Detida Laura Bugallo

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Detida Laura Bugallo

Mensagempor anavilat » sexta, 29 mai 2009, 10:39

Esta incansable traballadora polos dereitos dos emigrantes foi detida nestes días. Aquí vos deixo o comunicado de prensa.
Creo que deberiamos apoiala nestes momentos.


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte comunicado en relación coa detención da nosa compañeira Laura Bugallo (responsable da Oficina de Inmigración da CIG en Santiago):

1.- Amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar a nosa plena seguridade de que os posibles delictos que se lle imputen non teñen nada que ver co aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten axudado moito a moitas persoas inmigrantes e sabémolo ben todos os integrantes deste Foro.

2.- Manifestar que a propia lexislación de estranxeiría obriga, para poder axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade, a que as persoas e entidades que traballamos con este colectivo teñamos tamén ás veces que realizar pequenas irregularidades formais. Forma parte case do noso traballo e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades.

3.- Son actuacións estas que van da liña, que temos denunciado xa neste Foro, de criminalización da poboación inmigrante, transladando a persecución ás persoas e entidades que traballamos con ese colectivo. Axudas a Inmigrantes é fundamentalmente o delicto que se lle imputa a nosa compañeira Laura Bugallo, encuberto na forma de ?falsificación documental ou axuda á inmigración irregular?. Ademáis sorprende que a nosa compañeira tivera que pasar detida case 48 horas na comisaria antes de pasar a disposición xudicial esta mesma mañá . Insistimos para rematar: NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO!

Para máis información con Miguel Fernández ou Rocio Rodríguez (CasaLatinoamericana) (981-580506 - 662-307019- 600-876480) Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es
Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas ?ACUMIC?, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación de Peruanos en Galicia.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Detida Laura Bugallo

Mensagempor anavilat » sexta, 29 mai 2009, 11:19

Detención de Laura Bugallo

O martes 26 de maio a Policia Nacional, por orde da Subdelegación do Goberno, procedía á detención da compañeira Laura Bugallo, traballadora da CIG-Migración en Compostela, incansábel loitadora na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, asi como coñecida pola súa actividade no feminismo e no movemento LGBT, nomeadamente desde o seu labor en Transgaliza polo recoñecemento dos dereitos e da visibilización das transexuais.

Detiñan a nosa compañeira, integrante da Mesa Nacional do Movemento pola Base, por un suposto delicto de "falsidade documental", que consistiría na axuda e tramitación desinteresada dos papeis a persoas inmigrantes. Asi, rexistraron tanto a súa oficina de traballo, levándose computadores e documentación, como a súa casa, onde tamén fixeron o mesmo.

Esta detención supón un ataque á rede de persoas e colectivos que como a nosa compañeira Laura Bugallo defenden e apoian en todo momento ás persoas inmigrantes. Reclamamos a súa inmediata posta en liberdade, e demandamos que remate esta persecución política contra quen loita polos dereitos dos e das inmigrantes.

Nese sentido informamos da convocatoria dunha concentración este mesmo mércores 27 de maio ás 20 da tarde na Praza do Toural, pola liberdade de Laura Bugallo e contra este ataque á rede de apoio das persoas inmigrantes porque "Defender os inmigrantes non é delito!"

Acude e difunde.



Fonte; www.polabase.net

Ánimo compañeira!!!!
Ana.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Detida Laura Bugallo

Mensagempor rubi » sexta, 29 mai 2009, 13:09

LIBERTAD PARA LA SINDICALISTA

La trabajadora de CIG-Migración Laura Bugallo, detenida el martes acusada de falsedad documental para favorecer inmigrantes, QUEDO AYER EN LIBERTAD tras pasar tres noches en el calabozo. Sin cargos todavía firmes, ahora un juzgado deberá determinar si hay evidencias para abrir una causa penal.

La sindicalista, integrante de la Mesa Nacional do Movemento pola Base, una corrientes que abandonó el BNG, fue acusada de falsificar facturas y tíquets para ayudar a inmigrantes en la tramitación de sus papeles. El Foro Galego de Inmigración explica que las "pequeñas irregularidades formales" que la policía atribuye a Bugallo y que buscan, por ejemplo, facilitar un empadronamiento o un proceso de arraigo, forman parte del trabajo cotidiano de las ONG. El Movemento pola Base criticó, en un comunicado, la "indiferencia" de CIG en este caso. El sindicato sólo afirmó que la denuncia "no va en contra" de la central.

Fuente: www.elpais.com

Rubí
Buenos Aires-Argentina

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Detida Laura Bugallo

Mensagempor anavilat » sexta, 29 mai 2009, 13:12

O meu entender, creo que como Asociación con grande maioría de emigrantes e emigrados na nosa Comunidade Virtual, deberíamos darlle o noso apoio.
Que opinades?
Un saúdo.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Detida Laura Bugallo

Mensagempor rubi » sexta, 29 mai 2009, 13:32

Desgraciadamente es bastante habitual que las personas que luchan por los derechos humanos, sean perseguidas, encarceladas, torturadas, para tratar de acallar sus voces, que reclaman justicia e igualdad.
Es por eso que desde mi país, que conoce con creces esas experiencias nefastas, apoyo a la sindicalista Laura Bugallo, y me sumo al pedido de Anavilat, para que todos los miembros de nuestra Asociación, que siempre ha luchado por defender los derechos de los emigrantes y emigrados, nos aunemos para denunciar semejante injusticia.
Aunque ya Laura Bugallo ha sido liberada, de todos modos debemos manifestar nuestro repudio, porque ayer fue ella y mañana será cualquier otro que intente defender nuestros derechos.

Un saludo

Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Detida Laura Bugallo

Mensagempor cachafeiro » sexta, 29 mai 2009, 19:34

O SINDICATO PIDE O ARQUIVO DO CASO

CIG e Policía contradinse na detención de Bugallo

Europa Press . O sindicato defende que a súa responsábel de Inmigración en Santiago está libre sen 'ningunha acusación', mentres a Policía Nacional insiste en que a causa por 'favorecer a emigración ilegal' está aberta.

29.05.2009

Concetración a prol de Laura Bugallo

A CIG reclamou hoxe o arquivo "inmediato" das dilixencias abertas á a sindicalista Laura Bugallo, que foi detida o martes polos supostos delitos de falsidade documental e favorecemento da inmigración ilegal, e resaltou o "importante labor e integridade" desta persoa no seu traballo no sindicato e nos diferentes movementos asociativos nos que participa.

Liberada sen ningunha acusación

En rolda de prensa, a secretaria confederal de Servizos e Afiliación e responsable de Migración, Elvira Patiño, e o secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, recalcaron que Laura Bugallo se atopa en liberdade e "sobre ela non pesa ningunha acusación, segundo o auto ditado polo xuíz".

"Non aceptamos como levou a cabo a detención da compañeira", sinalou Patiño. "É unha técnica do departamento de migración á que baixo acusacións xenéricas se retivo durante máis de 48 horas, sen que existise acusación real contra ela e que, ademais, estivo incomunicada", denunciaron.

Defensa da axuda aos inmigrantes

Por iso, os sindicalistas indicaron que non entenden "este exceso de celo". "Parécenos unha medida esaxerada e, ademais, en contra dunha compañeira que leva moitos anos con temas de migración, que está presente noutras moitas loitas, que é totalmente íntegra", defenderon.

Respecto da súa acusación de suposta falsidade documental, Elvira Patiño reafirmou a defensa da actividade do departamento de migración da CIG "que leva funcionando anos e con actuacións exquisitas". Así, aclarou que o "único papel" deste servizos "é o asesoramento e acompañamento de inmigrantes e a resolución de recursos ou denuncias por parte da Asesoría Xurídica da central".

"A CIG, no departamento de migración, non pode certificar ningún tipo de documentación, excepto a alta de afiliación", ratificou e engadiu que as restantes certificacións son achegadas por concellos, asociacións, empresas ou a propia Policía. "Non é función nin da compañeira Laura nin da central vixiar ou controlar se nos expedientes hai documentos que poidan ser erróneos, esa é función da administración", sentenciou.

Versión da Policía Nacional

Pola súa banda, a Comisaría da Policía Nacional de Santiago explicou hoxe, nunha nota de prensa, que foron detidas catro persoas, tres de nacionalidade estranxeira e unha española ?Laura Bugallo?, por supostos delitos de falsidade documental e favorecer a inmigración ilegal.

Os investigacións inícianse por mor de que a Subdelegación do Goberno da Coruña pon en coñecemento da Policía de que se detectou que varios cidadáns estranxeiros, con domicilio na demarcación territorial da Comisaría de Santiago, achegaran ás súas solicitudes de autorizacións de residencia diversa documentación "aparentemente alterada e posibelmente falsificada".

Así, a Policía constatou a falsidade de "multitude" de documentos, por exemplo, certificados de empadroamento, analíticas emitidas por centros médicos, billetes de tren, certificados bancarios de aperturas de contas correntes, contratos de arrendamentos de vivendas, etiquetas de citacións para consultas médicas e diplomas, entre outros.

Como consecuencia desta investigación foron detidas catro persoas, tres de nacionalidade estranxeira e unha española. Entre os arrestados atópase A.J.V., nacional de Colombia e residente en Milladoiro-Ames, e J.P.D.S., nacional do Uruguai e residente en Santiago. A estes dous impútaselles un suposto delito de falsidade documental e inicióuselles un procedemento sancionador de expulsión do territorio nacional.

Tamén foi detido D.N.E.M., nacional do Uruguai e residente en Milladoiro-Ames; e Laura Bugallo, de nacionalidade española e residente en Bertamiráns-Ames. A estes dous impútaselles presuntos delitos de falsidade documental e favorecer a inmigración ilegal.

A Policía resaltou que L.B. desempeña o traballo de coordinadora da Central Intersindical Galega en Santiago, que é a que acompañaba os cidadáns estranxeiros até a Subdelegación do Goberno a presentar as solicitudes das autorizacións de residencia.

Así mesmo, manifestou que se practicou un rexistro na dependencia que a última detida utilizaba na sede da central sindical en Santiago, intervíndose algunha documentación e o computador que utilizaba. Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Santiago, tras o que quedaron en liberdade provisional con cargos.

http://www.anosaterra.org/nova/29278/ci ... allo-.html

Alejandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Detida Laura Bugallo

Mensagempor casdeiro » sexta, 29 mai 2009, 19:48

Máis reaccións:

A detencion da traballadora da CIG por axudar a traballadores imigrantes pon o desnudo a verdadeira cara da politica do Goberno de ZP, que mentras fala de defender aos traballadores e traballadoras, admite a represion contra aqueles que só prantexanse a defensa dos direitos dos sectores más explotados e indefensos da clase traballadora, os inmigrantes.

Son estes traballadores e traballadoras os que póla súa indefension, mais sufren os ataques da patronal, rebaixando a xornada laboral, os salários, côa intencion manifesta de buscar a division da clase traballadora, que a debilite fronte as políticas pro patronais.

A política do goberno vai à liña da defendida por Sarkozy e o conxunto da Union Europea, com Berlusconi á cabeza, unha liña de maior represion, non só contra os próprios traballadores e traballadoras imigrantes, senon tamen contra todos aqueles que solidariamente lles axuda a consequir os papéis que lles permita traballar e viver aqui.

Son leis como a de extranxeria, que esta sufrindo sucesivos recortes, ás que pón na obriga de facer todo o necesario para consequir o que é de xustiza: os papéis para todos e todas.

A candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, solidarizase côa traballadora e exixe o sobreseimento da causa que, ainda estando em libertade, mantense contra ela, alen da derogacion de represiva Lei de Extranxeria, e chamamos a todas as organizacions sindicais, sociais e democráticas, a expresar a súa solidariedade.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Detida Laura Bugallo

Mensagempor casdeiro » sexta, 29 mai 2009, 19:51

E aínda máis:

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte comunicado en relación coa detención da nosa compañeira Laura Bugallo (responsable da Oficina de Inmigración da CIG en Santiago):

1.- Amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar a nosa plena seguridade de que os posibles delictos que se lle imputen non teñen nada que ver co aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten axudado moito a moitas persoas inmigrantes e sabémolo ben todos os integrantes deste Foro.

2.- Manifestar que a propia lexislación de estranxeiría obriga, para poder axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade, a que as persoas e entidades que traballamos con este colectivo teñamos tamén ás veces que realizar pequenas irregularidades formais. Forma parte case do noso traballo e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades.

3.- Son actuacións estas que van da liña, que temos denunciado xa neste Foro, de criminalización da poboación inmigrante, transladando a persecución ás persoas e entidades que traballamos con ese colectivo. Axudas a Inmigrantes é fundamentalmente o delicto que se lle imputa a nosa compañeira Laura Bugallo, encuberto na forma de ?falsificación documental ou axuda á inmigración irregular?. Ademáis sorprende que a nosa compañeira tivera que pasar detida case 48 horas na comisaria antes de pasar a disposición xudicial esta mesma mañá . Insistimos para rematar: NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO!

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas ?ACUMIC?, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación de Peruanos en Galicia.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Detida Laura Bugallo

Mensagempor cachafeiro » sexta, 29 mai 2009, 20:07

Cuando los nazis vinieron a buscar a los comunistas,
guardé silencio,
porque yo no era comunista,

"Cuando encarcelaron a los socialdemócratas,
guardé silencio,
porque yo no era socialdemócrata,
Cuando vinieron a buscar a los sindicalistas,
no protesté,
porque yo no era sindicalista,
Cuando vinieron a buscar a los judíos,
no protesté,
porque yo no era judío,
Cuando vinieron a buscarme,
no había nadie más que pudiera protestar.

Martín Niemöller

Do que trata o sermón de Martín Niemoller, é acerca das consecuencias de non resistir as tiranías nos primeiros intentos do seu establecemento.
De non calar, de desviarnos as miradas, de non dar as costas.
Hoxe todos debemos estar con Laura Bugallo. Mañá podemos ser ela.

Alexandra Cachafeiro Camiña

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Detida Laura Bugallo

Mensagempor fridamarga » sexta, 29 mai 2009, 22:07

Penso que a nossa Associação deve juntar-se aos colectivos que já expressaram SOLIDARIEDADE A LAURA BUGALLO !
++++++++++++++++++++++++++
Margarida Santos ++ Lisboa ++ Portugal
++++++++++++++++++++++++++


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes