O día da Matria

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O día da Matria

Mensagempor casdeiro » sexta, 24 jul 2009, 15:46

Gustei moito desta columna de Francisco Carballo no número de A Nosa Terra publicado esta semana:


Matria

Apertenza humana á colectivos soa á nai. Das nais temos as primeiras relacións: no seu útero existimos, crecemos e atendemos. Desde o nacer camiñamos en relacións. Imposíbel sermos persoas fóra de redes de correlacións. E a máis complexa correlación dise Patria-matria: espazo de liberdade, de solidariedade, de fartura.

O dia da ?Patria? énos único: acougo nunha vida errante, alento a cansos, ledicia dos que ?loitan pola paz e a xustiza?. ?Patria ou morte?, din en Cuba. ?Socialismo ou barbarie?, din na ecúmene. Din parecidamente? Din liberdade, din esperanza, din fraternidade. Non paga a pena vivir en submisión, en colonias, en subordinación. Tal vivir é padecer, morrer; non é posíbel sermos persoas libres sen Patria.

Mais contra estes sentires viñeron as monarquías, logo as oligarquías e os estados. Estados imperiais, monárquicos ou constitucionais, todos naceron sobre a cinza das patrias invadidas. Escribiu o Padre Feixoo: ?Todo conquistador é un azoute da humanidade?. Todo estado destrutor de patrias é un azoute da humanidade.

A patria é as correlacións: de igualdade; desde si mesma; sen invasións lingüísticas, económicas, culturais. As patrias de correlacións voluntarias son posíbeis. Galiza non é unha patria de tales correlacións voluntarias; é unha patria que vive en defensa da liberdade. É unha patria a ser nación sen mulidas. Libre coma o vento e as gaivotas.

Por isto o 25, ese día da Matria-Patria, da Galiza nación de Breogán, soberana e ceibe, trae todo o vento salobre do océano. ?Chove en Santiago, meu amor?, caen pingas douradas, caen ?sombras que sempre me asombran?, caen os suspiros en alalás da ?Alba de gloria? de Castelao. Si, en patria libre hai emprego, fala, cultura; ?hai unha terra liberada do Courel a Compostela?.

A Tola do Monte
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 2
Registado: segunda, 01 dez 2014, 10:50

Re: O día da Matria

Mensagempor A Tola do Monte » segunda, 01 dez 2014, 14:25

Si, un bonito artigo. Mágoa a morte deste gran home. DEP


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante