As aldeas pantasma

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

As aldeas pantasma

Mensagempor cachafeiro » segunda, 12 out 2009, 17:16

As aldeas pantasma
Clara Sánchez .
Os últimos datos publicados polo INE indican que xa son 1400 as aldeas galegas deshabitadas, duascentas máis que hai só dous anos. Pode que, como na novela \'Pedro Páramo\', as pantasmas nos nosos antepasados vaguen entre elas
No último ano Galiza vén de experimentar un alarmante incremento de aldeas abandonadas. Se nos Estados Unidos foi a fin da febre do ouro a que provocou que tantas vilas nacidas ao abeiro do brillante metal quedasen abandonadas, na comunidade galega o éxodo da mocidade cara as cidades, o avellentamento da poboación ou a falta de emprego nas zonas rurais son tres dos principais factores que explican o aumento de vilas pantasma.
Os últimos datos publicados polo INE indican que xa son 1.400 as aldeas galegas deshabitadas, duascentas máis que hai só dous anos. O feito de que en Galiza haxa máis de seiscentos mil habitantes maiores de 65 anos axuda a comprender este fenómeno. O envellecemento é un dos principais factores que incrementa o abandono de núcleos rurais e que garante que esta tendencia seguirá á alza. Tendencia que se ve reflectida nunha rápida ollada as estatísticas oficiais: a meirande parte dos concellos galegos teñen entre cinco e dez núcleos baleiros. Números que lonxe de diminuír aumentarán co decorrer do tempo, xa que 750 aldeas están habitadas por tan só unha alma, polo que é lóxico pensar que, nun prazo non moi longo, estes núcleos pasarán a ser mera toponimia. E aínda que esta lista é tan só aproximada, xa que os ordenadores de Madrid ou ben contabilizan de máis ou fano de menos, son demasiados os asentamentos pantasma. Ortigueira con 91 lugares baleiros e As Pontes con 69 son os municipios galegos con máis lugares abandonados
Non embargante, este panorama contrasta cos resultados, recentemente publicados, da enquisa da Consellaría de Medio Rural, que tentou pór números á percepción que teñen os galegos do campo. E aínda que neste país eminentemente rural cada día son máis os que viven nas cidades, os resultados da enquisa descobren que sete de cada dez galegos considera que a vida no campo é mellor. Esta contradición, a preferencia polo agro e o éxodo masivo cara as cidades, podería ser explicada, quizais, polo case total descoñecemento sobre os plans e liñas de axuda ao desenvolvemento rural. As iniciativas de fomento e dinamización do campo son moitas e cada vez máis enxeñosas
http://www.anosaterra.org/nova/35588/as ... asma-.html
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

As aldeas pantasma

Mensagempor casdeiro » quarta, 14 out 2009, 08:57

Alexandra, había un fío xa creado sobre este tema. Creo que era mellor publicar alí e non abrir un fío novo... porque así se esparexa demasiado a información.


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante