Detida Laura Bugallo

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Detida Laura Bugallo

Mensagempor silvine » sexta, 29 mai 2009, 23:25

Estou completamente de acordo con expresar o noso apoio como colectivo a esta traballadora polos dereitos dos inmigrantes.

Grazas a todos os que neste fío advertíronnos desta inxusta e ilegal detención de Laura Bugallo, permitíronnos informarnos respecto diso, e manifestaron xa a súa repudio por tan gran atropelo.

É duro o camiño de quen busca xustiza, pero é o único que podemos seguir en tempos tan difíciles como este.

Silvine

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Detida Laura Bugallo

Mensagempor silvine » sábado, 30 mai 2009, 00:23

O poeta que despedimos hai pouco (Mario Benedetti) deixounos as súas palabras, simples e poderosas.
Coido que Laura Bugallo é hoxe a compañeira que merece contar connosco.

Compañera,
usted sabe
que puede contar conmigo,
no hasta dos ni hasta diez
sino contar conmigo.

{...}
Pero hagamos un trato:
yo quisiera contar con usted,
es tan lindo
saber que usted existe,
uno se siente vivo;
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos,
aunque sea hasta cinco.

No ya para que acuda
presurosa en mi auxilio,
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Detida Laura Bugallo

Mensagempor anavilat » sábado, 30 mai 2009, 17:00

Laura Bugallo xa está en liberdade
Laura Bugallo liberdade solidariedade Movemento pola Base considera a detención de Laura Bugallo ?unha caza de bruxas contra aqueles sectores da sociedade galega solidarios coas persoas inmigrantes?. O MpB critica a posición de cobardia da maioria da dirección da central sindical CIG, que ?negou o seu apoio formal e público a nosa compañeira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura?.

A Mesa Nacional do Movemento pola Base quere amosar a súa solidariedade coa compañeira sindicalista Laura Bugallo.

Laura é unha persoa sobradamente coñecida na comarca de Compostela polo seu traballo en prol da defensa dos dereitos humanos e laborais das persoas inmigrantes tanto desde o seu traballo na CIG Migración como noutros foros e redes de axuda a este colectivo.

Deste xeito consideramos que a detención de Laura é unha caza de bruxas contra aqueles sectores da sociedade galega solidarios coas persoas inmigrantes e que fan máis leve no dia a día a aplicación da inxusta lei de Estranxeria, e que sempre loitaron en contra desta inxusta lexislación.

Preguntámonos se a dureza aplicada contra Laura por parte das autoridades xudiciais e policiais, 50 horas encarcerada, rexistro do lugar de traballo, rexistro do seu domicilio, etc, tamén son aplicadas aos empresarios que todos os dias explotan man de obra inmigrante sen dereitos, e que son os novos escravistas do século XXI, gozando de total impunidade.

Nese sentido, non nos deixa de sorprender a posición de indiferenza, distancia e cobardia manifestada por parte da maioría da dirección da central sindical nacionalista CIG, na que Laura exerce o seu labor sindical, traballo polo que precisamente foi detida. Nestes duros momentos a maioría da dirección da CIG non estivo á altura, negou o seu apoio formal e público a nosa compañeira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura.

Todos e todas os que coñecemos a Laura non dubidamos da súa incuestionábel labor e traballo solidario e honestidade na loita contra a inxustiza nas leis que considera a certas persoas ilegais e favorecen situacións de neoescravitude, negando dereitos humanos a persoas polo mero feito de ter nacido en países empobrecidos.

Por último, sentímonos moi orgullosos e orgullosas do apoio amosado o mércores 27 de maio por múltiples persoas, colectivos e organizacións que se manifestaron en solidariedade con Laura, e que desde a Praza do Toural até ás portas da comisaria máis de 200 persoas se mobilizaron pola liberdade de Laura e cun berro unánime: defender inmigrantes non é delito!

Fonte de información; www.polabase.net

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Detida Laura Bugallo

Mensagempor casdeiro » sábado, 30 mai 2009, 18:16

Fotografías da concentración autoconvocada que pediu pola súa liberación ás portas da comisaría:


Imagem


Máis en http://www.polabase.net/category/image- ... ra-bugallo

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Detida Laura Bugallo

Mensagempor pilarmabel » sábado, 30 mai 2009, 19:35

Luego de un buen tiempo de escuchar hablar hasta el cansancio de Laura, Laura, la te ayuda cuando llegas con una mano atrás y otra adelante (y perdón por la expresión) Laura que esta en la CIG, en Santiago de Compostela , la que siempre te recibe con una sonrisa, la que cuando llegas con muchas inquietudes, te las soluciona , una a una, la que no le abonas un sólo euro, la que sólo cosechas una amistad fraterna
Laura la que ?trabajo? y mucho, para que esta sociedad en la cual vivimos , acepte el libre desarrollo de nuestra personalidad .
Tuve la oportunidad de conocerla personalmente, y, no por ser yo, una inmigrante.
Recuerdo aquel día en que concurrí a la CIG, y en un escritorio repleto de papeles, me encontré a una persona muy cordial y atenta,
Pude ver con mis ojos su preocupación por los inmigrantes que acababan de llegar y de aquellos que en unos pocos días llegarían.
Puedo decir que me consta , por diferentes inmigrantes de que están allí en Santiago, a los que siempre ayudo, siempre tendiendo la mano a aquel que la necesitara, ya sea una ropa para pasar el invierno , un dato , donde ir a un trabajo, de ir a Lavacolla a recoger a las familias , de dar utensillos para hacerte sentir mejor, etc. etc. etc, etc...........

En una palabra y resumiendo parecería que SER SOLIDARIO es DELITO en este mundo.

Desde este lado del Atlántico : mi solidaridad y total apoyo. Y me pregunto, donde están los inmigrantes ¿ tan pocos son los que conocen a Laura Bugallo?


Me despido copiando un articulo que acabo de leer , de un uruguayo en Compostela, (Omito datos personales, aunque están en Internet.) describiendo a Laura Bugallo

?..
Así que en esta oportunidad, quiero presentarles a una de las personas más excepcionales que conocí a lo largo de mi vida.
Se trata de Laura Bugallo. A Laura la conocí cuando llegué a Santiago de Compostela, ya que ella trabaja en la C.I.G ( confederación intersindical gallega), en el departamento de inmigración.
Fui a la C.I.G , buscando asesoramiento para sacar los papeles, y de hecho se me brindo, pero me encontré con Laura, alguien que más allá de los trámites, te brinda un trato humano increíble. Es una mujer que conoce, a pesar de nunca haber emigrado, las necesidades afectivas que traemos los que abandonamos nuestra tierra, y me atrevería a decir que siente un especial afecto por los uruguayos.
En Laura, encontré, a una luchadora total por los derechos de los inmigrantes, como por el reconocimiento del tratado de 1870, lástima que no fué acompañada por los colectivos uruguayos aquí.
A nivel personal, a tenido de esos gestos que uno no olvida, recuerdo que cuando estaban por llegar ..??,????. me ofreció desde platos, por si no tenia, hasta ir a buscarlos al aeropuerto, y me consta que lo hace con todos los que llegan.
Bueno, nada mas, era solo hacer conocer a esta compañera gallega, la que me honra con su amistad, y a todos aquellos que lleguen a Santiago, sepan donde dirigirse, no solo para un trámite sino también a encontrar una amiga de todo aquel que llegue de


Un saludo
Pilar

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Detida Laura Bugallo

Mensagempor anavilat » segunda, 01 jun 2009, 11:16

Fotos da concentración na Coruña en apoio a Laura Bugallo.

http://www.facebook.com/home.php?ref=ho ... 1&view=all

Saúdos.

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

Detida Laura Bugallo

Mensagempor coordfillos » terça, 02 jun 2009, 15:21

A Asociación Cultural Fillos de Galicia, como colectivo que traballa cos emigrantes galegos e os seus descendentes -que en ocasións se ven obrigados a ser considerados ilegais na terra dos seus-, súmase aos que expresan o seu enérxico repudio á detención de Laura Bugallo, traballadora polos dereitos dos inmigrantes, aos confusos e irregulares feitos que conduciron a esta e a forma en que se produciu, e solicita o retiro dos cargos que se lle imputan.

Vimos de aprobar ese texto na nosa lista de socios. Esperamos que unir a nosa modesta voz aos que protestan por estes feitos contribúa a que non se repitan.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Detida Laura Bugallo

Mensagempor rubi » quinta, 25 jun 2009, 12:33

Manifestación contra o acoso policial do Foro Galego da Inmigración

O Foro Galego de Inmigración sairá este sábado 27 de junio ás rúas de Compostela para denunciar a "persecución" policial á que se ve sometida a poboación que vive en Galicia en situación irregular. Así o anunciou onte en Santiago de Compostela o portavoz da asociación, Miguel Fernández. A manifestación comezará ás 12,00 horas na alameda e culminará na Praza de Praterías.

Desde o foro queren mostrar o seu rexeitamento ó "acoso" que as forzas de seguridade exercen sobre os inmigrantes que non teñen os papeis en regra. A este respecto, Fernández denunciou varios casos de "persecución" en Vigo, Santiago ou na Coruña. No caso da cidade herculina acusaron unha "redada" realizada pola policía a semana pasada na céntrica rúa Real cando varios axentes se incautaron de material pitareado que un grupo dunhas sete persoas en situación irregular se dedicaba a vender de forma ambulante.

E é que desde o colectivo sosteñen que este tipo de actos xera "medo" e "temor" nos inmigrantes e que provoca que a sociedade os perciba como "delincuentes". Así, o portavoz do foro criticou o "método" que empregan os funcionarios. "Establecen un despregamento coma se foran terroristas internacionais cando non cometeron ningún delito". Por iso, queren que a sociedade comprenda que vivir en situación de irregularidade administrativa para poder saír adiante non significa antentar contra a seguridade da poboación.

Aínda que comprenden que os axentes deben acatar ordes para velar pola seguridade, critican que leven os inmigrantes a comisaría ou que lles abran expedientes por non ter o pasaporte. "Ao comprobar que non teñer que ver coa venda de drogas, coa prostitución, a pornografía ou outros delitos deberían deixalos ir", manifesta Miguel Fernández.

Desde a subdelegación do Goberno negáronlle ó colectivo que se este levando a cabo "persecución" policial e reiteraron a obrigación dos axentes de identificar e levar a dependencias policiais os cidadáns sen papeis.

Os integrantes do foro cren que esta situación se extrapola ás persoas que traballan en entidades dedicadas á defensa do colectivo.

A este resepecto, mostraron a súa solidariedade coa integrante da CIG, Laura Bugallo, detida en maio por falsificar supostamente papeis a inmigrantes

Fuente: www.galiza-hoxe.com


Rubí
Buenos Aires-Argentina

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Detida Laura Bugallo

Mensagempor pilarmabel » segunda, 29 jun 2009, 13:26

Máis dun cento de persoas rexeitan o 'acoso policial' que sofren os inmigrantes en situación irregular
Europa Press . Máis dun centenar de persoas mobilizáronse hoxe en contra do 'acoso policial' que sofre a poboación inmigrante en situación irregular e do Anteproxecto de Reforma da Lei de Estranxeiría que, ao seu xuízo, 'presenta aspectos que supoñen un claro prexuízo para os dereitos fundamentais deste colectivo'


A marcha iniciouse na Alameda, en Santiago de Compostela, e concluíu na Praza das Praterías, na zona antiga da cidade, onde os representantes do Foro Galego Inmigración leron un manifesto a favor dos 'Dereitos iguais para todos'.

"Rexeitamos que a Unión Europea se converta nunha fortaleza inexpugnábel para aquelas persoas que, co obxectivo de conseguir unha vida mellor, se ven obrigadas a abandonar o seu país", demandaron, porque "os inmigrantes deben ser tratados como persoas e non só como forza de traballo que interesa unicamente cando a situación económica os necesita".

Finalmente, os membros do Foro afirmaron con "rotundidade" que "a inmigración é un proceso beneficioso", posto que "non só supón unha achega económica" senón "un mutuo enriquecemento humano".

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística publicados en xaneiro de 2009 e recollidos pola organización da marcha, unha de cada dez persoas que habitan no Estado español é inmigrante



Fuente:http://www.anosaterra.org


Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Detida Laura Bugallo

Mensagempor pilarmabel » quinta, 04 fev 2010, 13:41

Concentración en Santiago
Piden o arquivo da denuncia contra a sindicalista acusada de falsificación
Decenas de persoas concentráronse hoxe ante os xulgados de Santiago de Compostela para pedir que se arquive a denuncia contra a sindicalista da CIG, Laura Bugallo –secretaria nacional de Políticas Sociais–, acusada dun suposto delito de falsificación de documentos para regularizar a situación de catro inmigrantes.
A protesta, convocada polo Foro Galego da Inmigración e á que acudiron integrantes de diversas organizacións sociais, coincidiu coa declaración ante a xuíza que instrúe o caso de dúas testemuñas da imputada e coa entrega de escritos de apoio a Laura Bugallo tanto individuais como de colectivos galegos, españois e doutros países. Os manifestantes portaban pancartas nas que reclamaban \'Dereitos iguais para todos\" e que aseguraban que \'Moitas Lauras necesita este país\'.
A sindicalista explicou, en declaracións aos medios de comunicación, que a imputación xudicial corresponde a catro persoas, das 620 ás que asesorou como responsábel de inmigración da CIG en 2008, que supostamente falsificarían documentos. \"A Administración compulsou eses documentos e eu non podo ser máis lista que a funcionaria que realizou esa compulsa\", argumentou.
Bugallo cualificou de \"inintelixíbel\" a denuncia e recordou que veu realizando o seu traballo de asesoramento a inmigrantes \"desde hai 19 anos\", polo que confiou en que \"investiguen o que teñen que investigar\" e que arquiven o caso. \"A autoría non a poden atopar cando non o fixen\", aseverou.
“Axuste de contas
A sindicalista atribuíu a un \"axuste de contas\" esta imputación, ao asegurar que denunciara \"unha mafia\" nunha reportaxe da revista \'Tempos Novos\' na que está involucrada, segundo asegurou, \"xente importante\". Bugallo recordou que tras a súa detención, rexistrada o 26 de maio de 2009, pasou 48 horas nos calabozos da comisaría até que a xuíza a deixou en liberdade sen cargos.
Pola súa banda, o portavoz do Foro Galego da Inmigración, Miguel Fernández –unha das testemuñas de Bugallo que hoxe declararon ante a xuíza xunto ao sindicalista da CIG Paulo Rubido–, demandou que se arquive a causa contra a sindicalista ao entender que non hai \"ningunha base para continuar con este procedemento\", dado que a súa traxectoria é \"inmellorábel\" na \"loita polos dereitos sociais.
Así, sinalou que o traballo de Bugallo, integrante do Foro Galego da Inmigración, foi e é apoiar \"no marco da legalidade\" a persoas inmigrantes en situación irregular. Nesta liña, rexeitou que se dubide da \"honorabilidade\" da sindicalista
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes