro e con beneficios para unha firma privada.
Mesmo o PSdeG, que criticara xa o “pelotazo” que supón o contrato entre a Fundación Galicia Saúde (FGS) e 3A Recoletas, advertira xa que o Executivo arxentino consideraba “ilegal” o acordo. “É irregular porque o acordo entre o Centro Gallego e a FGS sinala que o hospital é intransferible”.
De igual xeito, expertos en Dereito Administrativo consultados por Xornal avisaran xa de que o Goberno arxentino “podería meter en problemas á Xunta”, ademais de aclarar que o contrato “é ilegal ao incumprir a Lei de contratación pública”.
O contrato, que cede a xestión do hospital á empresa privada ata o ano 2022, é defendido pola Xunta, malia que non fixo públicos os detalles. Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, insiste en que o Centro Gallego “é unha entidade privada”, ao igual que a Fundación Galicia Saúde, e que as accións do Goberno perseguen “facer eficiente a xestión do sanatorio”.O proxecto de Orzamentos do Executivo desmenten a Farjas, ao situar a FGS no apartado 443 referente ás fundacións públicas.
Agora, a Xunta terá que enfrontarse aos tribunais arxentinos, pero tamén ao posible rexeitamento da Cámara do país suramericano, que debaterá a situación do centro. Será, como o recurso, nunhas semanas, cando remate a época vacacional actual en Suramérica.
http://www.xornal.com/artigo/2010/01/10 ... 00255.html


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante