Destrutiva proposta do BNG sobre o voto "emigrante"

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
edreira
Mensagens: 106
Registado: domingo, 30 jun 2002, 23:00

Destrutiva proposta do BNG sobre o voto "emigrante"

Mensagempor edreira » domingo, 25 nov 2007, 13:09

Artigo de Fernando Pérez-Barreiro, tirado de Vieiros.


Destrutiva proposta do BNG sobre o voto ?emigrante?

12:07 22/11/2007

A Galiza completa non está formada por apegados e emigrados, senon que é unha realidade diaspórica, como a de Irlanda ou a do povo xudeu. Ten esa sorte, que non todos os países teñen. Ten unha riqueza material e espiritual moi importante, que non se debe desaproveitar. Vivimos, cada vez máis, nun mundo de diásporas, e a diáspora galega pode ser un modelo, se sabemos aprezala e artellala ben. Non é cousa dun pasado que haxa que liquidar, senón dun futuro que hai que construir. Por iso preocupa moito que un partido nacionalista, con parcela de poder no goberno galego, propoña unha amputación da Galiza.

Os fillos ou netos de quen emigrou non son ?emigrantes?. Son galegos da diáspora. A emigración, con toda a súa historia, as súas traxedias e as súas glorias, é a causa. A diáspora é o presente e prometedor resultado desa causa.

É asustador o trasfondo psicolóxico-social de actitudes excluintes como a desta proposta de reforma. Infelizmente, no nacionalismo galego hai grandes doses de españolismo inconsciente, e hai grandes eivas patriarcais que se fomentan a porfía, como se con iso o país se fose salvar en vez de se infantilizar. Unha desas graves eivas patriarcais é o odio ao que marcha da casa materna e a súa expulsión por ?ingrato? e mal fillo. Iso é o que insire a doutrina da piedade filial, que é un dos piares do patriarcalismo e impera na sociedade galega. Os que marchan son malos e os que quedan coa Nai na casa meréceno todo. Que os nacionalistas galegos cultiven esa eiva que tanto dano fai á Galiza demostra o pouco que pensaron nesa nai-patria que invocan, confundindo o benestar da patria cos seus instintos mais obtusos e egoístas. Non se pode facer unha nación sen airear a mente e sen cultivar o sentimento folgado. Pechando a mente e o sentir non se poderá levar á Galiza mais que á frustración e o malogro.

O verdadeiro nacionalismo ten que consistir en querer que a nación se desenvolva e adiante en todo, sen que ningunha das súas posibilidades quede frustrada. Pero tamén invocaron sempre o nacionalismo os que buscaron a gloria deles e non a do país, e tamén é sempre posíbel e até probábel que en nome dos nacionalismos se defendan e fomenten mentalidades atrasadas, actuacións obtusas e torpes atavismos. Cómpre non esquecer que nacionalistas foron os que puxeron os seus países na dianteira do mundo ao longo da historia, pero tamén se chamaron nacionalistas Hitler, Francisco Franco e moitos outros polo estilo.

Impulsos irracionais

O intelixente sería estar dispostos a aproveitar o que poden aportar os galegos que viven fóra. O outro, seguir desprezándoos e pechándolles as portas como se fixo sempre, e facelo en nome da Galiza, é unha vergoña e non pode levar mais que ao desbarate. O nacionalismo galego ten que reflexionar moi en serio sobre ese asunto e non deixarse levar por impulsos irracionais e sentimentos escuros e incivilizados.

É lamentabel que a proposta do BNG sexa mais politiqueira que política. Polas razóns que sexa, semella que se teme que o voto da diáspora favoreza a partidos que non están hoxe no poder. Haberá que convencer a ese eleitorado de que se vai actuar mellor que os outros. O que non se pode facer é coutar os direitos que lle corresponden, aproveitando que son máis vulnerábeis. Por ese camiño de eliminación négase a democracia. Apresentar como lóxicas propostas encamiñadas a eliminar aos que podan ser un obstáculo para obter o poder que se cobiza é perigosa politicaría.

Excluir aos votantes diaspóricos das eleccións municipais e das autonómicas é precisamente cortarlles o direito de expresarse no que é máis esencial da sua galeguidade. Acentúase así a sua condición de ?españois? e elimínase a de ?galegos?. Sorprendente proposta para ser feita por un partido nacionalista.

O argumento de que só voten os que ?teñen intereses no país?, amais de ser un criterio imposíbel de aplicar na práctica, semella un retorno ao sufraxio censitario, como o que predicaba o moderantismo do século XIX: que voten só os que teñen un certo nivel de ingresos, os ?contribuintes? por riba dun certo nivel. Que non votaran os pobres, que non votaran as mulleres?O sufraxio universal conseguiuse loitando contra esas ideas, e velaí que agora imos para atrás con esta proposta.

Vínculos reais co país

E non hai que esquecer que hai moitos diaspóricos contribuintes aos orzamentos municipais, porque teñen propiedades e intereses na Galiza. E podería haber máis, e a política autonómica debería contribuir a que os houbese.

Se quen vive na diáspora é galego, nada máis antidemocrático que limitarlle o voto a que ten direito en virtude do sufraxio universal. Que ese voto sexa incómodo para o poder non é argumento válido en democracia.

Na proposta do BNG non vai abondar un exame cativo para demostrar ?vínculos reais co país?, como propón o señor Jorquera. Vailles facer falta convocar "oposicións a votante"...

Chama a atención como perduran algunhas ideas no galeguismo. Unha das compoñentes históricas do BNG, que é a UPG, foi xurdindo en oposición aos prantexamentos do chamado ?piñeirismo?. Resulta agora que nesa estreita visión da diáspora ven coincidir con Ramón Piñeiro. Os enfrentamentos de Piñeiro coa rama ultramarina do galeguismo respondían á táctica de concentración do poder de manobra na persoa do líder neogaleguista. Conseguir esa concentración foi un trunfo para Piñeiro, pero rompeu coa idea diaspórica e universalista da Galiza. É unha lástima que perduren actitudes tan destrutivas.

Apresentar o ?voto en urna? como gran avance, esencial para a limpeza do proxecto, é elevar o incidental a sustancial. ¿Ou xa se esqueceu que o ?pucheirazo? facíase coas urnas?

A obsesión cos ?emigrantes? das Américas parece que lle fixo esquecer ao BNG que hai moitos galegos por todo o mundo que, igual que eles, teñen nacionalidade española porque nunca a mudaron e a queren conservar. Eses galegos quedarían sen direito a voto na Galiza e desplazados dela, nunha operación de ?limpeza?. Hai que ter a mente e o sentir moi pechados para non saber ou non admitir que se pode andar polo mundo sen mudar de nacionalidade, é dicer, como estranxeiros. ¿Tan imposíbel será de entender que non é preciso viver pegado ao sitio no que un naceu, e que mais ben é aconsellábel facer o máis que se poda por abrir a mente e o sentir? Pechar Galiza non pode ser unha tarefa nacionalista.



Fernando Pérez-Barreiro.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Destrutiva proposta do BNG sobre o voto "emigrante"

Mensagempor casdeiro » domingo, 25 nov 2007, 18:01

Grazas, presi. Moi pertinente a reprodución deste artigo.

edreira Escribeu:
A Galiza (...) é unha realidade diaspórica, como a de Irlanda ou a do povo xudeu. Ten esa sorte, que non todos os países teñen. (...) Por iso preocupa moito que un partido nacionalista, con parcela de poder no goberno galego, propoña unha amputación da Galiza.

Realmente contundente. É unha mágoa que este partido que aí atrás nos dixera compartir a nosa visión (equivócome, presidente?), agora non saiba o que anda a facer e vaia mudando de opinións cada 4 días, nunha deriva incomprensible e traidora. :(

Doe na alma que séculos despois de padecermes a doma e castración do país, por parte dos que viñan de fóra, agora nos veña a automutilación de Galiza, por parte dun brazo noso que ergue a machada para amputar o outro!!!

A vive!

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Destrutiva proposta do BNG sobre o voto "emigrante"

Mensagempor casdeiro » domingo, 25 nov 2007, 18:14

Quero facer outra selección de frses deste estupendo artigo de Fernando Pérez-Barreiro, onde para min só sobra esa estridente mencióna Hitler e Franco, que menoscaba a crítica ben fundada que fai no resto do seu texto.

edreira Escribeu:(...)

Os fillos ou netos de quen emigrou non son ?emigrantes?. Son galegos da diáspora. A emigración, con toda a súa historia, as súas traxedias e as súas glorias, é a causa. A diáspora é o presente e prometedor resultado desa causa.

(...) Infelizmente, no nacionalismo galego hai grandes doses de españolismo inconsciente, (...)

O verdadeiro nacionalismo ten que consistir en querer que a nación se desenvolva e adiante en todo, sen que ningunha das súas posibilidades quede frustrada. (...)

O intelixente sería estar dispostos a aproveitar o que poden aportar os galegos que viven fóra. (...)

(...) O que non se pode facer é coutar os direitos que lle corresponden, aproveitando que son máis vulnerábeis. Por ese camiño de eliminación négase a democracia. Apresentar como lóxicas propostas encamiñadas a eliminar aos que podan ser un obstáculo para obter o poder que se cobiza é perigosa politicaría.

Excluir aos votantes diaspóricos das eleccións municipais e das autonómicas é precisamente cortarlles o direito de expresarse no que é máis esencial da sua galeguidade. Acentúase así a sua condición de ?españois? e elimínase a de ?galegos?. Sorprendente proposta para ser feita por un partido nacionalista.

O argumento de que só voten os que ?teñen intereses no país?, amais de ser un criterio imposíbel de aplicar na práctica, semella un retorno ao sufraxio censitario, como o que predicaba o moderantismo do século XIX: que voten só os que teñen un certo nivel de ingresos, os ?contribuintes? por riba dun certo nivel. Que non votaran os pobres, que non votaran as mulleres?O sufraxio universal conseguiuse loitando contra esas ideas, e velaí que agora imos para atrás con esta proposta.

(...)

Se quen vive na diáspora é galego, nada máis antidemocrático que limitarlle o voto a que ten direito en virtude do sufraxio universal. Que ese voto sexa incómodo para o poder non é argumento válido en democracia.

Na proposta do BNG non vai abondar un exame cativo para demostrar ?vínculos reais co país?, como propón o señor Jorquera. Vailles facer falta convocar "oposicións a votante"...

(...) Pechar Galiza non pode ser unha tarefa nacionalista.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Destrutiva proposta do BNG sobre o voto "emigrante"

Mensagempor xestor » quarta, 28 nov 2007, 10:20

Tirado de GzNación:

O BNG forza un debate sobre o voto emigrante no Senado
Francisco Jorquera defenderá hoxe unha enmenda á Lei da Memoria para que os netos dos emigrantes só poidan votar no Estado Español
[GZnación / Redacción / 28 Nov 07]

O senador do BNG, Francisco Jorquera, defenderá hoxe na Comisión Constitucional do Senado unha emenda á Lei da Memoria Histórica para que os netos dos emigrantes só poidan exercer o dereito a voto no Estado Español unha vez que se modifique a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

A lei aprobada en primeira volta no Congreso estende a cidadanía e o dereito a voto a todos os netos descendentes de españois sen regular as condicións do dereito ao sufraxio o que, en opinión de Francisco Jorquera, ?provocaría distorsións no sistema eleitoral?.

A emenda que defenderá o nacionalista é unha modificación da Disposición Final segunda, relativa á entrada en vigor da lei. O segundo apartado da lei, que articula o voto emigrante, non se votará no Senado até a aprobación en xuño da lei electoral.


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante